domingo, 20 de abril de 2014

PACO IBÁÑEZ CANTA EN FUENLABRADA. UN CONCERTO EMOCIONANTE.



    Foi en Fuenlabrada. Non quixo cantar en Madrid. Paco Ibáñez non canta en ningunha cidade onde goberne o PP. A dignidade levada, coma nel é habitual, ata o límite. Paco Ibáñez é único. Unha persoa irrepetible.
      
       Tiña que estrear en directo o seu marabilloso “Paco Ibáñez canta a los poetas latinoamericanos” na Comunidade de Madrid. Así que escolleu Fuenlabrada.
      
       E ata alá fomos. Estivemos dous días en Ugena, na casa de Lurdes e Juan Carlos. Que momentos tan entrañables os que alí pasamos! O seu agarimo e a súa hospitalidade teñen a cor do mar, a suavidade da seda e a beleza do arco da vella.

              O concerto celebrouse o sábado 12 de abril no Teatro “Tomás y Valiente” de Fuenlabrada, completamente cheo. Esgotáronse as localidades. Para que logo digan que Paco non enche. Interesa e moito, malia que os xornais silencian os seus concertos, as súas xiras. Aínda existe moita xente que o adora, que  lle fala, que lle di o que significa para eles. E el, amable, ten palabras para todos, posa con quen llo pide, dedica discos, pese ao cansazo dunha actuación de máis de dúas horas. E a piques de cumprir os oitenta anos! Un fenómeno!
a
Entradas esgotadas
      
       Este concerto tivo algo especial para min. Sei que canta Que ocorre na terra? en cada concerto que dá. E Fuenlabrada non foi a excepción.Xa forma parte do seu repertorio, un feito que me fai sentir moi fachendoso e que debería ser tido en conta polos galegos en xeral. Despois, na cea, seguiu coa teima de que lle gustaría facer un disco na nosa lingua. Lembreille a fermosa canción “Chove que cantou algunha vez en público (e a min en privado) sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro. E Paco comentoume que lle deu moita pena que non a puidese chegar a escoitar Moraima, a quen lle presentei nunha estadía do trobador en Vigo.
Paco Ibáñez cantando "Que ocorre na terra?"
       
        Dicía que houbo algo especial neste concerto que me sorprendeu e, sobre todo, me emocionou. Ao remate do mesmo, Paco convidounos a subir ao escenario a Elisa Serna, Fanny Rubio (autora do poema “El rey Almutamid” do que fixo unha canción moi belida) e a min. E alí, xunto cos seus músicos, no escenario, cantamos con el “Andaluces de Jaén” e “A galopar”, co público posto en pé, cantando entusiasmado e aplaudindo con calor. Algo inesquecible. Algo para que permaneza para sempre no meu corazón. Un momento indescritible, máxico, ateigado de sensacións emotivas que non se poden expresar con palabras.
      
Momento no que Paco Ibáñez presenta a Fanny Rubio e mais a Antonio G.Teijeiro.
        
       Magníficos os músicos que o acompañaron no concerto.
       César Stroscio, bandoneón. Un auténtico mestre.
       Mario Mas. Que maneira de tocar a guitarra!
       Gorka Benítez co saxo tenor e Horacio Fumero co contrabaixo fixeron as delicias do público.
      
Antonio con César Stroscio, un mestrte do bandoneón.
       En definitiva, un espectáculo que quedará para sempre gravado no máis profundo de min.

    Esta é a letra do poema “El rey Almutamid” de Fanny Rubio e o vídeo de Paco Ibáñez cantando tan fermosa canción nun concerto de 2008.



Soñaba en su lecho el rey
soñaba de madrugada
que entre las ondas del río
buscaba manzanas blancas.

Noche de miedo en Sevilla
O rei Almutamid
víspera de la batalla.

Y el rey Almutamid
en el sueño contemplaba
la dulce fruta de nieve
que en los espejos temblaba.

Noche de miedo en Sevilla
víspera de la batalla.               

En Sevilla, Almutamid
abrió los ojos al alba
cuando el sol enrojecía
en la ventana más alta.
Y ni amanecer halló
ni arrayán bajo la almohada
ni del agua el dulce nido
donde vio manzanas blancas.

Noche de miedo en Sevilla
víspera de la batalla.


Remate do concerto.


                                                                                       Antonio García Teijeiro