Mostrando entradas con la etiqueta clara janés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta clara janés. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de octubre de 2017

DARDO POÉTICO (LI) "Dous poemas de Clara Janés deitados ao galego"




Non é un segredo para ninguén que entre as miñas voces poéticas favoritas se atopa Clara Janés.
     
     Versos e aloumiños tenlle dedicado varias entradas pola súa calidade literaria (mesmo máis alá da poesía)  e pola humanidade da que fai bandeira. Ademais, dende que tiven o pracer de coñecela persoalmente en Granada, foi unha muller xenerosa comigo. Sempre garda un detalle orixinal para min. Sempre recibo unha mostra de que non se esquece de alguén que a quere e valora.
 
Clara Janés
     Por todo isto, non vou volver falar dela en profundidade. Pódense consultar textos aquí, neste blog-revista, se alguén quere saber do que opino da súa obra ou ler poemas recollidos en diversas sección.

     Hai un tempo tiven a sorte de recibir dous libros dela. Dun deles, xa falei no seu momento. Era La noche de la pantera.
     
       O outro, editado pola editorial Tusquets, acabo de lelo. Trátase de Estructuras disipativas.
     Unha vez máis entrei nos seus versos e fiquei fascinado: unha proposta orixinal (toda a súa obra ten un moito de orixinalidade) que contén referencias á ciencia de vangarda; unha ciencia que aporta as súas metáforas para que o lector poida mirar con ollos diferentes un universo sacralizado. Ademais,  paga a pena salientar o feito de recorrer a versos doutros poetas para mesturar os seus e homenaxealos ademais de complementar as composicións de seu.


     E nestas estaba cando decidín atreverme a traducir ao galego dous dos poemas de Estructuras disipativas. Sei que é unha ousadía, pero sei, tamén, que Clara mo vai perdoar. Sentín a necesidade de poñer na nosa lingua a beleza e mais esa aventura do inesperado que é a poesía dunha muller que está en procura constante do novidoso. Desexaba sentila máis preto aínda do que está en min. O resultado está aquí abaixo.

       A ver que vos parece.



NA AREA


VOLVÍN  botar a rede ao aire
e o aire entre as mallas
fuxía
e na area os paxaros morrían
e o sol queimaba o horizonte
chamando as cinzas.
A palabra sen casca
era va:
á intemperie ficaban a ficción
e o seu intento.
Derreados a esperanza e a fe
recollían o derradeiro salouco do amor.
E na area os paxaros morrían
e na area esmoreaba o sono.

Entre as nubes brancas
unha vela sen rumbo
perdíase.




ANUNCIO DE FINAL


COMO a aguia, caeu sobre a súa presa
e, por aquela perda,
Sillón "u" da RAE que ocupa Clara Janés
coutando todo nexo
co seu centro,
cravou o alfinete da ausencia
e estableceu no corpo
unha insalvable
distancia coa vida.
O aire e mais a mansedume
esvaeceron,
e a inmobilidade foi
anuncio de final,
aínda que o sosego das plantas durmidas
enchía a penumbra
previa ao amencer.


                             


                                                                                                              ANTONIO  GARCÍA TEIJEIRO
                                      

jueves, 20 de abril de 2017

"La noche de la pantera", un poemario de Clara Janés que nos transmite o encanto de Oriente mentres narra a lenda de Mina

Clara Janés




El cielo del ocaso
descubre el olor
de la pantera
y alerta
a los cazadores.
¡Huye, amor!
y prende fuego
al bosque
que yo te encontraré
siguiendo
los caminos de ceniza
hasta el fondo del cráter
donde está
nuestra cuna (…)

  
     Así comeza  o poemario da miña querida e admirada Clara Janés, La noche de la pantera, que acaba de publicar Vaso Roto Ediciones.
     Quen coñece a traxectoria individual da poeta e mais a súa obra sabe da fascinación que Oriente lle leva producindo dende hai ben tempo. Son moitos anos de investigación, de descubertas, de traducións de poemas, de achegamentos a poetas que Clara Janés nos leva agasallado neste eido.
     
      
     Clara Janés é unha muller dunha capacidade intelectual enorme.  E, sen discusión, unha extraordinaria poeta que escribe unha poesía rica, erudita, sen artificios e variada formal e tematicamente.
     Esta muller,  que tamén é ensaísta, novelista, tradutora etc., ten unha obra que foi galardoada en numerosas ocasións e foi elixida en 2015 membro da Real Academia Española da Lingua.
     Desta volta, volve a vista cara a Oriente para escribir un poemario fermosísimo baseado nunha lenda iraní. Nela, Mina, a moza dos ollos vermellos, namórase dunha  pantera que é perseguida polos cazadores. A fera foxe dos seus brazos e Mina marcha detrás dela ata perderse na noite.

     Unha lenda moi belida que Clara Janés eleva ao cumio das artes, -neste caso, a poesía-, cuns versos cheos de calor, inseridos nunha natureza brillante que serve de espazo poético. Un espazo que permite transitar a través del e consegue abrir os sentidos do lector dun xeito emotivo. Son paraxes da aventura, da impotencia, do desexo cego, da ilusión, do desespero. Son paraxes do amor, presente ao longo dos versos; un amor que se mestura coas sombras del mesmo. E talvez só sexan as sombras o que se pode ver:

Sólo veo la sombra
Lendo a súa obra
de ese amor,
el ala desplegada y tanteante
que temblorosa
aprende el vuelo.
A esta hora
se recorta definitiva
en mis ojos
y yo le doy color
y pongo el arco iris
en el punto
donde se inicia
el movimiento
para que sepa que la lluvia
es apacible,
para que sepa
que el más leve gesto
abarca
el firmamento.

Como é habitual en Clara Janés, La noche de la pantera, é un poemario que deleita porque  está maxistralmente artellado con versos elegantes, impecables, que fican marcados nos lectores pola súa sensualidade e a emoción que desprenden, ademais de envolvelos nunha atmosfera de paixón controlada e incerteza.

Por se non chegase cos versos que contén e coas fotografías de Adriana Veyrat, o poemario leva un CD no que Janés recita os seus versos coa música de Aram Khachaturiam de fondo. Case nada.

     
     Un, que coñece, que quere e admira a Clara Janés, afirma con rotundidade que a súa voz emociona e que é un luxo poder escoitala unha e outra vez.
     Satisfaime saber que esta muller, que ama fondamente a cultura oriental, que nola pon diante para que gocemos, continúa a agasallarnos con alfaias coma esta; unha alfaia que Vaso Roto Ediciones pon nas nosas mans cunha edición modélica.

Reverberan los rugidos de plata
Discurso de ingreso na RAE
y ensanchan la noche.
Emboscado tu amor
asalta la mano de la luna en mi pelo
y yo me desnudo de la luz
para entrar contigo
en ese lecho oscuro
donde unidos los cuerpos
son un agua negra
sosegada
que sólo a sí misma se conoce.

Que beleza!
Pódese pedir máis?



                                                                                                                                     ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

jueves, 28 de julio de 2016

RECIBIR O DISCURSO DE ENTRADA NA RAE DE CLARA JANÉS, UNHA EMOCIÓN INSOSPEITADA

Clara Janés na Real Academia Española de la Lengua. (Á esquerda, Soledad Puértolas)


Cando abres a caixa do correo e ves un sobre escrito a man, dun tamaño superior ao normal e cun grosor que che di que non é soamente un papel o que contén, levas unha alegría ben grande.
     
     Un está canso de recibir cartas dos bancos, facturas da auga ou da luz, propaganda diversa  etc. Papeis que non só non desfrutas, senón que, ás veces, che poñen de mal humor.
     

     O primeiro foi o que me pasou a min hai uns días. Recibín un sobre cunha remitente que adoro, como muller e como intelectual: poeta, ensaísta, tradutora, investigadora… ¿Sigo? Non paga a pena. Estou a falar de Clara Janés.
     ¿E que contiña o sobre? Pois nin máis nin menos que un libriño  dedicado, que recolle o discurso lido o día 12 de xuño deste ano, na súa recepción pública de ingreso na Real Academia da Lingua Española. Un discurso dunha altura intelectual impresionante que leva por título Una estrella de puntas infinitas. En torno a Salomón y el Cantar de los cantares.
     

     O libro contén, ademais, a contestación doutra escritora que me encanta, Soledad Puértolas, quen lle dá a benvida á institución, onde Clara Janés vai ocupar o sillón deixado polo catedrático de dereito administrativo Eduardo García de Enterría.
     
     Uns textos marabillosos. Unha xoia para saborear. Unha sorpresa extraordinaria.
     
     Porque si,  unha vez máis, Clara Janés volveuse acordar de min. A súa xenerosidade é algo que lle  agradezo fondamente, pois tras coñecela en Granada e presentala en Vigo, fiquei engaiolado pola súa altura intelectual e a dimensión  humana que amosa. Cada vez que recibo alguna cousa dela, síntome a persoa máis feliz do mundo.
     
Clara Janés
     Se teño que referirme a este libro, só  podo facelo dende a brillantez da palabra e a lucidez que deitan estas liñas. Resúltame moi pracenteiro ler a Clara Janés. Inquiétame o que escribe e lévame a planos que me convidan a facer descubertas. Son retos constantes que me impulsan a remover terreos que están sen sementar.
     
     Mais desta volta, non vou entrar nun discurso que precisa dun contexto de lectura ben especial e moi coidadoso. Porén, quero reproducir deseguido unas liñas do mesmo, porque fala moi claro do nivel intelectual de Clara Janés.
     
Clara Janés le o seu discurso
     Tras agradecer emocionada a confianza depositada nela co seu nomeamento, Clara Janés afirma na súa intervención que “aquellos que me propusieron, y los que apoyaron su propuesta, no imaginaban hasta qué punto su logro supondría para mí un cambio de perspectiva. Cuando Jorge Guillén dijo que yo cantaba como los pájaros al amanecer, me otorgaba la libertad del que hace algo debido a su naturaleza, de lo cual responde solo por sí mismo; ahora, en cambio, se pone en primer término ante mis ojos una responsabilidad distinta, que planea sobre la que comporta la creación.
     
     ien sé, pues mi hacer no se limita a la poesía, sino que abarca otros géneros, como el ensayo y la traducción, que una cosa es lo que surge del interior y otra aquello que es fruto de nuestro empeño (…) e tras expresar que nunca pensara ela chegar a recibir unha distinción tan alta, engade que “con todo, a lo largo de mis años de trabajo, siempre he tenido en cuenta la importancia de la lengua –cuya custodia es objeto de los que se reúnen en esta casa- y, aunque perpetua aprendiza, he estudiado y analizado las palabras no solo en sus nexos con la expresión, sino también en sus vínculos con los movimientos de la mente, muchas veces enigmáticos. El enigma ronda la escritura. Los surrealistas solían llamarlo “azar objetivo” (…)
     
     Velaquí un retrato do labor e das inquedanzas dunha muller que non deixou endexamais de facer da literatura un exercicio de liberdade. Unha muller intelixente que anuncia a responsabilidade que asume.  Unha muller cunha claridade de visión exemplar.
 
Soledad Puértolas
     Magnífico, tamén, o discurso de Soledad Puértolas. Nada raro, por outra banda. E farei fincapé nunhas liñas que me pareceron moi acaídas sobre o valor da poesía. Afirma a narradora que co nomeamento de Janés, a  Academia quere recordarnos o valor da poesía, “esa misteriosa dama encargada de dar aliento y luz a la aridez de la vida y de dotarla de contrastes, complejidad y hondura, y que nos hace un extraordinario regalo, la intuición de la transcendencia. La poesía crea un territorio donde la temporalidad tiene un valor esencialmente simbólico, metafórico. La luz que irradia es atemporal. Esa cualidad de presente perpetuo supone un contrapunto al constante fluir del tiempo y de la vida. El poema es, sin duda, uno de los frutos más delicados de la lengua (…)
    
     Podería seguir, pois o texto non ten desperdicio, mais aquí prefiro deixalo. 
     Recibín unha alfaia que me encheu de emoción.

     Naceu unha razón máis para seguir querendo e admirando a Clara Janés.

martes, 12 de enero de 2016

DARDO POÉTICO (XXIX) OS MONODIÁLOGOS DE CLARA JANÉS





Cando abres a caixa de correo e ves un sobre cun libro de agasallo, sentes unha felicidade completa. Se quen cho manda é unha das poetas máis interesantes da literatura española, a emoción sobe. Iso  pasoume  coa miña querida e admirada Clara Janés.
     
Clara Janés
     Teño onda min un libro recén saído, La blanca forma de la fuga, editado pola Deputación de Valladolid e a Fundación Jorge Guillén.
     Unha alfaia literaria, dedicada pola autora co agarimo de todos os Nadais.
     Coñecina persoalmente en Granada (en La Zubia, concretamente). Engaioloume. E tiven a fortuna de presentala no ano 2011 no "Club Faro".
     Quéroa moito, moito. Admíroa moito, moito.
      

     ...también también la sombra/ pues aquel pájaro / busca el camino entre dos luces/ busca su esencia en el desvanecimiento...
      
     

     
     Neste poemario, Clara Janés explica que “segundo a tradición antiga o ouro “medra” pola influencia do sol. O ouro da poesía, en troques, pode “medrar” coa luz barutada e así, en Suecia, xurdiu unha das voces líricas máis importantes do século XX, a de Gunnar Ekelöf. E afirma a nosa poeta que foi lendo Diwan, o que a empurrou a un continuo diálogo (que ela chamou  monodiálogo) coa súa obra.
     O resultado destes diálogos é este poemario, La blanca forma de la fuga. Uns monodiálogos que andaban esparexidos por diversos cadernos e que comezou a rescatar en 2014.
    
Gunnar Ekelöf

  Velaquí unha das poéticas do autor sueco:
  
Daquela dixen para min:
Os únicos poetas que me interesan
son os que levan coidadosamente
con mans nerviosas
unha cunca chea de sangue
na que caeu unha pinga de leite
ou unha cunca chea de leite
na que caeu unha pinga de sangue…
Agora xa vin, agora quero ver
o firme apreixo dunha cunca chea ata o bordo
de auga de manancial.

Un pracer foi este acto para min


     Todo o que toca Clara Janés está revestido dun enorme interese. Cada proxecto que comeza resulta suxestivo. Unha gran poeta. Unha intelectual fonda e rigorosa, que nunca esquece a emoción en todo o que ofrece.
Leamos un dos poemas de La blanca forma de la fuga.



EL NEGRO

Grande es el mar de la muerte,
interminable la hilera de olas
                                       (Non serviam)

no es blanco
el que acoge
no es definitivo frío
frío ficticio
para fijar fugitivo dibujo
llevado por las olas
al no-tiempo
rigidez enemiga y cómplice
aquí mismo
camino del cero
absoluto
insondable
no-mar
negro




SIN TREGUA

Y uno tiene que empezar siempre desde los cimientos
Volver a empezar una y otra vez desde los cimientos
                                           (Strountes)

¿quién construye
con los restos del derrumbamiento?
no la piedra tallada como rosa
ni el arco
que llama al más allá
una ola azul
como esfera envuelta en niebla
se aleja hasta ser puro
movimiento
y acaso en ese flotar
el sueño vuelva a iniciarse
pétalo a pétalo.


                                                                          ANTONIO GARCÍA  TEIJEIRO                        

lunes, 26 de enero de 2015

SENTADO CON PESSOA (IX). "Poética y poesía" de CLARA JANÉS.





     Cheguei onda Pessoa excitado e feliz.
     Quería compartir con el esa felicidade que me provocara o sobre atopado na caixa de correo. Contiña o sobre un libro.
     Pero non era un libro calquera. Non.
     Era algo moi especial.
     O remite puña C.Janés, co seu enderezo de Madrid.
     Unha vez máis, esta muller entrañable, lúcida e rigorosa no seu labor intelectual lembrábase de min.
     Pessoa decatouse axiña da miña excitación e decidiu – alomenos así mo pareceu- abrir unha paréntese entre os dous da maneira máis intelixente posible: recitoume un poema dos seus “Noventa poemas últimos. (1930-1935)”.


CAI chuva do céu cinzento
Que não tem razão de ser.
Até o meu pensamento
Tem chuva nele a escorrer.

Tenho uma grande tristeza
Acrescentada à que sinto.
Quero dizer-ma mas pesa
O quanto comigo minto.

Porque verdadeiramente
Não sei se estou triste ou não,
E a chuva cai levemente
(Porque Verlaine consente)
Dentro do meu coração.


     Ao rematar estes fermosos versos, pousou a súa ollada no meu rostro, sorriu timidamente e dispúxose a escoitarme.
     
Con Clara Janés e Susi en Granada, ao pé da Alhambra.
     Xa máis calmado, conteille que coñecera a Clara Janés en Zubia (Granada) durante unhas xornadas nas que eu participei hai seis anos.Que a escoitara ler os seus poemas e ficara enfeitizado coa súa palabra nunha noite máxica, que asistiramos Susi e mais eu con ela  e con Reza Allamehzadeh, cineasta amigo seu, a unha representación dunha obra lorquiana ao pé da Alhambra.
     
Clara Janés
     Don Fernando parecía non perder unha soa palabra do que lle estaba a relatar. Ás veces movía a cabeza con sinais evidentes de que comprendía a miña emoción..
    Isto animoume para falarlle dos libriños artesáns que Clara Janés me enviara nalgúns Nadais. Faleille, ademais, do seu amor pola  poesía do poeta checo Vladimir Holan, do seu interese polos poetas orientais, da súa autoridade como tradutora. Da mesa redonda que compartimos sobre o “feito de traducir” naquelas xornadas granadinas.
      
Un dos libriños recibidos: "Antimisiles".
     De como a súa poesía, dunha construción e dunha fondura engaiolantes, moi esixente, foi cravándose no máis fondo de min como alfinetes de prata.
     
     Daquela, aproveitei para lerlle.


"Yamatu", unha breve peza para monicreques.
Volvió a mi sueño
y con un beso blanco
lanzó una palabra
que anudó mis entrañas.
Y cada beso nuevo era
nueva palabra que anudaba
muñecas, tobillos, cabeza…
Y yo respiraba sólo por su boca.
Su cuerpo, lentamente,
con mi piel se fundía,
nuestros tejidos se mezclaban.
Y juntos flotábamos sin ser cada uno,
sino los dos en uno.
"El viento". Martín Chirino.
Mis ojos eran pozo de sus ojos.
Su pecho, sepulcro de mi pecho.
Y sin contacto ya con el espacio,
la insalvable distancia
era cerco a la cópula del alma.
Entre los sauces,
nos confundíamos
con la blancura de la luna,
como forma sonámbula.

                     

     Rematada a lectura, comenteille unhas intelixentes palabras da poeta sobre a poesía.
     Comparouse a miúdo a poesía coa maxia pola sedución que permite a palabra, o son, a sílaba, mesmo carecente de sentido.
       Eu sei agora que se escribo ou canto, parto – e talvez sexa o fundamental- dun intento -moitas veces alleo á vontade- de convocar, de seducir o oculto.


      Fin. Ambos ficamos en silencio. Eu reflexionaba. O mestre, coa mirada case perdida, debía de estar voando polos inescrutables sendeiros da lírica.
     Non dixo ren.
     E lin estes dous versos:
   
                                         Miro tus ojos
                                         hasta que mis ojos desaparecen.

     E, deseguido, falei en voz alta.
    
     Poética y poesía é un libro de alto contido poético, intelectualmente consistente. Unha conferencia para ler sobre poesía e sobre a poesía de Clara Janés. A Fundación Juan March, que organiza esta actividade cultural, edita o libro.
     

      Léndoo chegas a coñecer as chaves da paixón poética de Janés. Os seus puntos de partida, os seus referentes (que poden ir dende os poetas turcos, persas, Ramos Rosa, Eliot ou Gamoneda ata San Juan de la Cruz ou Holan, entre outros); chegas a coñecer a súa necesidade de afondar nas diferentes fontes da creación. Con Eduardo Chillida , levou adiante un proxecto magnífico. O libro “La indetenible quietud”, procura dinámicas novas, desta vez coa aparición dos astros:
Gravado á augaforte. "La indetenible quietud".Eduardo Chillida.



Las nubes ceden a estrellas,
 las estrellas forman fuegos,
los fuegos inundan nubes
y por los espacios giran
discos y planos y esferas (…)



      

     


E a partir de esculturas de Martín Chirino, este Aerovoros (OLA-VIENTO):

Martín Chirino
Cuanto absorbe
lo adelgaza, lo adelgaza
lo hace nudo
entre dos extremos
que se alargan
cautelosos
desde la nada a la nada.

      
     A música, as cantarelas, “a convicción de que a palabra ten en si mesma unha melodía e que, grazas á voz, se transforma en canto. E no canto está a orixe da poesía”, afirma.
     Todo isto aparece no seu libro Kampa (no que se incluía unha casete cunha parte cantada por ela), o primeiro poemario que lin e que me fixo profundar na súa poesía anterior e posterior a esta obra.

No sé cómo podré enfrentarme
a los días futuros.
Me he dejado arrastrar como una hoja
por la tormenta embriagadora de tus versos
y he vuelto a la poesía.
He caído en la trampa tan temida.
La vida me es ajena.
De tal modo
esta insensata ocupación,
ese oleaje fatídico nacido de tu mente,
se me lleva.



      Non esquezo, de ningunha maneira, os seus poemas visuais. Pessoa ten os ollos coma pratos.

     Ensínolle un par deles.



      
     Semella contento e interesado. Noto nel unha curiosidade pouco habitual polo que lle estou a dicir. Bótase cara  atrás na súa cadeira e pídeme, sen palabras, que lle lea outro poema de Clara Janés.
      
     Fágoo encantado.

Quiero arrastrar el claro de luna
sobre las aguas de la noche,
Outro libriño recibido e dedicado: "El silencio de las arenas".
ser en ellas remo de plata y surcarlas,
y confundirme luego con la estrella
que despierta el dormido camino de la luz.

Quiero entonces perderme
en un nimbo lejano y envolvente,
quedar fija amando en par de lo inasible,
sin ser notada,
y permanecer así
en el desolvido del día.


     Silencio.
     Vexo a hora.
     Pasaron… Imposible dicilo.
     Debo marchar.
     Agárdanme máis poetas para visitar o mestre.
     Silencio longo.
     Pessoa pecha os ollos.
     En voz baixa vou lendo, mentres me ergo da miña cadeira, uns versos de Clara Janés:

 
Con Clara Janés en Vigo. 2011


Desnúdate, alma,
"Yunque de sueño". Eduardo Chillida.
y, sin esperanza, espera
en la negrura,
que del punto más alto
de la noche,
lanza su escala el sol
y, entre destellos,
aparece el enigma,
y desciende
hasta su raíz
más profunda.

     Afástome de vagar e deixo a don Fernando nunha calma que me tranquiliza.
     Marabillosa, entrañable, Clara Janés!