O Lector está canso da deshumanización da sociedade. Do predominio mal entendido da tecnoloxía e do éxito inmediato, económico, sobre unha visión máis humana, máis sensible, máis feliz.
Ao Lector encántalle a literatura
de Rosa Huertas. Sempre atopa puntos de conexión con ela a partir de
escritos que poñen o acento na arte, na historia, na literatura, na poesía,
etc. Un humanismo envolve toda a narrativa de Rosa Huertas que a fai sedutora.
Alomenos para O Lector. Porque a autora madrileña escribe decote cun ton
envolvente, cun estilo limpo e claro que conmove.
contido -entra de cheo ciencia-ficción – pero que a define unha vez
máis como excelente novelista. Ada, a
protagonista vive no sector 7 onde todo é perfecto. Pura asepsia. Pero esa é
unha realidade falsa, moi falsa, algo que Ada vai comprobar cando se ve
obrigada a fuxir a unha cidade contaminada, Madrid, que lle permitirá ver e
vivir a outra cara da moeda e fará que dubide das súas conviccións.
Disidentes é unha novela intelixente. O Lector volve atoparse co universo de Rosa Huertas e a súa reivindicación das artes. Contrapón a autora dous mundos: un, onde a tecnoloxía deshumanizante domina todos os seus estamentos. Un mundo no que o equilibrio é mantido polo control da natalidade, sen conflitos, case sen enfermidades pero que os seus habitantes viven case como autómatas. Todo está controlado con cámaras e vixías e deseñado para que os sentimientos prácticamente non existan.
A este mundo oponse outro ben diferente,
que caeu preso da contaminación. Habitado por disidentes que se dedican no subsolo
a converterse en gardiáns da arte e da cultura de maneira clandestina. Dende os
sectores son vixiados para que ninguén saiba que existen. Neste mundo de
disidencia van aparecendo os que custodian a Biblioteca Nacional, o Museo do
Prado, o Teatro Real, etc.
E aquí, entre estes dous
mundos, se desenvolve a novela que ten moito de aventura, de misterio, pero de
reivindicación da liberdade, tanto individual como colectiva; de reivindicación
das emocións que as artes producen, da amizade, da confianza e do compromiso
moral do ser humano fronte a tanta frialdade materialista.
O Lector
gozou da novela. E sentiuse enormemente identificado coa mensaxe contida nela.
Tras rematala, sentado na butaca, seguiu reflexionando sobre ela. Que necesaria,
exclamou en voz alta.
E prometeu recomendárllela
aos amigos e amigas.
Unha delicia.