Benito Pérez Fernández |
E hai, entre elas, persoas cuxa diversidade brilla,
porque son quen de tocar paus variados no
eido da cultura.
Algunhas escriben; outras tocan instrumentos, fan música, dan pasos na poesía
e debuxan ou pintan de marabilla.
Benito Pérez Fernández é unha destas
persoas, capaz de tocar a frauta traveseira ou os teclados, de pintar óleos ou
acrílicos, de debuxar maxistralmente e de expresar con fondura os seus
sentimentos.
Benito
Pérez fixo ultimamente dúas exposicións (Cangas de Morrazo e Santiago). Un
éxito.
Pero
Benito Pérez viviu un tempo moi duro, debido a un caso grave de enfermidade no
contorno familiar. Loita, pasos cara adiante, retrocesos, esperanzas, novos
camiños, máis esperanzas, tensións, angustia…a loucura!
Daquela,
chegou a man de neve e levou con ela a Merchi.
Benito é
un ser intelixente e sensible. Deixou de pintar durante todo o difícil proceso.
Foi asimilando todo ata un punto demasiado fondo. E rachou. E ergueuse.
Reflexionou. Interiorizou. Con persoas, que o queremos, ao seu redor, Benito
non deixou de buscar, quizais de buscarse; de intentar non caer no pozo do
irremediable e levantar a cabeza. Procurou o equilibrio. Non foi doado. Penso
que o conseguiu.
Un dos
apoios neses momentos de baleiro emocional foi, sen dúbida ningunha, a poesía.
Non me estraña nada, pois o espírito poético, dende a lectura ou a escrita, permite reencontrarse coa esencia do ser humano dende o punto de vista subxectivo e ese “eu”, en contacto con todo aquilo que forma a contorna , vai recibir as doses de compaña necesaria para continuar a travesía polo terreo da vida. É un bálsamo. Un alivio que nace da necesidade humana de reflectirse nas moitas arestas que o día a día presenta. Sénteste menos só cuns versos na man, cuns poemas que acariñan e dan forza para superar as malas épocas sufridas con intensidade.
Iso
fixo Benito Pérez. Escribir poesía para sentir a catarse necesaria perante a
dor da perda.
Así naceu
Sendas, un manuscrito composto por
poemas fondos, intensos. Poemas de diálogo, de lembranzas. Poemas sen fatalismos
nin desacougos excesivos. Pero, por riba de todo, poemas necesarios.
Leunos
nunha fermosa noite de verán na miña casa, durante unha desas veladas
poético-plástico-musicais que facemos de cando en vez. Deixounos mudos.
Emocionounos. Leu con sentimento e naturalidade á vez.
Pedinlle
unhas palabras para Versos e aloumiños sobre
o que o levou a escribir estes poemas.
Benito
escribiu isto:
Envíoche estas reflexións sobre o poemario.
Cando xa non sabes como
xestionar a dor, e a ausencia non che permite vivir.
Cando o sufrimento se
fai insoportable , e as emocións transfórmanse nun remuíño incontrolable , necesitas
visualizar estas emocións para poder seguir.
Por iso escibín estes
poemas
Tamén tento reflectir
aquilo que me produce sosego e tenrura , sen esquecer esa crítica necesaria a
esta sociedade que nos tocou vivir.
Pódese
engadir algo máis a estas palabras tan emotivas e sinceras?
Penso que
non.
Mellor
será ler uns poemas de Sendas e
comprender ata que punto a ausencia dun ser querido, o compromiso ético e a calidade
literaria poden convivir nun espazo escrito para sobrevivir.
escritas nas
estrelas,
para sobrevivir
no misterio
deste caos
harmónico.
Sintonías
inaudibles
achegan do máis
profundo
anacronismos que
corroen
este corazón
canso.
Loita desigual.
Escepticismo
depredador.
Imaxes
xustapostas,
dunha lírica
prisioneira do
silencio.
evoca accións
abxectas,
cerimoniais
iniciáticos,
circunscribindo
espazos letais.
Vontades
degradadas
comproban a
masacre:
certeza da sen
razón.
inmolación
perfecta,
nomenclatura do
perverso.
Arritmias
disuadindo
o pulo
construtivo da crítica.
Canción de berce
para un mundo
en fase
terminal.
Homenaxe
póstuma.
que queiman,
que abrasan.
Corazóns
azoutados
pola vertixe da
perda.
Sentín o salouco
dunha dor sen
consolo,
perpetuando cada
intre,
como pegada
inevitable.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO