TÍTULO: Poemas de la Oca Loca
ILUSTRACIÓNS: Miguel Ángel Pacheco
Selección
poética de Federico Martín e Antonio Rubio
EDITORIAL:
Kalandraka
Cando
se cumpren 100 anos do nacemento de Gloria
Fuertes, un alégrase de que a Editorial Kalandraka edite un dos
seus libros máis orixinais , que é, ademais un dos meus favoritos da poeta
madrileña, Poemas de la Oca Loca.
A importancia de Gloria Fuertes no eido da
poesía infantil parece indiscutible. Grazas a ela, este xénero popularizouse e
a nosa poeta converteuse nun símbolo da lírica para os máis pequenos. Gloria
Fuertes resultou un personaxe tenro, agradable, simpático que enfeitizaba cos
seus versos, os seus xestos, as súas olladas a todos aqueles e aquelas que a
vían e a escoitaban.
Gloria Fuertes |
Los Poemas de la Oca Loca
é un libro ben significativo. Cunha selección poética moi acaída a cargo de Federico Martín e Antonio Rubio, posúe unas mostras da mellor Gloria Fuertes. Versos
que discorren cun ritmo moi vivo. Versos sonoros que adozan os oídos. Versos
cargados de imaxes que se moven entre a tenrura, o humor, a ironía e que
sorprenden continuamente o lector. Como di Antonio Rubio: “Gran parte de su obra se la quiso
regalar a los niños. Le brotaban las palabras con entrañable música de
organillo.”
Este libro amósanos poemas de enorme orixinalidade cunha frescura evidente e que, na maior parte deles, se nos convida a debuxar seguindo ese “ Cómo se dibuja…” E así nos atopamos versos singulares que nos aprenden a “debuxar” un pallaso, un gato, unha balea, unha señora, unha paisaxe ou uns patíns entre outras moitas posibilidades. Por exemplo, un elefante: ¡Vamos a empezar! / El elefante / es muy interesante / para dibujar. / Su cuerpo es un corpachón /tamaño de camión;/grandes las patas y orejas, / cuatro pelos en las cejas /y la trompa ¡qué trompazo! / (Un elefante sin trompa / es como una trenza sin lazo). (…)
Exemplos destes e moitos outros atópanse neste poemario cheo
de vida. Poemas con diálogos divertidos, con pareados graciosos, cunha viveza
moi marcada, expresións cheas de forza e moito moito humor.
Salientar, ademais, a forza e a tenrura
que provocan as ilustracións sinxelas dun clásico da ilustración como é Miguel Ángel Pacheco. Liña espida e
clara, trazo poderoso. Debuxos que naceron na televisión hai ben anos con
rotulador como o debuxante nos conta ao final do libro: Logo foron coloreados e tramados. Todo
en consonancia coa poesía ousada e espontánea dunha muller excepcional. Para el foi unha experiencia marabillosa e deixouse
arrastrar pola vitalidade e a enerxía que caracterizaron decote a Gloria
Fuertes.
Un poemario para desfrutar e para
comprender a parte máis interesante da poesía dunha muller que quería os pequechos e que non deixou de
pensar neles endexamais en chave poética.
ANTONIO
GARCÍA TEIJEIRO