lunes, 21 de abril de 2014

FOISE "FURACÁN" CARTER. AGORA, QUÉDANOS, ADEMAIS DA SÚA LEMBRANZA, UNHA MEMORABLE CANCIÓN



Rubin Carter

       A súa vida foi tormentosa. Existencia turbulenta. Vítima, como tantos negros nos EE.UU., do racismo e a pobreza.
      
       Atracos e delictos varios que o marcaron dende ben novo.
      
Á esquerda, boxeando contra o italiano Fabio.
 
       Boxeador. Reformatorio. Tartamudez inicial.
        
       Cárcere. Un monicreque coas cordas da vida que rachan e que o converten nun farrapo.
        
Culpables, nun segundo xuízo.
       A posibilidade de ser campión mundial que esvaece.
        
       Case vinte anos na cadea, acusado, co seu amigo John Artis, dun triple homicidio que non cometeu.
        
       Detector de mentiras pasado sen problemas.
        
Con Muhammed Alí

       Testemuñas que non os recoñecen coma os executores do triple crime.
        
       Un caso que chama a atención de persoas coma Muhammed Alí e Bob Dylan.
       
 Dylan visítao na prisión, fala con el e convéncese da súa inocencia.
        
Bob Dylan visita a Carter na cadea.

       O cantante de Duluth realiza unha serie de concertos para expoñer o seu caso.
            


       Escribe unha magnífica canción de máis de oito minutos, “Hurricane”, na que conta a crónica dunha inxustiza fatal. Está incluída no seu LP “Desire”. Canción de moito éxito.

        
       Rubin “Furacán” Carter, que ese é o seu nome, foi liberado polas xestións dunha adolescente negra, que convenceu a un grupo de
canadenses, entre os que se atopaban os avogados Friedman e Beldock, para que fixesen unha campaña na procura da liberación de Carter. A campaña deu os seus froitos e en 1985 un xuíz federal ditaminou que no primeiro dos dous xuízos houbo evidencias nidias de racismo, coaccións e manipulacións por parte da Fiscalía.
        
Imaxe dun dos concertos promovidos por Dylan.
       Rubin Carter abandonou o cárcere e viviu en Canadá.
        
       Converteuse nun activista pola liberación de presos condenados por crimes que non cometeran.
Dirixíndose ao público, coma activista social.

         

       Norman Jewison dirixiu a película “The hurricane”, protagonizada por Denzel Washington, sobre a súa historia.
        
                     Velaquí un trailer da mesma:
       


       O propio Carter escribiu unha segunda autobiografía ao saír da prisión.
       
       Acaba de morrer en Ontario, dúas semanas antes de cumprir os 77 anos.
        
       Definitivamente, Rubin “Furacán” Carter perdeu o seu derradeiro combate.

Con Nelson Mandela.
          
        Escoitemos a canción na voz de Bob Dylan neste vídeo, que inclúe subtítulos en español.




                Unha estremecedora canción de denuncia. Densa pero clara. Reivindicadora da xustiza e do antirracismo. Unha música que te transporta.

               Unha crónica de enorme magnitude.

               Un testemuño devastador, que debería arrubiar o sistema e aos quen o manteñen.

               Un navallazo á hipocrisía e á  moral segregacionista dunha parte do pobo estadounidense.


Con Bob Dylan, unha vez libre.

                   
                                                                                                                                                             Antonio García Teijeiro

domingo, 20 de abril de 2014

PACO IBÁÑEZ CANTA EN FUENLABRADA. UN CONCERTO EMOCIONANTE.



    Foi en Fuenlabrada. Non quixo cantar en Madrid. Paco Ibáñez non canta en ningunha cidade onde goberne o PP. A dignidade levada, coma nel é habitual, ata o límite. Paco Ibáñez é único. Unha persoa irrepetible.
      
       Tiña que estrear en directo o seu marabilloso “Paco Ibáñez canta a los poetas latinoamericanos” na Comunidade de Madrid. Así que escolleu Fuenlabrada.
      
       E ata alá fomos. Estivemos dous días en Ugena, na casa de Lurdes e Juan Carlos. Que momentos tan entrañables os que alí pasamos! O seu agarimo e a súa hospitalidade teñen a cor do mar, a suavidade da seda e a beleza do arco da vella.

              O concerto celebrouse o sábado 12 de abril no Teatro “Tomás y Valiente” de Fuenlabrada, completamente cheo. Esgotáronse as localidades. Para que logo digan que Paco non enche. Interesa e moito, malia que os xornais silencian os seus concertos, as súas xiras. Aínda existe moita xente que o adora, que  lle fala, que lle di o que significa para eles. E el, amable, ten palabras para todos, posa con quen llo pide, dedica discos, pese ao cansazo dunha actuación de máis de dúas horas. E a piques de cumprir os oitenta anos! Un fenómeno!
a
Entradas esgotadas
      
       Este concerto tivo algo especial para min. Sei que canta Que ocorre na terra? en cada concerto que dá. E Fuenlabrada non foi a excepción.Xa forma parte do seu repertorio, un feito que me fai sentir moi fachendoso e que debería ser tido en conta polos galegos en xeral. Despois, na cea, seguiu coa teima de que lle gustaría facer un disco na nosa lingua. Lembreille a fermosa canción “Chove” que cantou algunha vez en público (e a min en privado) sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro. E Paco comentoume que lle deu moita pena que non a puidese chegar a escoitar Moraima, a quen lle presentei nunha estadía do trobador en Vigo.
Paco Ibáñez cantando "Que ocorre na terra?"
       
        Dicía que houbo algo especial neste concerto que me sorprendeu e, sobre todo, me emocionou. Ao remate do mesmo, Paco convidounos a subir ao escenario a Elisa Serna, Fanny Rubio (autora do poema “El rey Almutamid” do que fixo unha canción moi belida) e a min. E alí, xunto cos seus músicos, no escenario, cantamos con el “Andaluces de Jaén” e “A galopar”, co público posto en pé, cantando entusiasmado e aplaudindo con calor. Algo inesquecible. Algo para que permaneza para sempre no meu corazón. Un momento indescritible, máxico, ateigado de sensacións emotivas que non se poden expresar con palabras.
      
Momento no que Paco Ibáñez presenta a Fanny Rubio e mais a Antonio G.Teijeiro.
        
       Magníficos os músicos que o acompañaron no concerto.
       César Stroscio, bandoneón. Un auténtico mestre.
       Mario Mas. Que maneira de tocar a guitarra!
       Gorka Benítez co saxo tenor e Horacio Fumero co contrabaixo fixeron as delicias do público.
      
Antonio con César Stroscio, un mestrte do bandoneón.
       En definitiva, un espectáculo que quedará para sempre gravado no máis profundo de min.

    Esta é a letra do poema “El rey Almutamid” de Fanny Rubio e o vídeo de Paco Ibáñez cantando tan fermosa canción nun concerto de 2008.



Soñaba en su lecho el rey
soñaba de madrugada
que entre las ondas del río
buscaba manzanas blancas.

Noche de miedo en Sevilla
O rei Almutamid
víspera de la batalla.

Y el rey Almutamid
en el sueño contemplaba
la dulce fruta de nieve
que en los espejos temblaba.

Noche de miedo en Sevilla
víspera de la batalla.               

En Sevilla, Almutamid
abrió los ojos al alba
cuando el sol enrojecía
en la ventana más alta.
Y ni amanecer halló
ni arrayán bajo la almohada
ni del agua el dulce nido
donde vio manzanas blancas.

Noche de miedo en Sevilla
víspera de la batalla.


Remate do concerto.


                                                                                       Antonio García Teijeiro

viernes, 18 de abril de 2014

ESCAPARATE POÉTICO (XXXV). Pablo García Casado




PABLO GARCÍA CASADO  (Córdoba, 1972)



LA NAVAJA

las palabras son basura
armas gastadas por el uso inofensivas

Pablo García Casado
como una navaja de papel de aluminio



RITOS

los recuerdos son facturas a tu nombre
sé que el adiós tiene su rito y el tuyo
es dejarme vacía la despensa de los sueños

a veces me pregunto qué hicimos mal
te mandaré flores cada otoño puedes venir
por las facturas al menos las de la luz

estoy a oscuras por culpa de tus ritos




PUZZLE

yo tengo una tristeza se llama desempleo

destruye corazones vacía los depósitos
despunta las flechas de ese arquero que corre por los bosques
y cierra las oficinas postales
yo tengo una tristeza de fábricas en ruina
                                                           una tristeza
inútil como un puzzle  como un mapa sin norte




SWEET JANE


                                                                           lou reed

yo he vivido mucho tiempo pendiente de un hilo
telefónico de un buzón sin cerradura de las manos
de unos hombres que no quisieron encontrarme

acumulando toda clase de pastillas esquivando
como pude los domingos por la tarde yo he vivido
demasiado tiempo al otro lado de la pantalla

mirando el amor por los anuncios









(Del libro Fuera de campo. Poesía reunida, editado por Visor, 2013)

martes, 15 de abril de 2014

DESCUBERTAS FONOGRÁFICAS ( X ) . LEE WILEY



No universo do jazz varias son as cantantes que acadaron renome grazas ás súas voces únicas e ás súas interpretacións acompañadas por algúns dos jazzmen máis importantes da historia. Estas mulleres, sen quen a historia do jazz tería sido ben diferente, van dende Billie Holiday e Ella Fitzgerald ata Sarah Vaughan e Carmen McRae, sen esquecer, por poñer un exemplo, a máis actual Diana Krall. Pero unha delas fica hoxe inxustamente esquecida, a pesar de ter sido unha das vocalistas máis anovadoras e interesantes entre as que adicaron a súa carreira ao jazz. E non foi por falta de talento, senón, como veremos, máis ben por mala sorte. Debido precisamente ao certo esquecemento no que se atopa, recuperámola hoxe para a nosa nova descuberta fonográfica, pois a calidade da obra que nos deixou ben merece ser lembrada, escoitada e gozada. O nome desta dama do jazz é Lee Wiley.

Nos estudios radiofónicos da CBS
Wiley está vencellada á cidade de Nova York, pero naceu en 1910 no estado de Oklahoma. Hai quen di que polas súas veas corría sangue cherokee, pero non queda moi claro se iso é unha lenda alimentada polos departamentos de publicidade das discográficas ou non. De calquera xeito, Wiley comezou a cantar sendo ben nova, e durante a década dos trinta participara xa en varias sesións xunto a algúns dos nomes máis salientables do jazz da época, dende os irmáns Tommy e Jimmy Dorsey ata Glen Gray ou Johnny Green. Escoitando as súas gravacións destes anos, ás veces semella que escoitamos ecos de Billie Holiday, pero non está claro quen influíu en quen; Wiley admiraba a Lady Day, pero sempre mencionou a Ethel Waters e Mildred Bailey como as súas principais referencias musicais. O maior problema de Wiley foi a fraxilidade da súa saúde: na súa etapa de máis éxito descubriu que sufría un principio de tuberculose, e iso, nos días en que esta era aínda unha doenza incurable, fixo que tivese que reducir as súas actividades profesionais.

Con Eddie Condon (esquerda) e Bobby Hackett (dereita)
Pero non deixou de gravar, e cara a finais dos anos trinta converteuse nunha pioneira do que despois sería coñecido co nome de songbook, é dicir, un álbum adicado exclusivamente a cancións dalgún dos compositores americanos máis importantes. Isto chegou a ser algo moi común a partir dos anos cincuenta, especialmente trala serie de magníficos discos deste tipo que Ella Fitzgerald gravou para Verve, pero a primeira en facelo foi Lee Wiley, que creou songbooks de Cole Porter, George Gershwin, Richard Rodgers e Lorenz Hart, e Harold Arlen. Estes álbumes son pequenos tesouros, non só pola interpretación chea de sensibilidade de Wiley, senón tamén pola calidade dos pequenos grupos que a acompañan, formados, entre outros, por músicos da altura de Eddie Condon, Bunny Berigan, Fats Waller, Joe Bushkin ou Pee Wee Russell. Todos estes songbooks atópanse nun CD cuádruple titulado Manhattan Nights – The Complete Golden Years Studio Sessions, que por desgraza, está agora descatalogado.

Na época dourada do elepé, os anos cincuenta e sesenta, a discografía de Wiley vólvese moito menos prolífica, o que é unha verdadeira mágoa. Pero todo o que gravou nestes anos é sumamente interesante, especialmente os álbumes West of the Moon (de 1956, con fermosos arranxos de Ralph Burns) e A Touch of the Blues (de 1957, acompañada pola orquestra do excelente trompetista Billy Butterfield), ambos os dous imprescindibles. Todos os discos de Wiley son interesantes, pois é unha desas raras vocalistas que nunca fixeron unha mala gravación, pero o disco máis recomendable para quen desexe adentrarse na súa música—e o primeiro que eu escoitei dela—é o dobre Complete Fifties Studio Masters (Jazz Factory), que inclúe, entre outras cousas, unhas marabillosas sesións de comezos dos cincuenta nas que está acompañada por Bobby Hackett á corneta. O lirismo dos arranxos e a sensualidade da voz única de Wiley son verdadeiramente engaiolantes, sobre todo nas súas versións de clásicos coma “Manhattan”, “I’ve Got a Crush on You”, “Sugar”, “A Woman’s Intuition”, “A Ghost of a Chance”, “Any Time, Any Day, Anywhere” e “Street of Dreams”. Ninguén canta estas pezas coma Wiley, e podo asegurarvos que se as escoitades, ides querer atopar máis discos desta muller, que, sen dúbida, é unha das grandes vocalistas da historia do jazz e merece maior recoñecemento. Despois de completar o elepé A Touch of the Blues, Wiley non gravaría máis nada en máis de dez anos, e falecería en 1975 na súa querida cidade de Nova York.

Durante unha sesión de gravación con Max Kaminsky (esquerda) e Joe Bushkin (dereita)

Como diciamos, Lee Wiley foi unha das grandes damas do jazz, pero a diferenza da meirande parte das outras vocalistas (Holiday, Fitzgerald, Vaughan e compañía), non hai vídeos dela cantando na televisión ou en concerto, a pesar da popularidade da que gozou no seu momento. Por iso, déixovos aquí cunha gravación do seu songbook adicado a Rodgers e Hart: a fermosa balada “Glad to Be Unhappy”, cunha magnífica letra de Lorenz Hart na que nos di que está feliz por sentirse triste.


                                   ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ