miércoles, 14 de septiembre de 2022

"POR ESO QUISE QUE MIS VERSOS FUESEN DE AGUA": UNHA CONFERENCIA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO EN JALEO´22

Mar Benegas presenta a conferencia.




Foi unha experiencia fantástica. Un, que leva participado en innumerables xornadas, congresos e actos literarios e pedagóxicos, sentiuse sorprendido pola organización deste evento.

Todo funcionou coma un reloxo. E a calidade dos relatorios, dos obradoiros e das presentacións resultaron máis que atraentes e dun enorme interese.

 

     Estas Jornadas de Animación a la Lectura, Escritura y Observación, celebradas en Valencia (Alboraia) do 12 ao 15 de xullo e que responden ao nome de JALEO, impresionáronme pola calidez, o afecto e a seriedade con que se desenvolveron.

 

     Un grande equipo dirixido por Jesús Ge, Mar Benegas, Silvia García e Ceci Cupello foi o eixe principal para que os asistentes sentísemos que estabamos nun lugar privilexiado, tanto humana coma fisicamente, pois o Monasterio de San Miguel de los Reyes, o lugar onde se desenvolveron as xornadas, é un lugar moi especial e dunha beleza extraordinaria.

Todo funcionou de marabilla e sentimos axiña a maxia da literatura.


 

     O meu cometido nestas Xornadas era impartir dous obradoiros poéticos e dar unha conferencia o derradeiro día.

O título da mesma respondía ao meu percorrido poético-vital a través dos anos, nos que a miña poesía se foi configurando. O seu título, “Por eso quise que mis versos fuesen de agua”. Presentada con moito agarimo por Mar Benegas, debo recoñecer que me sentín moi próximo en afectos ao auditorio.

E resulta que, sen sabelo eu, a miña admirada Reme Gadea gravou o meu discurso e hoxe Versos e aloumiños preséntao na súa totalidade. Aquí o tedes.

Grazas, Reme, por seres tan agarimosa.