Por fin chegou. Tras certos
retrasos por cuestións técnicas, De pombas e bolboretas estará nas
librarías esta primeira semana de febreiro.
Edicións Embora preparou una edición moi fermosa da man de María Lires, que realizou un traballo impoñente, para recuperar estes poemas que pedían a berros unha oportunidade.
Ilustracións vigorosas e
calmas á vez. Cores vivos moi ledos, composicións orixinais e dunha
expresividade que conmove.
Entre elas voan as pombas e
as bolboretas ben felices nun ceo de sensibilidade, de tenrura e de
intelixencia.
No país das bolboretas pasan
cousas incribles porque fai cada un o que lle peta. Sabedes que as
abellas fan calceta, que as carreiras son sen meta e que as
curvas son ben rectas? E que os poemas perden letras, os cans
tocan a trompeta e o sol anda en bicicleta?
Porque este país máxico das
bolboretas non é un país calquera. Nel podedes atopar desertos de turrón,
rechouchíos de manteiga e paxaros de charón.
Neste libro as bolboretas
visitan poetas e con eles crean poemas.
E as pombas? Pois pairan no
mar, escriben co peteiro a palabra PAZ, levan anteollos e, mesmo, libros
nas ás…
En fin, que hai un mundo
sedutor neste libro entre poemas e ilustracións e síntome moi feliz de que
vexa, por fin, a luz.