miércoles, 30 de diciembre de 2020

VERSOS E ALOUMIÑOS DESÉXAVOS UN FELIZ 2021 CON POESÍA

 



Chegados a finais do mes de Nadal deste ano que en tantos sentidos ten sido tan duro, cheo de dor, enfermidade, confinamentos e unha realidade que nos desgusta e que agardamos que cambie o máis axiña posible, o noso blog-revista quere desexar a todos os lectores e lectoras un Feliz Aninovo. E faino do único xeito que sabe: con este vídeo (subtitulado en castelán e inglés) no que Antonio García Teijeiro recita "O vello poeta e a neta", extraído do libro Contos e poemas para un mes calquera, escrito en colaboración con Jordi Sierra i Fabra. Con estes versos inspirados pola súa andoriña, Antonio e todas a persoas que facemos posible o blog queremos desexarvos (e desexarnos) que o Aninovo, desta volta máis ca nunca, chegue cargado de boas novas, de versos e de literatura. FELIZ 2021!