TÍTULO: Agni e a chuvia.
ILUSTRACIÓNS: Enrique Flores.
TRADUCIÓN: Tamara Andrés.
EDITORIAL: Kalandraka. COLECCIÓN: Sete Leguas.
A
editorial Kalandraka achégalles aos
lectores máis novos e da man da profesora, escritora e tradutora Dora Sales esta historia emocionante,
dura e tenra á vez sobre a explotación infantil.
Agni é o protagonista da historia. É un
neno de dez anos que leva dende os seis
traballando nun lavadoiro de Bombai para axudar na casa. Alí todos os membros traballan, agás a irmá pequena
porque aínda non ten seis anos.
Dora Sales |
Ao longo dos oito capítulos nos que se
estrutura o libro o lector descubrirá a través da inxenua, optimista e curiosa
ollada infantil, unha situación real e inxusta de moitos nenos aos que lles
roubaron non só a infancia senón o futuro.
As ilustracións coloridas e delicadas de Enrique Flores están en sintonía co ton
vitalista do texto.
O libro inclúe ao final unha interesante relación de lecturas e documentais
sobre o traballo infantil.
ALBA PIÑEIRO