domingo, 13 de enero de 2013

A luz das palabras (3): Manuel Veiga

A terceira aportación á sección A luz das palabras, vén da man do escritor e xornalista galego Manuel Veiga, a quen convidei a participar no blog, mentres “tomabamos un café”. Manuel Veiga é un extraordinario lector e nas lecturas tan escollidas que fai, estuda as formas, as claves, os enfoques, a temática. Un verdadeiro lector literario. Por iso, as súas obras son diferentes, chega a mesturar xéneros e estase convertendo nun dos máis orixinais autores da narrativa galega actual.

Gustaríame que se lles prestase atención a tres novelas que me parecen importantes: O exiliado e a primavera, coa que gañou en 2004 o Premio Xerais; Lois e Helena buscándose un día de tormenta (2006), publicada por Galaxia, Premio Manuel García Barros, e O profesor de vegliota (Edicións Xerais, 2008). Novelas literarias que convén coñecer.

Tamén en 2012 tirou do prelo, o xa comentado, Do G ao Z. Diccionario indignado e humorístico (Ed. Xerais).

O texto, co que nos agasalla, é puro Manuel Veiga, pola súa calidade, a crítica que envolven as súas palabras e a fina ironía, tan típica deste magnífico escritor.


Notas sobre a literatura futurista

O meu avó, quizais porque viviu a época do auxe da aviación, pensaba que nun futuro máis ben próximo as persoas serían capaces de voar por si mesmas, simplemente colocando un aparato, non sei se cunha hélice, debaixo de cada brazo.

A pesar deste interese humano e natural por imaxinar o que sucederá dentro de vinte, cincuenta ou talvez cen anos, o futuro como escenario narrativo encóntrase presente na literatura só dun modo marxinal ou secundario e sospeito que existen poderosas razóns para que así sexa.


Hai poucos días, dispúñame a ler Ola América, novela de J.G. Ballard, un dos autores de ciencia ficción máis valorados polos seguidores deste xénero. A trama transcorre case cen anos despois dunha gran crise enerxética que transforma o continente americano nun deserto. Pero velaí que, xa na terceira páxina, un encóntrase con que as columnas xemelgas do World Trade Center, entre outros edificios característicos de Manhattan, continúan dereitas. Nese momento, percibín como se rompía esa complicidade que eu, como lector, debería ter mantido coa historia que estaba lendo.

Pouco tempo despois, tiven nas mans Algo supostamente divertido que nunca volverei facer, de David Foster Wallace, un libro que non cabe adscribir á ciencia ficción, nin sequera á ficción, pois trátase dunha longa reportaxe verídica, realizada orixinariamente por encargo dunha revista. Na páxina 126, edición de peto, leo: “O capitán explica que o barco usa algo que se chama GPS: Este Sistema de Posicionamento Global emprega todo o tempo os satélites do ceo para coñecer a posición e entón dálle o dato ao ordenador”. Cantas explicacións! Penso. Miro a data da obra, é de: 1995. Ese ano, o GPS aínda era un aparato practicamente descoñecido para os norteamericanos.


Venme entón á cabeza algo que se ten recordado bastante, ultimamente: ningún libro de ciencia ficción do século XX foi capaz de imaxinar un obxecto, que hoxe nos parece tan simple, como o teléfono móbil.

Cando na actualidade lemos esa recompilación panorámica titulada O futuro, unha visión do ano 2000 desde o século XIX, elaborada por Isaac Asimov, dámonos conta de que as súas ilustracións e textos dinnos infinitamente máis da época na que foron realizados, é dicir de hai uns cen anos ou máis, que do ano 2000. Estamos ante unha obra curiosa, agradábel de mirar e de ler, pero que non presenta ningunha anticipación ou parecido co fin do milenio. Son textos e imaxes que, aínda que precedidas ás veces polo epígrafe “No ano 2000” e aínda que a súa vocación fose futurista, hoxe fálannos, de modo evidente, de como era o século XIX. O seu acerto preditivo é case nulo.


Creo que só existe un libro na historia que acertou, en boa medida, ao describir o que anos, incluso séculos, máis tarde ía suceder. Trátase do Vello Testamento. Se admitimos que o Novo Testamento conta algo que ocorreu realmente, como é a vida de Xesucristo e todo o demais, entón debemos admitir tamén que o Vello Testamento é un libro que acerta, nunha porcentaxe elevada, nos seus vaticinios, dado que alí xa se fala de que virá un Redentor, que se encargará de salvarnos, etc.

Ora ben, desde un punto de vista que podemos chamar agnóstico ou simplemente histórico, debemos aclarar que o mérito dos acertos non é dos autores do Antigo Testamento, senón dos que redactaron o Novo, que xa coñecían o que fora escrito antes e simplemente procuraron adaptarse, confirmando así a profecía, ao estilo do guionista da segunda época dunha serie que debe seguir a estela xa trazada polo guionista que o precedera nos capítulos anteriores.

Manuel Veiga

jueves, 10 de enero de 2013

Dos poemas de Antonio García Teijeiro en la voz de Carmen Cano

Carmen Cano, una española que vive desde hace años en Múnich, cantando música clásica, poniéndole música a poemas que le gustan, ha compuesto estas ocho canciones, de las cuales "De ola en ola" y "Conjugando deseos" son de Antonio García Teijeiro. La primera proviene de su libro Volando por las palabras (Edelvives), y la segunda se encuentra en Viene el río recitando (Ed. Algar). Podéis escucharlas haciendo click en los títulos correspondientes en el reproductor que aparece debajo de estas líneas. Además, incluimos los textos de los poemas, extraídos de los libros citados (hacer click en cada imagen para aumentar su tamaño).


Ilustración de Arcadio Lobato


Ilustración de Carme Peris


A luz das palabras (2): Carles Cano

A segunda colaboración desta sección, é  de Carles Cano, unha persoa encantadora, desas que che contaxian o sentido do humor e da ironía. Un autor cunha longa traxectoria ao longo dos anos nisto da chamada LIX. Unha chea de libros nos que domina o sentido humorístico, case tolo nas páxinas que escribe e que nos fan rir e ver o mundo dunha maneira máis optimista. Encántanme os diversos e moi variados libros de Carles. Escritos en valenciano, están traducidos a varios idiomas. Encántame a súa maneira de ser tan aberta e próxima a todos aqueles que o tratamos. Un amigo de verdade.

Haberá máis adiante unha nova entrega deste autor, arredor da poesía visual. Será algo que vai sorprender a moita xente. Algo que a min me deixou abraiado e que compartirei cos lectores de Versos e aloumiños. Será comprender outra maneira de crear poesía. Tempo ao tempo.

Por certo, non deixedes de ler Capgirell, l'illa llibre (Columbeta, la isla libro) editado por Anaya e cunhas marabillosas ilustracións do gran Miguel Calatayud. É unha verdadeira xoia.

Así que, aquel home que un día se achegou a min nunhas Xornadas en Gençana (Valencia) para que lle asinase Versos de agua cunha ilusión incrible, era este home que eu xa admiraba sen telo coñecido.Tras a sorpresa inicial, deume unha alegría con catro palabras: "Ola, son Carles Cano", démonos unha forte aperta e iniciamos unha amizade da que eu me sinto moi fachendoso.

Lede, lede, por favor, a este escritor, contacontos... Un escritor que dá obradoiros e cursos sobre lectura, conferencias etc.

De verdade, un home xenial.

¿Qué es para mí la poesia? Sobre todo un juego, un juego mágico de palabras y sentidos, una partida en la que a veces gana el fondo, el sentido, y a veces la forma, el sonido, la música del lenguaje. Me gustan las carambolas, los ¡Clinc!, ¡Clonc!, los ¡Chin!, ¡Chin! que hacen las palabras al chocar, al rozarse, al frotarse unas con otras, y que el poema cante, cuente algo, una pequeña historia aunque esté escondidita tras una metáfora audaz. Entiendo la poesia como un sencillo, aunque maravilloso, truco de prestidigitador, en donde el mago, el poeta, hace un pase de manos y nos descubre una nueva manera de mirar algo que ya habíamos visto muchas veces antes, pero nunca así, de ese modo, y hace que nuestros ojos se abran, y se llenen de luz. Un buen poema siempre parece recién sacado de la chistera de la imaginación, y cada vez que me encuentro uno me hago la misma pregunta: ¿Cómo demonios lo han hecho?



ODA A LA BOTIFARRA

(A la manera d’Estellés)


Res no m’agrada tant com les botifarres,

Però no totes per igual,

m’agraden molt les botifarres de ceba.

Negres, com cal, i amb pinyons si pot ser.



Ja em poden contar les delícies

i meravelles de les botifarres d’arròs,

de fetge o de creïlla, d’ací i d’allà,

jo em quede amb les de la terra,

les de Benifaraig o de Xàtiva

les d’Alcoi, Bétera o d’Ontinyent,

de Requena o la Vega Baixa;

per bé que no desprecie,

En absolut,

les que fan un poc més enllà del Segura.



M’encisa quan esclaten a la paella i

l’interior es vessa i es torra,

i es queda cruixent,

i el gustet que deixen en l’oli

que suques amb el pa.



Em recorden la infantesa,

una de les poques coses bones

que menjava al col•legi de pobres

on estudiava. Perquè són això:

Un ric menjar de pobres.



S’han de menjar entre pa, a soles,

o amb alls tendres, col, faves o, fins i tot,

acompanyada de pimentonets verds fregits,

però mai amb tomaca,

que les amolleix i les desgracia.



Ara , per a mi, són quasi tabú,

menjar prohibit,

però quan em passe per baix cama

totes les prudències i recomanacions

i aprete una botifarreta

dintre un pessic de pa,

tanque els ulls i evoque

l’esclat de felicitat que m’envaïa

els dies que en anar cap al menjador

sentia l’oloreta d’aquelles meravelles

sequetes i olioses de Xirivella.


Carles Cano



CANTO A LA MORCILLA

(Pequeño homenaje a Vicent Andrés Estellés)


Nada me gusta tanto como las morcillas.

Pero no todas por igual,

me gustan mucho las morcillas de cebolla.

Negras, por supuesto, y con piñones si puede ser.



Ya me pueden contar las delicias,

las maravillas de las morcillas de arroz,

de hígado o de patata, de aquí y de allà,

yo me quedo con las de mi tierra:

las de Benifaraig o de Xàtiva,

las de Alcoi, Bétera u Ontinyent,

de Requena o de la Vega Baja;

Aunque no desprecio,

En absoluto,

Las que hacen un poco más allà del Segura.



Me encanta cuando revientan en la sartén,

y el interior se desparrama y se frie

y se queda crujiente,

y el regusto que dejan en el aceite

que mojas con el pan.



Me recuerdan la infancia,

una de las pocas cosas buenas

que comía en el colegio de pobres

donde estudiava. Porque son eso:

Un rico manjar de pobres.

Se han de comer entre pan, solas,

o acompañadas de ajos tiernos, col,

habas e incluso pimientos verdes fritos,

pero nunca con tomate,

que las ablanda y las desgracia.



Ahora, para mi, son casi tabú,

manjar prohibido,

però cuando me paso por bajo pierna

todas las prudencias y recomendaciones

y aprieto una morcillita

dentro de un pellizco de pan,

cierro los ojos y evoco

el estallido de felicidad que me invadía

los días en que al ir hacia el comedor

me llegaba el olorcillo de aquellas maravillas

sequitas y aceitosas de Xirivella.



¿QUÉ ES POESÍA?

(pequeño homenaje a Bécquer)



¿Qué es poesía? Dices mientras clavas

mi cuerpo con un alfiler a una cartulina.

¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?

Poesía era yo, pedazo de bestia:

Una mariposa trazando caminos de colores

por un jardín en flor.



Què és poesía?

Què és poesia? dius mentre claves

el meu cos amb una agulla a una cartolina.

Què és poesia? I tu m'ho preguntes?

Poesia era jo, tros de soca:

una papallona filant camins de colors

per un jardí en flor.

Carles Cano

miércoles, 9 de enero de 2013

A luz das palabras (1): Juan Kruz Igerabide

Con este título, imos dar comezo a unha serie de artigos e/ou mostras literarias daqueles escritores/ as que, polo que teñen que dicir sobre literatura, libros e demais, poden ser de interese dos lectores.
Haberá autores e autoras de todas as linguas do Estado que, libremente, reflexionarán por escrito sobre aquilo que lles interese, preocupe ou divirta.  Agasallarannos, tamén, con mostras literarias para un mellor coñecemento da súa obra. Ou, mellor dito, abrirán a porta das súas casas para que entremos nelas e coñezamos mellor o que escriben.

Comeza esta serie, o poeta vasco Juan Kruz Igerabide, home sensible, honesto, bo coñecedor da poesía, comprometido coa súa lingua e unha das referencias esenciais da poesía para nenos de todas as idades, adultos incluídos.

Coñecín a Juan Kruz, este é o seu nome, nunhas Xornadas en Donostia. Igerabide, este é o seu apelido, logo amosou a súa humanidade e foi moi doado conectar con el. Máis tarde veu a experiencia marabillosa de Trobalinguas, promovida por Sara Moreno cun enorme entusiasmo. Catro poetas: Miquel Desclot (en catalán), Juan Kruz Igerabide (en éuscaro), Ana María Romero Yebra (en castelán) e eu mesmo (en galego) percorremos moitos lugares de España e, incluso, Lisboa onde se sumou Jorge Letría, recitando poemas nas catro linguas, ademais do portugués na cidade lusa. Foi unha experiencia conmovedora, gratificante, na que se demostrou que existe máis sensibilidade cara ás linguas que se falan  en España da que moitos se empeñan en manipular. Trobapaz foi o segundo proxecto de similares características. Nel foi engadido o árabe cos poemas de Abdul Hadi Sadou, pero a crise non permitiu tantos recitais como no proxecto anterior.

Foi unha mágoa, porque todos sentimos que estabamos sumando sen perder, en ningún momento, as características lingüísticas nin a maneira particular de escribir poesía. Aprendimos moito con estas dúas actividades. Nas distintas viaxes por España, a miña amizade con Juan Kruz seguiu medrando e hoxe en día está máis que consolidada. É un gran poeta, pero, sen dúbida, é unha persoa dunha amabilidade sen par. Magnífico conversador un pode estar escoitándoo e deixar que o tempo pase.

E isto é o que aporta a esta sección que nace con intención de descuberta e para que os lectores e lectoras profunden nas ideas de persoas que teñen moito que dicir.



Poética/mina/da


He tomado partido por la poesía, poesía hasta mancharme, enfangarme, no hay donde hacer pie, nado en el lodo, una brazada, otra, me elevo por momentos, caigo, plof, sigo nadando, me elevo de nuevo, se seca el barro al sol, cruje mi piel, me voy desescamando, brotan alas, llueve bajo una nube minúscula, bebo, me dejo caer en picado al barro, a repetir la operación, no maldigo la poesía de quien no toma partido, sino maldigo al partido que no toma poesía, poesía hasta mancharse, maldigo al partido que se mancha de todo menos de poesía.





Elur-zelaian

Elurrean pauso:

inoiz ez jakin

oina noiz pausatuko.



Paisaje nevado

Al pisar la nieve

nunca se sabe

si se hará pie.


Del libro Botoi bat bezala / Como un botón (Anaya, 1999)


Eztiurezko bertsoak

(Antoniori)



Urezko bertsoak

zure hatzetatik,

poesia bustia

errekastoen erritmoan

de Bastabales caminho

por la tarde calada,

itsasora bidean

Vigoko itsas adarrean aurrera

bihotz-zabalik,

bide eginez

adiskideen erraietan,

maite dituzunen barruetan,

oskorriari begira dauden begietan,

ez orban ilunari

laranja gozo bati baizik,

etsitzen ez duten begietan,

etsi ez, etsi ez.





Versos de aguamiel

(para Antonio)



Versos de agua

manan de tus dedos,

poesía húmeda

con ritmo de río

camino de Bastabales

por la tarde callada,

camino del mar

por la ría de Vigo

a corazón abierto,

camino de las entrañas

de tus amigos,

de tus seres queridos

y de los que miran al ocaso

no cual mancha lúgubre

sino apetitosa naranja

para ojos que no cesan,

que no cesan, que no cesan.


Juan Kruz Igerabide, inédito.

domingo, 30 de diciembre de 2012

Recitais: a emoción da poesía en voz alta

A lo largo de los muchos años que Antonio García Teijeiro lleva dedicados a la literatura, ha participado en múltiples encuentros y recitales destinados a promover la poesía y la creación literaria entre los más pequeños, los maestros, los educadores y el público lector en general. Recientemente, Antonio ha tenido la oportunidad de tomar parte en dos emotivos recitales poéticos, uno en Vigo y otro en Porto, junto con otros poetas como Juan Carlos Martín Ramos, João Pedro Mésseder y Vergílio Alberto Vieira. En el siguiente artículo, Antonio rememora lo vivido en dichos recitales, ilustrando sus reflexiones con algunos textos propios y otros salidos de la pluma de los demás poetas participantes. Presentamos el artículo en su versión original en lengua gallega.

Quen me coñece sabe da miña paixón pola poesía. Quen me coñece sabe da miña dedicación a ela. Sabe, quen me coñece, que veño loitando por facela visible, como autor e como divulgador. Sabe, ademais, dos meus esforzos tan variados como múltiples indo ás escolas para animar os alumnos e mestres a que estea presente nas aulas; e tamén dando conferencias, participando en mesas redondas, facendo viaxes por España, Miami, A Habana ou Colombia. Quen me coñece sabe que vou encantado por Galicia aos lugares máis recónditos participando en sesións de bibliotecas, organizacións dedicadas ao fomento da lectura, á asociacións de veciños ou medios universitarios.


E vou a estes sitios para apoiar e estimular a bibliotecarias/os, mestres e mestras que están a desenvolver labores marabillosos en situacións ben precarias, bastante desasistidos, pero cun entusiasmo que emociona. Homes e mulleres, convencidos de que os poemas xogan un papel importante na formación do seu alumnado.

Quen me coñece sabe que sempre ando con libros de poemas de moi distinto signo.

A poesía vén decote comigo. Preciso dela e endexamais me abandona. Quen me coñece sabe do esforzo que estou a facer para que os cativos comecen desde as primeiras idades a familiarizárense coa sedución dos versos.

E saben, tamén, que non son o único. Que hai outros/as poetas que están a pecorrer os mesmos camiños ca os meus. Somos persoas que cremos no que sentimos e intentamos para dignificar a palabra poética desde a LIX.

Quen me coñece ten ben claro que non deixo de repetir, a quen me queira escoitar, a necesidade de introducir a poesía na escola en voz alta, que os docentes responsables deben buscar poemas axeitados á características dos seus alumnos, que hai que contaxialos, que deben perder o medo e desbotar prexuízos persoais porque aos nenos e nenas lles gusta a poesía.Gozan con ela se se lles presenta con ilusión. E saben estes docentes que terán que cargar, demasiadas veces, coa incomprensión dos compañeiros e ese medo que amosan os adultos, en xeral, diante dos versos.

Quen me coñece sabe moi ben que afirmo, con rotundidade, que a poesía non se enseña, fíltrase, e que a tarefa dos mediadores/as non consiste en facer nenos poetas, senón seres que amen a poesía, como di o meu amigo e grande escritor, Gabriel Janer Manila.

Quen me coñece sabe que manteño o enorme poder da poesía, verdadeira literatura en estado puro. E esa que se vai filtrando pode facer que, co paso do tempo, chegue a intimar fondamente con aqueles que racharon a barreira do esforzo. Eses lectores e lectoras, léndoa, van coñecerse mellor e descubrirán con gozo ou con rabia, segundo a lectura e a personalidade de cadaquén , as diferentes arestas desta nosa sociedade.

E xa que falo da poesía en voz alta, teño que loar os diversos recitais que escritores/as fan ao longo dos meses en distintos lugares públicos.

Eu tiven a satisfacción de participar en dous moi especiais, un en Vigo no mes de novembro e outro a primeiros de decembro en Porto. Digo especiais, porque lemos en alto poemas infantís (ou para nenos de todas as idades) por unha banda; e pola outra, porque léronse poemas en galego, portugués e castelán. Foron dous actos dunha emoción e unha intensidade impresionantes. Dous actos que penetraron nos sentimentos de todos nós dunha maneira directa e gozosa.

O ambiente creado resultou indescritible. O efecto producido, púxonos en moitos intres, a pel de galiña. Silencios que seguían os versos recitados, atención máxima a todo o que alí se lía e dicía. Olladas cargadas de emoción. Parecía que o aire se cortaba e o tempo se detiña oíndo os poemas. A poesía xa non era nosa. Era de todos os asistentes. Unha mostra máis de que gusta escoitar poesía en voz alta. Dous actos nos que a palabra poética era compartida por todos e todas. Era a palabra poética a verdadeira protagonista dos eventos.

Dúas quendas de cinco ou seis poemas por autor, diferentes; cada un co seu estilo e a súa maneira propia de dicir os versos.

E antes de pasar aos actos, dicir que nas diversas mesas nas que participei me acompañou unha foto de Paco Ibáñez. Unha clara reivindicación a un home honesto, dedicado completamente á poesía e a quen, penso eu, non se lle deu o recoñecemento popular que merece. Coa súa guitarra segue a levar a poesía española, galega, en eúscaro e catalán polos escenarios de todo o mundo. Moitos quixeran soterralo pero é imposible. Enche os teatros e consegue unha comunicación co público autenticamente prodixiosa. É o triunfo da autenticidade. De aí a miña pequena homenaxe a quen eu considero o meu mellor profesor de literatura.

O recital en Vigo




NO ACTO DE VIGO, catro poetas, Vergílio Alberto Vieira, João Pedro Mésseder, Juan Carlos Martín Ramos e eu mesmo, lemos os nosos poemas dentro do marco das “I Jornadas internacionales de LIJ, promoción de la lectura y prácticas educativas”. Unha iniciativa da Escuela Universitaria CEU de Magisterio de Vigo e a LIJMI da Universidade de Santiago de Compostela. Debo salientar, chegado este punto, o labor de investigación seria que están a realizar Blanca-Ana Roig Rechou e o seu grupo de persoas que están a poñer os alicerces para que se estudie de maneira científica as obras dunha LIX galega que medra cada día que pasa. Vaia desde aquí o meu recoñecemento a elas polo seu entusiasmo e rigor. E non podo esquecer a José António Gomes (ESE. IPP. de Porto) polo seu traballo conxunto na Rede temática de Investigación “Las literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano”, polo seu saber e a súa capacidade de expoñer os diversos temas relacionados coa lectura. E quero aproveitar para facer un chamamento para que a interesantísima revista que dirixen ambos os dous, Malasartes, chegue a Galicia dun xeito normalizada. É unha publicación luso-galega , dun alto valor literario, que debería estar nos centros de ensino e bibliotecas do noso país.

Unha vez contado todo isto, anímovos a que leades algúns poema lidos no recital.

De Juan Carlos Martín Ramos o seu poema, "Poemamundi", do libro do mesmo título, editado por Anaya.

He soltado una bandada

de palabras

que atraviesan las nubes

y las fronteras,

Van y vienen

a merced de los vientos,

navegan por el cauce

de los ríos,

se enredan

en las copas de los árboles,

sobrevuelan montañas

y dejan sus huellas

a lo largo

de todos los caminos.

Algunas palabras

tal vez

se han perdido

en medio de la selva

o en el fondo del mar.



He escrito un verso

con palabras viajeras,

un verso alrededor del mundo.

Empieza y acaba en mi ventana,

salió de mis manos

sin rumbo fijo

y vuelve con el eco de otras voces

y otros latidos de la tierra.



De Vergílio Alberto Vieira, "Gatafunhos", do libro Sonhos de gato, editado por Editores Unipessoal, Lda. 7 días 6 Noites.

No planetário egípcio,

Os signos zodiacais

Esperam o ano propício

Das constelações boreais.



Sem atender ao efeito,

Todas as fases lunares

Formam un círculo perfeito

Em torno dos seus lugares.



Se o horóscopo indicasse

O que os deuses querem de nós,

Talvez o homem voltasse

A falar a uma só voz.



E agora tres pequenos poemas, moi fermosos, de João Pedro Mésseder, do seu libro Trocar as voltas ao tempo, editado por Edições Éterogémeas.



- Quantos meses tem o ano?

- Doze meses. Há que errar?

- Pois eu cá quería os doze

E mais um p´ra descansar.



………………



Quantas semanas num mês?

- Quatro ( e uns días sem salário…)

- Pois eu cá quería cinco,

p´ra estontear o calendário.

………………..

O tempo, sempre a correr,

nem tempo tem p´ra brincar;

alguém anda a não querer

que se pare p´ra pensar.



E agora un dos que lin eu, do meu libro Paseniño, paseniño, editado por Everest-Galicia.



Hai moitos ollos no mundo,

ollos ledos e baleiros,

pequerrechos, preguiceiros,

ollos tristes e profundos.



Ollos ollando os abrentes,

ollos con olladas frías,

ollos de noites e días,

olladas de ollos doentes.



Ollos claros e marróns,

azuis, negros, verde escuro,

ollos que baten nos muros,

ollos-corisco e limón.



Ollos das pombas feridas,

ollos limpos, meiguiceiros,

ollos que aluman carreiros,

ollos de olladas perdidas.



Hai moitos ollos na terra,

ollos ollando as olladas

doutros ollos e as moradas

de tantos ollos que berran.



Tras o recital, Juan Carlos Martín Ramos pediu a palabra para ler un poema alusivo ao acto que levantou fortes aplausos.

Reproducímolo aquí:



Facer click na imaxe para aumentar o seu tamaño

O recital en Porto


NO ACTO DE PORTO, houbo unha mesa redonda conmemorando os vinte e cinco anos do Premio Merlín de LIX. Nela participaron catro gañadores deste Premio (Ramón Caride, Fina Casalderrey, Antonio García Teijeiro e Marcos Calveiro). Tamén participou nela, o director de Edicións Xerais de  Galicia, Manuel Bragado. A presentadora deste acto foi Blanca-Ana Roig Rechou, quen falou cun agarimo enorme dos participantes. Os catro gañadores do Premio, explicaron o que supuxo para eles gañar un premio tan prestixioso e o director da editorial deixou clara a importancia deste premio no desenvolvemento da LIX galega. Ademais, leron poemas nun acto moi fermoso, tamén presentado por Blanca-Ana Roig Rechou, quen fixo unha loa entrañable de cada poeta, Vergílio Alberto Vieira, João Pedro Mésseder e Antonio García Teijeiro.


Unha nova oportunidade de escoitar a poesía na voz dos propios poetas. Algo que debería ser máis corrente do que vén sendo na realidade.

Leamos un novo poema do primeiro, do seu libro Sonhos de gato.

O poema chámase "O lugar dos gatos".


De todos, e cada um,

São, pois, os lugares pertença.

Já não ter lugar nenhum

É coisa que não compensa.



As coisas não têm lugar,

As pessoas lugar têm.

Telhados são para ocupar

Por gatos, e mais ninguém.



Uns privados, outros comuns,

Lugares, porém, todos são.

Só que os lugares de alguns

Existem por outra razão.



Dispor de lugar é , pois,

O que a um gato nem se põe.

Ás vezes vale por dois

O lugar de que dispõe.



Pôr-se no seu lugar, então,

É o que o gato sempre faz,

Com a melhor intenção

De que um gato é capaz.



Despois tocoume a min, ler os meus poemas. Vou poñer aquí dous poemas de Recendos de aire sonoro, editado por Edicións Xerais de Galicia.



Azulzul violeta

o son da trompeta

e o verde marrón

o do saxofón

e o gris e o laranxa

nos pasos da danza

e un negro sen fin

procura o violín

un branco de xeo

quere o violoncelo

grilandas de festa

envolven a orquestra.



E o segundo é unha pequena homenaxe ao meu admirado Bob Dylan.



Cunha guitarra na man

cantou o cambio dos tempos.

Buscou respostas na rúa.

Viunas soprando no vento.



E cerrou o recital, o poeta João Pedro Mésseder, de quen deixo aquí dous poemas do seu libro Pequeno livro das coisas, editado pola editorial Caminho S.A.



Primeiro barco

Um ramo dormia

á flor das águas.

Saído da gruta,

na margem sentado,

un homem hirsuto

olhava ese barco,

olhava sonhando…



E o segundo chámase "Velho banco de jardim". Di así:



De que arcos me faço,

que arcos me façem,

se visto de lado!

Sou mais do que um S,

sou quase uma lira,

se visto de lado!

Som como un harpejo,

no ar, inclinado,

um curvo desejo.

E se muitos em mim

aos pares se sentaram

foi só p´ra esperarem

o momento de um beijo.


O auditorio, case cheo, premiou a palabra poética. Foi moi conmovedor. Unha vez máis, a poesía EN VOZ ALTA traspasou a fronteiras da emoción.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO