Non pode ser máis
interesante a colección Moraima que a Editorial Elvira, no
seu selo Edicións Luscofusco, está a recuperar poemas inéditos do
gran Celso Emilio Ferreiro.
Despois do volumen co que
iniciaba a devandita colección, Pido unha patria ao mundo, acaba
de saír no prelo o segundo (haberá outros) título: Poemáforos.
Poemáforos é
poesía ao xeito de pensamentos aforísticos cunha temática variada e recorrente
na poesía de Celso Emilio: Galicia, emigración, os intelectuais do seu tempo, o
poder, o desterro, a cultura, o amor, a amizade etc.
Aforismos que se sitúan do
lado incorrecto, politicamente falando, no seu tempo e no tempo de hoxe.
Son aforismos con toda a intención política e ideolóxica
posible.
Cheos de belixerancia,
moitos anos esquecidos, son unha mostra evidente do compromiso que cos seres
humanos tivo sempre o poeta celanovés.
![]() |
| Manuscrito de dous poemáforos contidos no libro. |
Son un canto á liberdade.
Son unha ocasión perfecta para sentir o seu pensamento moi dentro do lector ou
lectora.
Son, en definitiva, o
reflexo dunha respiración viva que sinala, que acariña e que remove
conciencias.
Leamos algúns deles:
O
INDIFERENTISMO DA POESÍA
O
indiferentismo da poesía
esteticista,
non ten outro fin
que
o de esmorecer a conciencia
ética;
é dicir, a preocupación política.
OS
CONFORMISTAS
Explicarlle
a realidá real
a
certa xente é tan inútil
como
botar auga nun cesto.
PAUL
ELUARD DICE
Paul
Eluard dice
que
o país era máis importante
que
a poesía.
Estou
dacordo,
pro
o home non vive somente
das
cousas importantes.
A
POESÍA COMPROMETIDA
A
poesía comprometida debe
fundamentarse
neste principio:
A
palabra como liberación.


