![]() |
| Curiosidade |
A miña estadía en Guadalajara (México), na
súa inmensa e magnífica Feira Internacional do Libro, foi unha fermosísima
experiencia que non esquecerei endexamais.
Sete actos en cinco días plenos de interese
por parte do público, intensidade poética, participación moi alta de mexicanos/as,
de diversas idades, en cada un deles e a satisfacción absoluta ao comprobar a
capacidade de asombro do público que pasou polas distintas salas en que se
falaba de literatura, educación, pedagoxía e de poesía especialmente.
Poemas en voz alta compartidos, preguntas,
exposicións orais e todo un conxuntos de elementos afectivos que resultaron de
cada una das ponencias.
O día 4, impartín una conferencia, cuxo
título rezaba así:
Hablemos de LIJ y la importancia de la
ética y la estética en nuestras obras.
![]() |
| Emotividade |
Compartir con especialistas e co público en
xeral a miña visión do que é positivo e do que debemos ter en conta á hora de
escribir para a infancia e a adolescencia, resultou un enorme pracer. E os
poemas en voz alta resoaron con emoción e foron partillados con agarimo polos
asistentes á mesma.

Coa querida escritora Marta Estévez
A conferencia foi gravada en audio e Versos
e aloumiños ofrécea aquí embaixo para todas e todos os que teñades
curiosidade por escoitar o que alí aconteceu.


