Ai, a poesía! Tan libre, tan descoñecida, tan lonxe da maioría e tan necesaria!
Hai un libro que teño sempre ben preto de min: editado por Hiperión, Poesía ¿eres tú? (Aproximaciones a la poesía, El Poema y El Poeta é unha delicia.
Téñoa á miña beira, porque está chea de frases, definicións, citas e achegamentos diversos á poesía e ás súas concrecións: o poema e o poeta.
Fermín Herrero e Jesús
Munárriz foron recompilando frases de autores e autoras de épocas e de
civilizacións diversas, poetas case todos, pero tamén filósofos, ensaístas,
pensadores, críticos ou artistas, que dende sempre trataron de apresar e
enunciar, deitándoo en palabras, o que os devanditos conceptos lles inspiraban
ou suxerían.
Poesía, ¿eres tú?
Está organizado este libro de citas en tres grupos que corresponden a estes
tres conceptos: poesía, poema e poeta, e que van do xeral ao particular, do
abstracto ao concreto, do teórico ao persoal.
É unha verdadeira delicia
pasear por estas páxinas cheas de profundidade, enxeño e inspiración.
Coma exemplo, podedes ler
algunhas destas frases e, sen dúbida, poñervos a reflexionar e a encher as
vosas vidas de poesía.
La poesía salva non só a
quen a expresa, senón a todos cantos a len ou recrean. MANUEL ALTOLAGUIRRE
![]() |
Manuel Altolaguirre |
A poesía é o espello borroso
da nosa sociedade. Cada poeta respira sobre este espello: o seu bafo embázao de
diferente maneira. LOUIS ARAGON
![]() |
Louis Aragon |
El poema, en estado de
fragilidad o de furia, deja caer su sombra sobre el mundo y los desplaza. JUAN
GELMAN
![]() |
Juan Gelman |
La voz que habla en un
poema, aunque sea la del poeta, no es nunca una voz real, es sólo una voz
posible, no siempre imaginaria, pero siempre imaginada. JAIME GIL DE BIEDMA
![]() |
Jaime Gil de Biedma (Foto Jot Down) |
Poeta, por ser claro no se
es mejor poeta./ Por oscuro, poeta, no lo olvides, tampoco. RAFAEL ALBERTI
![]() |
Rafael Alberti |
O poeta é un mentireiro que
di sempre a verdade. JEAN COCTEAU
![]() |
Jean Cocteau |