Coñecina en “Mondoñedo é
Poesía” e comprendín axiña que estaba diante dunha muller con carácter, de
forte presenza e dunha enorme sensibilidade.
Presentaba, xunto co editor Miguel Toval, o seu poemario para
cativos Cantigas para aprender a soñar (Edicións Embora, 2015) e o seu recitado
encantoume.
A
noite tan negra,
tan
longa e escura
dáme
moito medo
se
non sae a lúa.
Por
veces, na cama,
fico
moi esperta
escoitando
a noite
na súa
conversa (…)
María
Xosé Lamas engaioloume coa súa voz e coa forza e a delicadeza dos seus
poemas. Uns poemas que resultaron gañadores do “Premio Arume de Poesía 2013”.
Uns versos que, como di o inesquecible Xosé
Neira Vilas no limiar , “foron
escritos precisamente para que nenos e nenas sorrían, canten e soñen”. E
engade máis adiante. “Van aquí 34 poemas
que constitúen unha bonita achega lírica con axeitada escolla temática, e un
tratamento poético que chegará ao corazón dos cativos”.
 |
| Con María Xosé en Mondoñedo |
Todo isto abonda para que oiamos a luz das
súas palabras. Teñen vida, acariñan e fan que nos emocionemos arredor do
espírito lírico que as envolve. Por iso lle pedín que nos deixase escoitar a
súa voz.
Ela, cunha xenerosidade ben grande,
respondeu con agarimo a esta proposta e deixounos estes agasallos para que os
lectores/as de Versos e aloumiños gocen da palabra madurada e ben escrita.
Para que a coñezades mellor, un
achegamento persoal. Un perfil ben rico que convén ter en conta.
Tras el, eses poemas tan fermosos que nos
agasalla e que nós reproducimos con moito entusiasmo.
 |
| Recibindo o Premio Arume de poesía en 2013, da man de Xosé Neira Vilas |
BIOGRAFÍA
María Xosé Lamas (1961) Vilalba.
 |
| María Xosé Lamas |
Diplomada en Profesorado de Primaria, Licenciada
en Filosofía e Ciencias da Educación, Postgrao en Educación Musical, Grao
Elemental e primeiro ciclo do Grao Medio en piano no Conservatorio Profesional
Municipal de Vilalba (Lugo), conquire a súa primeira praza como mestra
definitiva no CEIP de Muras (Lugo) do que é directora durante seis anos. Na
actualidade (2016) é profesora de Educación Musical no CEIP M. Mato Vizoso de
Vilalba (Lugo).
Dende 1979 (Grupo Tarabelo da
Asociación Fuxan os Ventos) desenvolve unha intensa labor no ámbito do teatro
afeccionado, como actriz en diversas produccións, como autora de máis dunha
vintena de obras, a maioría representadas, así como realizando traduccións e
adaptacións; e dirixindo diversas compañías: Grupo de Teatro da A.C. Monseivane
(1986-1994), Centro Dramático Vilalbés (dende 1994), Escola de Teatro do CDV
(dende 1999). Así mesmo, leva a cabo diversas actividades no eido da pedagoxía
teatral, a cargo de programas de teatro escolar con alumnado de educación
infantil, primaria e secundaria. Colabora tamén con centros educativos, APAs,
asociacións e centros sociais, impartindo cursos e xornadas de teatro,
realizando sesións de contacontos, etc. Tamén realizou durante dúas temporadas
un programa quincenal de teatro emitido por Radio Principal de Vilalba ("A
escena nas ondas'). Finalmente, neste eido, creou a actual Escola Municipal de
Teatro de Vilalba que neste ano celebra o seu décimo aniversario.
Outro campo de interese é súa producción
poética, na que destacan as seguintes publicacións:
- [20001, 20022] Catro
palabras caladas (poemario), Ed. Asociación CDV.
- [2004] Datando lembranzas (poemario
no que se editan dous dos premios – accésit e 1º- do Certame Literario do
Concello de Vilalba, dos anos 2002 e 2003 respectivamente), Colección As foulas
do Rañego, Ed. Fundación Manuel María.
- [2004] Ao
norte do camiño no Caderno de Estudos Chairegos
- (2010) Con Fausto, por este rio acima ditado
polo Instituto de Estudos Chairegos.
- (2015) Cantigas para aprender a soñar,
Premio Arume do 2013, de Edicións Embora.
- [De 2003 a 2016] Colaboracións en diversas
publicacións e revistas literarias como Xistral.
Ten colaborado noutras publicacións escritas
(libros colectivos como Cerna de Carballo ou "Escritos na floresta" de
Ricardo Pilín, entre outros) e dixitais como Galicia Dixital ou avozdevilalba.gal
con series de relatos, artigos de pinión, etc; tamén participado en
recitais de poesía e formado parte de diversos xurados en certames de
literarios.
 |
| María Xosé Lamas |
Acaso era eu mesma
aquela que te apreixaba con mans
tenras
falándoche baixiño á orella:
“ empréstoche a miña sombra”…
Eu mesma, a que agora
busca o abeiro das túas pólas
neste abrazo de edra
para sentirme acubillada
na calor da túa cerna.
Eu, solicitando a túa-miña sombra,
a derradeira.
Ti seguirás contando primaveras,
dando abrigo a mancheas
a quen precise alivio da canseira,
agasallando a miña-túa sombra
a quen a queira.
Testemuñas do paso de viandantes
 |
| Caronte |
a carón da estrada, custodiándoa.
Testemuñas de risos e paseos,
camiñadas de anos mozos arrogantes.
De présas, de urxencias sen vagares,
cara incertos destinos, a vagos
horizontes;
vieiros de bágoas lutuosas,
regueiros para os remos de Caronte.
Testemuñas do paso pola vida
a un lado e outro do camiño,
ergueitas sempre, cara ao ceo,
as árbores da memoria, teñen sido.
Vello tocón, tarugo, carocha,…
sen pólas nin ramallos, aínda vivo,
respirando por dúas follas
que aínda abrollan
á luz de cada primavera.
Imposíbel de feitura, retorto,
esvaecido,
cuberto de calquizo balorento
contra o vento.
Eras carballo e es niño
de curuxas e estorniños
que che narran as viaxes polo tempo
coma eu hoxe de paso en Bustofrío.