Mostrando entradas con la etiqueta creación literaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta creación literaria. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de diciembre de 2015

"POESÍA HEXÁGONO. OLLADA E EXPERIENCIA. PROPOSTA E RESPOSTA NAS AULAS" : CANDO AS DESCULPAS PARA NON LEVAR A POESÍA AOS CENTROS NON TEÑEN RAZÓN DE SER.


Teño nas mans un libro dun interese excepcional. E non é un libro calquera, non. É un libro-experiencia, un libro-diálogo, un libro-proposta.
     Trátase de Poesía Hexágono. Ollada e experiencia.Proposta e resposta nas aulas. Un libro editado por Apiario, un proxecto editorial que me seduce moito, primeiro da colección Abella mestra.
     
     Cando a poesía segue a ser (xunto co teatro) a irmá pobre dentro das aulas, aparece este libro. Cando os mestres e mestras seguen a terlle medo á poesía, aparece este libro. Cando o alumnado precisa de mediadores entusiastas e parece non atopalos, aparece este libro.
     
     Poesía hexágono… contén seis ensaios breves, diferentes entre si, pero que forman un mosaico perfecto para que os docentes teñan unha visión variada e completa do que se pode facer nas aulas. Un enfoque que parte da experiencia, co obxectivo de que a poesía, a creación poética, se convirta en algo pracenteiro e provoque a estimulación das capacidades creativas dos mozos e mozas.
    

     Seis poetas dun prestixio incuestionable son os autores/as destes atraentes textos. Seis persoas que levan tempo facendo obradoiros de creación poética e que poñen preto do profesorado as súas propostas. Trátase de Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Celso Fernández Sanmartín, Carlos Negro, Antía Otero e Dores Tembrás.
     
     E como di Agustín Fernández Paz no seu interesantísimo prólogo: A poesía e o ensino levan unha longa etapa de desencontros. A poesía é un xénero minoritario, dísenos, e os adolescentes non se interesan por ela (daquela, como se explica o auxe do rap, das letras das cancións, das variedades da cultura audiovisual?). Eu penso, como Agustín, que esta afirmación é errada. Os rapaces emociónanse coa poesía, gozan con ela (a miña experiencia avala isto) e os adolescentes están nunha idade ideal para deixarse engaiolar pola palabra poética. O que lles falta é alguén que crea nesa bondade da poesía, que os seduza dende a paixón, que contaxie entusiamo, que llela presente dun xeito vivo e intelixente. Se se fai así, os alumnos notarán que a poesía pode habitar neles e que lles vai permitir interrogarse sobre o papel que xogan neste mundo convulso. Permitiralles coñecerse mellor e afrontar a complexidade da vida.
     
     Por iso este volume se fai imprescindible. Hai moita reflexión nel. Hai moita acción nel. Hai moitas canles que se descobren nel.
     
Yolanda Castaño
     
     Yolanda Castaño pon o acento na necesidade de rachar prexuízos en relación coa poesía e salienta a capacidade que esta ten para que exploremos os máis fondos sentimentos. Afirma que a poesía é a linguaxe literaria máis cualificada, expresivamente ambiciosa, rica,suxestiva, concentrada, sintética. A palabra menos superflua, a levada á súa máxima estilización. E engade que é obvio que educar o gusto pola poesía require un tempo e un proceso.
     
     
Carlos Negro
     
     Carlos Negro segue a liña desmitificadora que ben coñezo (por telo visto/escoitado nalgunha ocasión) e denuncia que rara vez a maioría dos docentes merca un libro de versos por propia iniciativa. Tras interesantes reflexións e iniciativas sorprendentes, déixanos un decálogo intelixente para unha poesía que se cadra non existe. Un dos seus puntos é este: A revolución da poesía xuvenil consiste en fender estereotipos, mais non desde unha trincheira ideolóxica, senón desde a dinamita das emocións. Aí queda iso, para que se tomen as notas máis axeitadas.
     
Estíbaliz Espinosa

     
     Estíbaliz Espinosa conta que, segundo a súa experiencia en obradoiros con nenos, e da súa memoria de ser nena tamén, a única materia da infancia é a curiosidade, porque di que vimos a este mundo ávidos e intrigados e reivindica o rescate desa avidez e esa intriga como tarefa que non debemos esquecer. De aí que o seu texto se chame “Curioseando” e nos presente experimentos que parten de algo minúsculo ou  interesantes haikus matemáticos. Que nos fale da física dun relato ou que nos introduza na literatura dixital.
     
Celso Fernández Sanmartín

          Celso Fernández Sanmartín, que non é filólogo nin mestre de lingua e literatura, dá un enfoque ao seu texto menos práctico que os anteriores e axúdanos a reflexionar afirmando que a súa proposta  podería ser simplemente cultural e hermenéutica (de lecturas de poesía e preguntas), e esperar o salto dese resorte natural que nos leva a imitar e explorar para ser máis que lectoras e lectores. E incide por enfocar a atención sobre cada palabra, pois digo que tomada en por si cada palabra, e non expresamente combinada, podemos xa falar de poesía. Discurso denso ao que convén prestar atención.
     
Antía Otero

          Antía Otero aposta pola exploración das posibilidades da videocreación con enfoques poéticos. Mesmo comeza o seu texto con esta frase: Este artigo quere falar de videopoesía, mais iso é unha escusa para pararnos e observar moitas outras cousas. E penso eu que ese vén sendo boa parte do espírito poético: a observación de todo o que nos rodea que é moito e diverso. E a autora preséntanos traballos (derivas e apuntes) con ou sen cámara que dan unha nova dimensión ao acto creativo en relación coa poesía.
     
     
Dores  Tembrás
     
     Finalmente, Dores Tembrás preséntanos unha vía interesante, a dos graffiti e a súa relación evidente coa poesía e foxe, coma Antía Otero, dos esquemas tradicionais de creación. Cando a autora descubriu nun muro esta pintada. Eu queríate / e ti botáchelo todo a perder, sentiu que era o detonante para decidirse a traballar con graffiti e poesía.E afirma que é necesario, para o fluír do obradoiro, tentar eliminar prexuízos ou preconceptos sobre o que ten ou non que gustarlles, o que se considera ou non POESÍA. E defende o anonimato do graffiti porque favorece a liberdade de opinión e pernmítelle conducir os motivos para explicar a construción do poético. Completan o seu texto propostas vivas que o mesmo se deteñen no binomio fantástico de Rodari que nas grandes palabras de W. Szymborska.
     

     O volume ofrece, ademais, unhas pequenas biografías dos autores e autoras dos ensaios, con senllas bibliografías e, nalgún caso, con ligazóns para ilustrar o explicado.
     
     Un libro indispensable se queremos explorar camiños que leven o noso alumnado a sentirse motivados e poder entender as moitas caras que a creación poética posúe. Un libro para reflexionar e para exercitar. Para ilusionar e enriquecer.
     
     Un acerto este Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta nas aulas, de Apiario. Un paso adiante no labor de achegar o feito poético a pequenos e maiores.
     
     Cada vez existen menos escusas para seguir afirmando que aos nenos non lles gusta a poesía.


                                                                                              ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO



lunes, 10 de febrero de 2014

FIESTRA ABERTA (3) POEMAS QUE VOAN COMO PAXAROS DE LUZ






 Abrimos, unha vez máis, a nosa fiestra.
Xa está! Aberta para que entren as vosas voces con palabras.
Aberta para que as raiolas con forma de versos alumen un tempo gris tanto no social coma no meteorolóxico.
Encántanos que nos cheguen os vosos esforzos, porque dan vida aos xardíns murchos que, demasiadas veces, temos que contemplar.
Porque as flores perden as súas cores con demasiada frecuencia e precisan das vosa apertas poéticas.
Porque sempre, sempre nos quedará a palabra. Un tesouro que debemos gardar dentro de nós, darlle cariño e crear con ela bicos de luz.



Así  que hoxe atravesaron a nosa fiestra uns poemas de Miguel, de Juan, de Katerine, de Iriana e de Dana, que aproveitaron unha sesión poético-musical (Andrés Calamaro e Los Secretos), dentro da materia de Lingua Española, no Colexio Possumus, para crear e expresar sentimentos moi fondos. Parabéns!

Tamén celebramos o poema conxunto escrito e representado polos rapaces de 1º do CEP “Marcos da Portela” trala lectura de diversos poemarios. Que enorme pracer!
Tamén Alba, de 6º B, do mesmo centro, escribiu e debuxou un fermoso poema que fala do sol.

Luis R. Santos, pola súa banda, mira cara ao ceo e detense nas nubes.

E para rematar, Galicia, a súa muiñeira, son o tema e a ilustración dun poema magnífico, co que Paula nos agasalla.
Parabéns sinceros a todos eles e, xa sabedes, a nos fiestra sempre está aberta para que a traspasen palabras coma pombas.
Ata..máis poesía!!!















Cuando no estás, me paso el día contando minutos.
Cuando no estás, noto que estoy en un profundo abismo
y no encuentro ningún lugar tranquilo.
Cuando no estás, me siento perdido
y cada paso que doy es un infierno.
Cuando no estás, me siento inseguro.
      
                                                             Miguel González Baamonde









Cuando no te vi
en casa,
se convirtió mi vida
en un laberinto oscuro.
Mi corazón, en una casa abandonada.
Mi alma, en un hoyo sin fondo
y mis recuerdos quemados
por un fuego
que nunca llegó a arder.
     
                                                                Juan López Alonso







Estoy esperando que vuelvas,
ni me llamas, ni te interesas.
El viento y la luna
ya ni se preguntan
por tu inocencia
 

  ---------- oOo------------------

Un laberinto oscuro
de mi presencia bravía
alejándose a lo largo de una voz
renaciendo en un sentimiento
que memoriza su nombre
dejando un dolor inmenso
en su baúl por corazón.



                                      Katerine Isaza  Guevara 









Estoy esperando que vuelvas
y que estés siempre conmigo.
Que los pájaros vuelen
sirviéndome de abrigo.
Para que siempre me alejes
de las lluvias y del frío.
Borrando rosas secas
de un lienzo vacío.

                             Dana Lucía Rodríguez Lozada





Déjame

porque quiero estar sola.
Déjame,
porque las nubes no lloran.
Déjame,
porque yo no tengo prisa.
Déjame,
porque perdí tu sonrisa.

                                                     Iriana Cabaleiro Piñeiro












NUBES


Nubes.
Panos andando polo mar do ceo.
Verquen pingas de cansazo.
 
Chiscan os ollos
    que non teñen.

Queren parecer (e consígueno)
siluetas que coñecemos
do noso entorno mudo.

Nubes.
Ilusións perdidas.

                                Luis R. Santos