martes, 20 de octubre de 2020

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXV) " Porque te quero", de Baldo Ramos

 




                                        BALDO RAMOS  ( Celanova, 1971)

   

 

 

ALTRUÍSMO

 

 

Hai palabras gratis

como ola.

 

Palabras que non costan nada

Baldo Ramos (Foto de Santos Díez)

como quererte.

 

Palabras que valen pouco

como mañá.

 

Palabras que saben a menta

como silencio.

 

Palabras que nunca dormen

como soñar.

 

Hai palabras que sempre volven

como eco.

 

 E palabras que nunca reclaman

como dar.

 

 

 

 

VIDA DE ACUARELA

 

 

O arco da vella

é unha piruleta de cores.

 

Amorodo os teus labios,

amarelo o teu pelo,

azul os teus ollos,

violeta o corazón.

 

O verde resérvoo

como a única excusa que teño

para estar sempre xuntos.

 

O arco da vella está feito

con todas as bágoas dos nenos

que nunca choran.

 

Amorodo o teu segredo,

amarela a miña voz,

azul o camiño de volta,

violeta a incomprensión.

 

Gardo o verde para pintar a chuvia

que dilúe o azucre do noso amor.

 

 

 

 

RENUNCIA

 

 

Vistes nalgunha ocasión

unha flor con sombreiro?

Presentación en Vigo. Febreiro, 2020

 

Quen non a teña visto

que non desespere.

 

As metáforas non sempre medran

nos invernadoiros.

 

Escribir unha flor

como quen esquece un segredo.

 

Levantar o sombreiro

como quen saúda

un saltón.

 

Se me dás a man

levareite moi lonxe.

 

Se non queres vir

ficarei contigo.

 

 

 

 

PRIMEIRO  POEMA DE ALDARA

 

 

Ollos de escuridade.

 

Mocos tristes de rato vello.

 

Abrazos de pólas verdes.

 

Un suspiro redondo coma o sol.

 

Polbo de mar doce.

 

O cariño do rinoceronte.

 



(Do libro Porque te quero, editado por Ed. Galaxia, 2019)





viernes, 16 de octubre de 2020

ESCAPARATE POÉTICO (CXXV) Rosalía Fernández Rial




                       ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL (A Costa da Morte, 1988)

 

 

 


CANDO A CULPA É DE TODOS

 


Cando a culpa é de todos,

a enerxía conxunta

cambia de bando.

A inercia do seu xiro

érguenos,

víranos o sentido do corpo

e deixa por ronsel

unha coreografía.

Todas as persoas

depositamos

o significante da pedra

Rosalía Fernández Rial

na mesma matriz.

Aprende

 a andar a danza                                                                                                      

nos nosos gateos,                                                                            

balbucen música                                                          

e escultura                                                                                                  

no milladoiro

erixido por nós.

Parimos entón.

Só os símbolos

da arte

outorgan

significado

á especie que somos.

Nace a evolución.

 

 

 





Eu, sen embargo, son libre,

libre coma os paxaros,

que me aniñan nos pés,

aves migratorias

fundandoen cada pegada,

un pequeño país.

Sobre o teclado acuático

da superficie

compoñemos

sinfonías

de auga e vendaval:

deixamos por estela


o arquipélago

da nosa partitura,

para que o seu voo

escriba sobre o baleio

o son da palabra Mar.

 

 

 


NINGÚN DESTINO…

 


NINGÚN destino xa trazado

conduce a un outro lugar;

non hai Mecas

alternativas, espontáneas, diferentes:

Ningures é o único lugar onde nacer muller. Mais…

Ningún mapa deixou de existir

cando a travesía concluíu.

Ningunha partitura desapareceu

ao rematar a canción.

Ningún silencio borrou

inxurias antes pronunciadas.

Ningún lector coñece, sequera, a metáfora final.

Ningunha poeta sobrevive

a que cale o derradeiro verso.



(Do libro Árbores no deserto, editado pola Ed. Galaxia, 2020)

 

 

 

 

 

martes, 13 de octubre de 2020

"REFLEXIONES DE BEBÉS ANÓNIMOS", UN LIBRO QUE DEMUESTRA EL INGENIO Y LA SABIDURÍA DE PACO ABRIL


                                                                                                 Paco Abril


Sobre  Reflexiones de bebés anónimos, de Paco Abril

 

 

Sé de Paco Abril desde hace ya muchos años. Siempre lo he admirado por su manera tan personal de ver el mundo y la literatura. Paco es un hombre exigente con lo que le rodea, con lo que se hace, con lo que se dice, pero también con lo que, pese a su sabiduría, crea y reflexiona él.

 

     Tengo en mis manos este libro tan necesario como hermoso.

 

     Reflexiones de bebés anónimos – que así se llama – es un delicioso conjunto de piezas literarias, de joyas de ficción que te conmueven y sorprenden desde el principio.

 


     Hace algún tiempo recibía en mi correo electrónico estos relatos que se publicaban en prensa. Paco me los enviaba puntualmente y yo gozaba lo indecible con cada uno de ellos. Cuando leía el cuento que me mandaba, ya estaba deseando leer el siguiente y cruzaba los dedos para que no se olvidara de regalarme el que iba a escribir a continuación..

Paco no se olvidó jamás para mi satisfacción de leer y de gozar de unas lecturas originales, imaginativas, todas ellas llenas de amor a eses seres humanos, pequeños que no idiotas; niños y niñas pero no pequeños adultos; personas en formación cansadas de no tener derechos como tales.

 

     Sentí, desde el primer momento, que me encontraba en el mismo mundo que esos bebés de entre un año y casi tres respiraban. Su manera de hablar me pareció tan cercana, que llegué a sentir el efecto de lo inmediato y de lo cotidiano.

 

En estas piezas maravillosas se hace patente la enorme experiencia de Paco Abril en su faceta de ensayista, de contador de cuentos, de poeta, de persona abierta a una realidad que no le gustaba demasiado.

 

     A través de la ficción, pone el dedo en la llaga para que los adultos seamos conscientes de que hay que tratar, de mirar, de dirigirnos a ellos de una manera diferente a como lo hacemos en general. Dejar de infantilizarlos, de sobreprotegerlos, de robarles ciertos sueños con un afán – equivocado – de pensar más de la cuenta por ellos por su propio bien. Y que tengamos presentes, también, que la mirada de un niño aporta, muchas veces, mucha claridad en el día a día.

 

     Ahora sigo teniendo Reflexiones de bebés anónimos en mis manos. Vuelvo a leer, ya como libro, estas piezas literarias y, sin duda, me encuentro más a gusto en el mundo. Lo comprendo mejor porque oigo a estos bebés y siento que los escucho. Que aprendo a saber escuchar (algo que no es fácil). Hasta me siento menos vulnerable como ser humano. Y capaz, además, de hacerlos más visibles que nunca y lo dice una persona que los ha hecho visibles una y otra vez a través de la docencia y de mi obra literaria.

 

     Y ya termino.

 

     Gracias, Paco, por este libro, por tus lecturas, por tu creatividad infinita, por todo lo que llevas hecho a lo largo de tu vida para que la infancia tenga  siempre una presencia importante en sí misma, en una sociedad que la ha minusvalorado con demasiada frecuencia.

 

    Y te dejo mi cariño perpetuo,mientras leo a Laura que, con sus 19 meses, constata a diario que los adultos somos muy difíciles de entender.

 

     A ver si consigo ayudarla en su esfuerzo por descifrar nuestros extraños comportamientos.

 

 


                                                                                    Antonio García Teijeiro

 (Son estas unas palabras escritas para la presentación del libro en Gijón a finales del año pasado)


jueves, 8 de octubre de 2020

DARDO POÉTICO (LXVII) LOUISE GLÜCK OBTÉN O PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2020

 




Acaban de concederlle o  Premio Nobel de Literatura, “pola súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual”, sinala o xurado da institución que outorga o galardón. Falo de Louise Glück e alégrome. Descubrín a poeta estadounidense alá polo ano 2006. Pre-Textos publicaba o seu poemario El iris salvaje, traducido polo escritor Eduardo Chirinos. Folleeino na libraría e veu comigo para a casa.

     

Louise Glück

     Axiña fiquei deslumbrado pola beleza dos seus versos e pola creación dun universo particular que rabuña no lector ata facelo cómplice da súa fatalidade. Era o primeiro poemario que se publicaba de Louise Glück en España. Unha marabilla. Lembro que dous anos máis tarde me rendín a outro libro, tamén publicado por Pre-Textos: Ararat.

     


     Isto dicía a nosa poeta no seu libro de ensaios sobre a poesía: “Os poemas non perduran coma obxectos, senón coma presenzas. Cando les algo que paga a pena lembrarse, ceibas ao mundo un espírito compañeiro. Eu leo poemas para escoitar esa voz. Escribo para falar a aqueles a quen escoitei”. Síntome, abofé, moi identificado con estas palabras. Pura realidade poética.

     



     Para celebrar este merecidísimo galardón, deixo aquí un poema, chamado Confesión, pertencente a Ararat, para que vos animedes a penetrar no mundo poética de alguén que “ten soños coma calquer pero que aprendeu a agachalos”.


Decir que nada temo

sería faltar a la verdad.

La enfermedad, la humillación,

me atemorizan.

Tengo sueños, como cualquiera.

Pero aprendí a ocultarlos

para protegerme

de la plenitud: la felicidad

atrae a las Furias.

Son hermanas, salvajes,

que no tienen sentimientos,

sólo envidia.

 

                                                                                          (Tradución do inglés de Abraham Gracera)


miércoles, 7 de octubre de 2020

LEMBRANZAS DUN CONFINAMENTO QUE COUTOU MOITAS ILUSIÓNS

 

Antonio G. Teijeiro (Foto de Ricardo Grobas)
                                                                                          

Aínda que unha segunda vaga de contaxios está a producirse, o confinamento vivido a partir do mes de marzo foi moi duro, tanto pola redución de actos e de afectos, coma da incerteza de cando podía rematar.

Antonio García Teijeiro rememora nestas liñas o que para el supuxo eses día de enclaustramento forzoso.


Rúa do Príncipe baleira
Rúa do Príncipe, baleira a finais de marzo.
                                                                            


Foi un tempo doloroso que, na súa proxección, aínda non rematou. Difícil esquecer tanta morte, tanto abandono dos anciáns, tanta hipocrisía, tanta desvergonza por parte da extrema dereita –neste país non hai dereita homologable ao resto de Europa, agás as nacionalistas-, tanto odio sementado na cidadanía por parte dos mesmos, tantos intereses dos de sempre, tanta manipulación por parte dos “grandes medios” de comunicación (cada vez menos grandes e rastreiros) e tanta cegueira dunha parte da poboación, carente de sentido crítico e de cultura ética e política. Non, non imos saír mellores.

Por todo iso, e por moito máis, este confinamento que sufrimos durante case tres meses foi para min un suplicio.  A incerteza do que a COVID-19 significaba, sumiume nun estado de ánimo que non recordaba.

     Custábame concertarme na lectura, pero seguía a ler. Custábame conciliar o sono e daba mil voltas inquieto na cama. Non fun quen de escribir ata case o remate dese confinamento. Notábame irritable e non vin un telexornal en todo este tempo. Con ler os xornais dixitais tiña dabondo.

    

Ludwig Van Beethoven
                                                                                                    

   Nesta situación tan atípica, houbo, ademais da lectura, tres actividades que me axudaron a non volverme máis tolo do que un xa está normalmente:

-         Por unha banda, escoitei moita música. Aproveitei para facer monografías amplas dos grandes músicos, das grandes bandas e dos diversos xéneros que impulsaron o meu gusto pola música. Así gocei de Bob Dylan e dos Beatles, claro, pero tamén de L.Cohen, Neil Young, David Bowie, Patti Smith, Joan Baez,The Rolling Stones, The Who, Jethro Tull, Pink Floyd, Creedence, Led Zeppelin, Kinks, Miles Davis, John Coltrane, Howlin´Wolf, Muddy Waters, Beethoven, Schubert, Bach, Brassens, Brel, Ferré ou os cantautores españois, en especial de Luis Eduardo Aute, tristemente falecido durante este tempo tan negro.

         

Por  outra banda, fíxenme socio dunha interesante plataforma de cine e vin moitas películas de difícil acceso por vías normais. Moito cine europeo descoñecido pero excelente, cine latinoamericano e asiático. Todos os  días, ás seis da tarde, Susi e mais eu, diciamos: “Imos ao cine”.

-         


E  finalmente, o meu compromiso coa poesía fíxose realidade a través de case 115 vídeos lendo os meus versos  para que os e as docentes levasen ao seu alumnado  a palabra poética. Fun consciente do tremendo esforzo do profesorado para levar adiante un labor complicado, cuns medios  exiguos e facendo traballos que eran moi diferentes do que a maioría desexaba nesta situación tan caótica. Outra, vez a administración galega actuaba con ningún sentido que procurase a eficiencia. Pero isto merecería outro artigo. As peticións chovíanme dende moitos puntos. Eu correspondía encantado. Vídeos para mestras e mestres, para bibliotecas, escolas, xornais, diversas ANPAS, editoriais, librarías, asociacións culturais, movementos sociais…Unha fermosa loucura. Mentiría se dixese que supuxo un esforzo tremendo todo isto. Ao contrario, esta actividade deume azos para sobrelevar a situación, para sentirme útil e para verlle un sentido á miña vida nas terribles condicións en que estabamos.

 

Con Martiño
                                                                                                      

Neste tempo tan negro, doéronme moitas cousas a nivel persoal, comezando polo afastamento físico coas persoas. Eu, que son tan afectivo, sentía que me estaban a roubar eses bicos, esas apertas, esas mans cheas de afecto que son unha parte importante da miña existencia. Deixando á parte o dito sobre a oposición tan noxenta coma fonte de crispación, houbo algunhas cousas que me prexudicaron  de xeito evidente. Entre elas, a cancelación da presentación de Presencias marcadas y otras presencias, que se ía presentar no Club Faro en marzo, unha chea de encontros programados en centros de ensino, a viaxe que en setembro ía facer a Cuba para participar nunhas xornadas de LIX con escritores hispanoamericanos. Pero especialmente, as familiares que me tiveron afastado de persoas que quero e, sobre todo, a suspensión da viaxe dende os EE.UU. do meu fillo, da miña nora e da miña neta Libby, que ían estar en Vigo un mes (viaxe a París incluída). Isto é algo moi duro pola distancia que nos separa fisicamente. Agora haberá que agardar un ano (e que non pase nada raro) para poder abrazalos. Tremendo.

Susi con Libby en EE UU o ano pasado


 Por se isto non fose abondo, a morte do meu querido amigo Luis Eduardo Aute, tinguiu máis de negro o panorama nesta pandemia. Foi unha noticia terrible o seu pasamento. Aute non estaba ben, pero tampouco para que se producise o fatal desenlace. Deixou un baleiro ben fondo no meu ánimo e só escoitar as súas cancións me serena.

Luis Eduardo Aute (Foto Público)
                                                                                      

     Remato afirmando que non imos aprender. Virá unha época moi dura, na que a industria cultural vaino pasar mal como non haxa conciencia política. E temo que non a vai haber. Grupos teatrais, músicos, editoras, librarías, promotores de eventos, escritores e escritoras e demais están atravesando unha situación dunha enorme dureza. E un arrubíase perante a actitude de certas institucións, ás que non lles importa a cultura máis que para figurar. Non asumen a riqueza da cultura de verdade, esa que manteñen os e as artistas a base de moito sacrificio e sentíndose abandonadas completamente.

Moi triste realidade nun país, Galicia, dunha gran forza cultural e innovadora, sempre dependendo do voluntarismo da xente.

    

     Receo desta sociedade que se deixa enganar e manipular polos poderosos. Hai unha tremenda falta de educación cívica, de cultura social e democrática. Vivimos nun país, España, que dista moito de ser unha democracia consolidada. O franquismo pervive nas distintas institucións e cada día que pasa crispa máis a convivencia, grazas ao apoio dos votos de tanta xente que fai do acto de votar unha dependencia lamentable de certos partidos, como se fosen equipos de fútbol.

      A min, que tan mal o pasei en moitos intres deste confinamento, ademais das persoas que quero, sempre me quedarán as artes para seguir respirando. Entre a música, a literatura e o cine intentarei seguir sendo eu mesmo.


Policarpo Sanz, a primeiros de abril
                                                                                 

                                                                                                                                                 ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO