miércoles, 8 de septiembre de 2021

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXXI) "Mar e vento", de Manel Monteagudo


 


MANEL MONTEAGUDO  (Outes-Noia, A Coruña, 1957)

 

 

A NEPTUNO

 

Cultivo unhas ondas verdes

no profundo do mar

Manel Monteagudo
para invitar a Neptuno

dos amores falar

que teño ganas de ouvir

cando comeza a narrar

historias de sereas

que lograron namorar

os bravos mariñeiros

que as quixeron bicar

 

 

 

QUIXO SER…

 

Quixo ser paxaro,

pero faltoulle o ceo.

Quixo ser árbore,

pero faltoulle o chan.

Quixo ser mar,

pero faltoulle o sal.

Quixo ser poema,

pero faltoulle o xograr.

E facendo contas,

todo o que puido ser

foi un proxecto sen acabar.

 

 

 

LÚA

 

 

Lúa es quen garda os soños

O autor nunha lectura de poemas
nun cárcere de estrelas,

onde a espertar as súas pisadas

os días quedan pequenos.

Es doncela sen donos,

mais raíña es á súa vez,

e antes de contar até dez

a noite chama á túa porta,

pois coa túa ausencia

está morta. Sen a túa maxia

non hai poder.

 

 

 (Do libro Mar e vento, editado pola Editorial Galaxia, 2021)