miércoles, 10 de agosto de 2016

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LIII) Beatriz Berrocal







                        BEATRIZ  BERROCAL  (Benavente. Zamora, 1962)



          1



Beatriz Berrocal
Se han cansado las perdices
se los cuentos infantiles,
pues acaban todos ellos
con finales tan felices
que la gente lo celebra,
desde el niño hasta la abuela,
echando unas cuantas de ellas
a guisar en la cazuela.

Para que esto se termine
han decidido actuar
cambiando las aventuras
y que acaben siempre mal.

No habrá más celebraciones,
pues nadie estará contento.
Se salvarán las perdices, pero…
¿Qué pasará con los cuentos?



              7


Siete enanitos salen del trabajo
y van andando por el monte abajo.

Van hacia su casa contentos, cantando
porque Blancanieves los está esperando.

Pero una mujer que va disfrazada
le da una manzana que está envenenada.

Cae de pronto al suelo muy asustada
y los enanitos la encuentran desmayada.

Este maleficio solo puede irse
si un apuesto joven viene a despedirse.

Entonces las perdices cambian el letrero,
el príncipe a caballo no encuentra el sendero.

No le da ese beso que la iba a salvar,
Ilustración de Raquel Saiz
se va cabalgando hacia otro lugar.

Los siete enanitos no saben qué pasa.
Dos perdices ríen de camino a casa.

Otra vieja historia se queda sin fiesta
y les da lo mismo si alguien protesta.




                9


Los niños que leen los cuentos
se están quedando asustados:
las historias que sabían
Ilustración de Raquel Saiz
ahora las han cambiado.

¿Qué puede haber ocurrido
con todos los personajes?
¿Será obra de una bruja
que les ha dado un brebaje?

¿O será un encantamiento
obra de un hada malvada?
El caso es que los lectores
no entienden nada de nada.





(Del libro La revolución de las perdices. XIII Premio de Poesía Luna de aire. Ed.SM. 2016. Certamen convocado por el CPLI. Universidad de Castilla-La Mancha)


domingo, 7 de agosto de 2016

A LUZ DAS PALABRAS (59) X. H. Rivadulla Corcón





  Corrían os anos 2008 e 2009 e na Radio Galega había un programa que se chamaba Un día por diante. Neste programa o escritor X.H. Rivadulla Corcón tiña unha colaboración diaria, uns enxeñosos relatos curtos situados en Moraime e xa convertidos nun libro cheo de humor e afectos diversos.
     
     Moraime é unha pequeña vila con mar, tranquila, na que os habitantes soñan coma en ninguna outra vila do planeta. Moraime ten un mercadiño moi peculiar porque nel só se atopan catro productos en exclusiva: viño, flores, peixe e poemas.
     
Non é Moraime, pero podía ser...
     O centro vital da vila é a taberna onde os homes e as mulleres comparten a vida ao tempo que comparten o viño. Moraime ten unha estrutura da vida moi poética. Moraime é unha vila aberta ao mundo.

     Rivadulla Corcón é poeta, dramaturgo e guionista. traballa dirixindo e escribindo programas para a TVG, especializado en documentais.
     
X.H. Rivadulla Corcón
     Rivadulla Corcón fixo varias incursións na LIX galega e ten unha obra consistente en varios eidos da mesma. Cando dirixía o programa radiofónico A Casa do Vagabundo, dedicado ao libro galego, tiven a fortuna de coñecelo persoalmente. Unha persoa íntegra, honesta e chea de inquedanzas.

     A luz das palabras, esa sección tan coidada do noso blog-revista, precisaba da súa voz. Pedinlle que nos permitise publicar un relato de Moraime, pequeña vila con mar, editado en 2015 por Edicións Positivas. Xosé Henrique aceptou xenerosamente. E aquí está para que o poidades ler e desfrutar del.
     Un pracer, amigo, e moitas grazas.
                                   

                                              (Do libro “Moraime, unha vila con mar”. Edicións Positivas. 2015)






AS VISIÓNS DO MARIÑEIRO


                                                                         X. H. RIVADULLA  CORCÓN


Houbo unha vez un mariñeiro que viu un día unha serea pasar a carón da súa gamela no medio do mar. El fíxolle un xesto coa man para saudala e ela acercouse á borda da embarcación e ofreceulle un fermoso sorriso. Tamén viu o mariñeiro un día chorar a lúa, non sabe por que choraba, non llo puido preguntar, outros mariñeiros pensaron que chovía pero el sabía que eran as bágoas da lúa. Viu un día un arroaz vermello que nadaba levando sobre o seu lombo un corvo branco e o corvo levaba un grillón oxidado na pata esquerda, e ás veces o grillón facíalle sangue e tinxía o lombo do arroaz.



Viu un día xurdir do fondo do mar unha muller fermosa de cabelos louros que ofreceu ao mariñeiro a espada Escálibur, pero el rexeitouna, díxolle que só era un mariñeiro e non quería ser outra cousa. Unha noite viu caer unha estrela do ceo, caeu envolta en lume e cando entrou na auga converteuse en cristal e el puido collela co seu trueiro e cando mira a través dela ve o universo enteiro. Viu o mariñeiro, tamén, un hipocampo unicornio, levantouno no aparello e como tiña a mirada moi triste devolveuno ás augas, e o hipocampo unicornio en agradecemento fixo que o cardume de sardiña entrase todo na súa rede. Viu tamén ao vento xogando a facer formas coas nubes, fixo unha balea e tamén un marraxo, e un galeón e unha gamela, e o máis fermoso que fixo foi darlle forma de sorriso a unha das nubes. Coñeceu un gato que era mariñeiro e se chamaba Simbade, e o que máis lle gustaba pescar era xurelos que preparaba á grella.
Todas estas cousas viu o mariñeiro pero a ninguén llas contou, tiña medo de que o tomaran por tolo e o quixesen encerrar para curarlle a súa loucura. El non sabía que hai lugares como a pequena vila con mar de Moraime onde aos mariñeiros que ven esas cousas lles chaman poetas e non os queren curar.

                                      (Do libro “Moraime, unha vila con mar”. Edicións Positivas. 2015)

Sería este o mariñeiro visionario?

jueves, 4 de agosto de 2016

A LUZ DAS PALABRAS (58) María Rosa Serdio




María Rosa Serdio é un encanto de muller.
     Coñecina no seu medio, entre nenos e nenas, entre libros. A súa aula non foi nunca unha aula tradicional. Nela, os seus alumnos desfrutaban da dinámica aberta, rica e chea de creatividade de Rosa.
     Coñecina persoalmente no seu centro, alá en Asturias, e fiquei impresionado. A súa amabilidade, a conexión co alumnado, a intelixencia que amosaba cada vez que facía propostas resultaba admirable. Un luxo.
     
María Rosa Serdio
     María Rosa Serdio xubilouse, pero as mestras coma ela nunca se xubilan.
     María Rosa Serdio é poeta. Sempre entre versos cheos de tenrura e emoción. O seu último libro, Bolso de niebla,  é unha preciosidade. A súa vida, arestora, é a literatura, a poesía. É comunicación. É humanidade. É autenticidade.
     Como todos os que amamos os nenos e nenas e a lírica, Rosa Serdio ama fondamente a Gloria Fuertes.
     Non hai moitos días escribiu unha homenaxe sentida a esa muller que popularizou a poesía infantil e abriu portas que estaban fechadas.
     Por iso e por moito máis, pedinlle que me enviase ese poema-homenaxe a Gloria para publicalo no noso blog-revista.
     Xenerosa, en toda a amplitude da palabra, non dubidou en enviarmo.
     Versos e aloumiños  hónrase en contar coa súa palabra. Unha palabra chea de luz que alumea os espazos das persoas sensibles coma ele.


     Aquí o tedes para saboreala.


Gloria Fuertes



                                                               TARJETA DE CUMPLEAÑOS
                                  
                                                                                                                 
                                                                                                                             Para Gloria Fuertes en la gloria



Ha de ser fácil ser feliz esta tarde pues
el cielo es azul, vuelan las golondrinas,
los niños se salpican con sus pies en el río
y los ojos de risa desmedida,
se entierran en las playas,
resucitando leves como plumas o velas.
 Hoy por ti volarán cometas en la orilla,
pintarán monigotes en la arena,
y se hartarán de helados derretidos.
 Ha de ser por ti, Gloria, por lo que son felices,
alocados y hermosos desnudos en las olas,
libres entre las páginas de un libro,
escondidos en las ramas de la higuera...
por tus versos de risa y voz de túnel
los niños han subido, más libres,
escalones de infancia y han escrito sus versos
en cuadernos rayados, a escondidas,
ganándoles la guerra a los deberes.
 Por ti alguien ha podido ponerse una corbata,
subirse en una Vespa, convertirse en persona,
y ser así, como le da la gana.
 ¡Va por ti hoy mi brindis, poeta aún de guardia!

                                                             MARÍA  ROSA  SERDIO

lunes, 1 de agosto de 2016

DARDO POÉTICO (XXXVII) : JOHN HIATT, MÁIS ALÓ DA FRONTEIRA




Con discos dunha beleza extraordinaria, con cancións brillantes e letras moi coidadas, John Hiatt  foi conquistando os gustos (e os corazóns) dos amantes da boa música entre os que me atopo.
     
John Hiatt

É un magnífico guitarrista, toca os teclados con soltura e o encontro co gran Ry Cooder permitiulle no seu momento dar un salto cualitativo a través da súa participación  como guitarrista nos ensaios do disco Bordeline  de Cooder. Tras nacer entre eles unha grande amizade, compón tres temas (canta en dous) para a banda sonora de “The Border” (1980). Ry sabía moi ben as cualidades do músico de Indiana.
     

     Cambios  de estratexias para centrar a súa carreira, este enorme músico nacido en Indianápolis en 1952 abordará diversos estilos que lle permitirán facerse un oco importante no terreo do folk-rock ou do country , dotando as súas composicións con gotas de blues.
Cancións que namoran, que seducen axiña. Cancións elegantes.


     Na actualidade, John Hiatt, é un dos compositores máis recoñecidos da música americana.
     Descubrilo foi un pracer. Teño boa parte da súa discografía e desfruto dela de cando en vez.

     No libro xa comentado aquí, Antología poética del rock, ao coidado de Alberto Manzano (Hiperión), recóllese esta canción que vos achego deseguido co fondo desexo de que vos guste.




LOS AMANTES  (Lovers will)
 

¿Quién podría coger su único corazón
Y tirarlo al fuego?
¿Quién pondría en peligro su amor propio
En nombre del deseo?
¿Quién se arrepentirá de todo lo que ha hecho
Y pagará la cuenta?
Los amantes.

¿Quié hará daño al otro
Sin pensar en ello?
¿Quién mentirá sobre su paradero
Con la esperanza de que no lo cojan?
¿Quién dirá que los besos del otro
Ya no le hacen sentir nada?
Los amantes.

Los amantes harán cualquier cosa
Para sentir amor
Si el amor cura, ¿quién será el primero en ponerse enfermo?
Los amantes.

¿Quién no sabrá nunca lo que tenía
Hasta que lo haya perdido?
¿Qué brazos recogerán los restos
Para seguir adelante?
¿Quién acechará a la caza de ese poco amor
Que aún está vivo?
Los amantes.
(Tradución de Alberto Manzano)



E agora podedes escoitar a John Hiatt en vivo cantando ao teclado a canción
Have a little faith in me.



jueves, 28 de julio de 2016

RECIBIR O DISCURSO DE ENTRADA NA RAE DE CLARA JANÉS, UNHA EMOCIÓN INSOSPEITADA

Clara Janés na Real Academia Española de la Lengua. (Á esquerda, Soledad Puértolas)


Cando abres a caixa do correo e ves un sobre escrito a man, dun tamaño superior ao normal e cun grosor que che di que non é soamente un papel o que contén, levas unha alegría ben grande.
     
     Un está canso de recibir cartas dos bancos, facturas da auga ou da luz, propaganda diversa  etc. Papeis que non só non desfrutas, senón que, ás veces, che poñen de mal humor.
     

     O primeiro foi o que me pasou a min hai uns días. Recibín un sobre cunha remitente que adoro, como muller e como intelectual: poeta, ensaísta, tradutora, investigadora… ¿Sigo? Non paga a pena. Estou a falar de Clara Janés.
     ¿E que contiña o sobre? Pois nin máis nin menos que un libriño  dedicado, que recolle o discurso lido o día 12 de xuño deste ano, na súa recepción pública de ingreso na Real Academia da Lingua Española. Un discurso dunha altura intelectual impresionante que leva por título Una estrella de puntas infinitas. En torno a Salomón y el Cantar de los cantares.
     

     O libro contén, ademais, a contestación doutra escritora que me encanta, Soledad Puértolas, quen lle dá a benvida á institución, onde Clara Janés vai ocupar o sillón deixado polo catedrático de dereito administrativo Eduardo García de Enterría.
     
     Uns textos marabillosos. Unha xoia para saborear. Unha sorpresa extraordinaria.
     
     Porque si,  unha vez máis, Clara Janés volveuse acordar de min. A súa xenerosidade é algo que lle  agradezo fondamente, pois tras coñecela en Granada e presentala en Vigo, fiquei engaiolado pola súa altura intelectual e a dimensión  humana que amosa. Cada vez que recibo alguna cousa dela, síntome a persoa máis feliz do mundo.
     
Clara Janés
     Se teño que referirme a este libro, só  podo facelo dende a brillantez da palabra e a lucidez que deitan estas liñas. Resúltame moi pracenteiro ler a Clara Janés. Inquiétame o que escribe e lévame a planos que me convidan a facer descubertas. Son retos constantes que me impulsan a remover terreos que están sen sementar.
     
     Mais desta volta, non vou entrar nun discurso que precisa dun contexto de lectura ben especial e moi coidadoso. Porén, quero reproducir deseguido unas liñas do mesmo, porque fala moi claro do nivel intelectual de Clara Janés.
     
Clara Janés le o seu discurso
     Tras agradecer emocionada a confianza depositada nela co seu nomeamento, Clara Janés afirma na súa intervención que “aquellos que me propusieron, y los que apoyaron su propuesta, no imaginaban hasta qué punto su logro supondría para mí un cambio de perspectiva. Cuando Jorge Guillén dijo que yo cantaba como los pájaros al amanecer, me otorgaba la libertad del que hace algo debido a su naturaleza, de lo cual responde solo por sí mismo; ahora, en cambio, se pone en primer término ante mis ojos una responsabilidad distinta, que planea sobre la que comporta la creación.
     
     ien sé, pues mi hacer no se limita a la poesía, sino que abarca otros géneros, como el ensayo y la traducción, que una cosa es lo que surge del interior y otra aquello que es fruto de nuestro empeño (…) e tras expresar que nunca pensara ela chegar a recibir unha distinción tan alta, engade que “con todo, a lo largo de mis años de trabajo, siempre he tenido en cuenta la importancia de la lengua –cuya custodia es objeto de los que se reúnen en esta casa- y, aunque perpetua aprendiza, he estudiado y analizado las palabras no solo en sus nexos con la expresión, sino también en sus vínculos con los movimientos de la mente, muchas veces enigmáticos. El enigma ronda la escritura. Los surrealistas solían llamarlo “azar objetivo” (…)
     
     Velaquí un retrato do labor e das inquedanzas dunha muller que non deixou endexamais de facer da literatura un exercicio de liberdade. Unha muller intelixente que anuncia a responsabilidade que asume.  Unha muller cunha claridade de visión exemplar.
 
Soledad Puértolas
     Magnífico, tamén, o discurso de Soledad Puértolas. Nada raro, por outra banda. E farei fincapé nunhas liñas que me pareceron moi acaídas sobre o valor da poesía. Afirma a narradora que co nomeamento de Janés, a  Academia quere recordarnos o valor da poesía, “esa misteriosa dama encargada de dar aliento y luz a la aridez de la vida y de dotarla de contrastes, complejidad y hondura, y que nos hace un extraordinario regalo, la intuición de la transcendencia. La poesía crea un territorio donde la temporalidad tiene un valor esencialmente simbólico, metafórico. La luz que irradia es atemporal. Esa cualidad de presente perpetuo supone un contrapunto al constante fluir del tiempo y de la vida. El poema es, sin duda, uno de los frutos más delicados de la lengua (…)
    
     Podería seguir, pois o texto non ten desperdicio, mais aquí prefiro deixalo. 
     Recibín unha alfaia que me encheu de emoción.

     Naceu unha razón máis para seguir querendo e admirando a Clara Janés.