Mostrando entradas con la etiqueta martín ramos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta martín ramos. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de enero de 2015

JUAN CARLOS MARTÍN RAMOS DÁ VOZ POÉTICA A "VERSOS E ALOUMIÑOS" TRAS CHEGAR ÁS 100.000 VISITAS.



Pintura de Benito Pérez Fernández. 2014

      
     Chegamos ás 100.000 visitas e paréceme un soño.
      
     Non é este un blog que se saiba vender nas redes. Nin tan sequera é un blog segundo costume. Non vai buscando notoriedade. Depende, fundamentalmente, do boca a boca. É un blog-revista porque nel se atopan artigos e colaboracións que non “caducan” coa actualidade.
      
     É un espazo para compartir, un verbo que me encanta. Non naceu con vocación de impresionar a ninguén, senón co desexo de integrar e divulgar opinións, noticias, reflexións, mostras literarias que, en voz baixa, se vaian filtrando suavemente no noso interior e que nos axuden a ser algo mellores. A palabra literaria, a música, a crónica, os vídeos, as noticias bañadas en humanidade, a cultura, en definitiva… teñen un poder balsámico evidente que, ás veces, se esquece.
      

     Versos e aloumiños non quere esquecementos desta índole. Quere vivir dentro das persoas sen protagonismos. Intenta acariñar, sacudir, remover, facer gozar, falar no oído, bicar, introducir calquera mostra de arte etc. dun xeito auténtico e entrañable.
      
     Versos e aloumiños está aberto ás persoas que teñan algo que dicir. Confluír neste espazo cultural é un dos nosos obxectivos principais.
     Penso que Antón García-Fernández o explicou moi ben. As miñas palabras sobran.
     Quero agradecer, iso si, a todos aqueles e aquelas que levan colaborando con este blog-revista. A todos estámoslles moi agradecidos. Este proxecto é daquelas persoas que crean no espírito aglutinador do mesmo.
      
Juan Carlos Martín Ramos
     E unha desas persoas é, sen dúbida, Juan Carlos Martín Ramos. Non vou falar del, pois é ben coñecido pola súa participación no blog-revista. Un home que non deixa de sorprender. Un home que cre nos valores da poesía e que nos agasalla a miúdo con textos abraiantes. E nesta ocasión, a desculpa foi o número 100.000. El, que se sente parte de Versos e aloumiños, envioume un correo ateigado de agarimo e de amizade, cualificándoo de “espazo de encontro, acolledor e xeneroso, para especialmente os que amamos a poesía, a música e tantas outras cousas que dan sentido á nosa vida…”
      
     Nese correo viaxaba un precioso poema, que aludía a ese número de visitas que tan felices nos fixo.
      
     Juan Carlos decidiu darlle voz ao blog e escribiu estes versos marabillosos que nos enchen de satisfacción e que lle agradecemos fondamente. Son un exemplo máis da humanidade que envolve este espazo.

 
Pintura de Benito Pérez Fernández. 2014.


                               
                           
                         LA VOZ DEL BLOG
                                                      
                                                          (Con motivo de las 100.000 visitas de “Versos e Aloumiños”)

                                              
                                               
 
                                      
                               Pasa sin llamar,
                               pasa, por favor,
                               es libre la entrada,
                               estás en tu blog.

                               Pasa y ponte cómodo
                               en cualquier rincón,
                               á luz das palabras
                               o á sombra de Bob.

                               Pasa y ya de paso
                               que se oiga tu voz,
 Benito Pérez Fernández.2015.
                               caza en mi ventana
                               un rayo de sol.

                               Pasa al fondo y quédate
                               conmigo, mi amor,
                               aquí siempre hay sitio
                               para ser tú y yo.
       
                               Pasa, que mis versos
                               e aloumiños son
                               el más fuerte abrazo,
                               la mejor canción.
                                               

                                                                                               JUAN CARLOS MARTÍN RAMOS





lunes, 17 de febrero de 2014

TRES POEMAS EN CANCIÓNS de "QUEDA LA MÚSICA" (Juan C. Martín Ramos e Lurdes López) E PALABRAS DE LUIS EDUARDO AUTE




Lurdes e Juan Carlos, en plena actuación.

Non é a miña intención falar de novo do acto da presentación do poemario “Queda la música” que tivo lugar en Vigo o mes pasado na Libraría Librouro.
Xa se falou abondo dela e sería reincidir ata facerse un pesado. Si comentar que, para min, coma autor do libro, o acto non puido ser máis entrañable e emocionante.
E boa culpa diso tivérona Lurdes López e Juan Carlos Martín Ramos, que namoraron o público asistente (e, xa que logo, a min) coas súas intervencións.
Foi cando actuaron xuntos, o momento álxido do acto.
Juan e Lurdes, coa bruxa e os seus monicreques, deleitaron aos asistentes con tres cancións fermosísimas, poñéndolles música a tres poemas do libro. Esa é a primeira razón destas liñas.
Seguro que John Lennon, Libby, a miña andoriña, e demais elementos poéticos destes versos foron felices ao escoitaren a preciosa voz de Lurdes e a guitarra de Juan Carlos. Eles escribiron, entre os dous, as melodías dos versos. Tres xoias, sen ningunha dúbida.
Non poden ser máis axeitadas, as tres, ao espírito dos poemas.
Unha sorpresa de difícil definición. Vaia se a literatura une!


E a outra razón, a segunda, foron as palabras que recibín hai uns días de Luis Eduardo Aute sobre “Queda la música”. Non as agardaba. Sorprendéronme. Aute é un músico  de primeira orde, pero é, dende logo, unha mellor persoa, que xa é difícil. A súa amizade éncheme de orgullo polo que significa. Atento, preocupado polo que fas e polas situacións persoais (quixo saber se tanta tormenta en Galicia afectara a alguén da miña familia), xeneroso, cunha enorme dignidade, Luis Eduardo Aute é, para min, un dos músicos de maior entidade deste país. E todo isto, pese a quen pese.
Así que tres amigos, tres artistas marabillosos, tres persoas excepcionais son a verdadeira razón de que escriba estas liñas.
Podedes escoitar, utilizar nas aulas, cantar estas tres alfaias ao voso gusto. Son para compartir. E, ademais, quero que gocedes á miña beira das palabras dun músico, poeta, pintor, letrista, encantador depalabras e cineasta extraordinarios.
Que vos preste o que vén deseguido.










Coas fermosas ilustracións de Tesa González, reproducimos os poemas, que canta Lurdes con grande agarimo e unha evidente mestría.













Este terceiro tema leva por nome  Canción para Libby, e está dedicada á miña andoriña que cada vez voa máis alto. A voz de Lurdes brilla con luz propia.




    







 Velaquí as liñas de Luis Eduardo Aute. Penso que esaxera, pero, non o podo negar, emocionáronme.



Con Aute, na súa casa en Madrid



“Queda la música” es una joyita poética con la música como protagonista absoluta. Es un hermoso concierto de palabras que interpretan el papel de instrumentos musicales, como partituras para todos los sonidos de una orquesta hecha de versos. Son versos melódicos, escritos y compuestos sobre armonías que proyectan imágenes fabulosas, llenas de magia e imaginación. Antonio García Teixeiro, acompañado por el instrumento gráfico de Tesa González, compone una pieza orquestal dirigida al oído y visión del universo de la infancia.
No podía faltar, cómo no, un homenaje a los Beatles, unos magistrales creadores de canciones que ya están fuera del tiempo y el espacio... allí donde sólo “queda la música”.
Gracias, Antonio, por regalarme el título de tu bellísimo poemario, de esa cajita de música y poesía.

Luis Eduardo Aute