| David Otero | 
     David
Otero é un mago das palabras. Un prestidixitador das
palabras. Un amante das palabras. E estas sábeno e déixanse aloumiñar polas
mans, pola voz, polas ocorrencias dese mago, dese prestidixitador, dese amante.
     Quero moito a David Otero. Quéroo polo que
nos une dende hai tanto tempo e por ver que mantén unha postura inamovible e
fonda sobre esta terra que tanto ama, que tanto amamos.
     Cando me escribe un correo electrónico ese
“buxo beleza e liberdade” emocióname. Moitos anos léndoo. Moitos anos sentindo
a mesma sensación.
     E como David Otero ama  Galicia e as súas circunstancias, amaba tamén
a Xosé Neira Vilas. Por iso escribiu este texto de homenaxe ao escritor ido.
      Versos e aloumiños séntese moi
honrado de publicar tan sentidas palabras dun home bo a outro home bo.
     Por moitos anos, irmán.
PEPE BALBINO
NEIRA VILAS
![]()  | 
| Anisia Miranda | 
Con Balbino
escoito “ AI AMOR”
e sei que nunca nos has faltar… Pepe…
e sei que vas xunto dela,
ela… a señora da doce palabra,
a compañeira da maior mornura
e que tanto precisabas ( e digo ANISIA).
ELA… 
a firme militante na humanidade
hoxe creme…está feliz
![]()  | 
| Anisia e Neira Vilas | 
e acóllete no seu niño de amor
e vida sempre,
pois o abrazo faise eterno
a benvida sen medida
e a lambetada faise sempre compartida.
AI AMOR…!
ata os límites de quen somos,
reducindo todas as lonxanías)
AI AMOR…!
tráevos a nós
e será o dicir sen paro,
o voso dicir sen paro.
AI AMOR…!
tamén será o sentir que nos une 
![]()  | 
| Xosé Neira Vilas | 
a tanto afecto.
Tamén será a palabra.
AI AMOR…!
será o bico 
que vos eterniza en nós
nesta nosa memoria desexada
![]()  | 
| Ilustración de I. Díaz Pardo | 
AI AMOR…!
xa vai con nós
neste ando,
a pasos de teimosa loita …
sen renuncias
AI AMOR…!
será o latexar que nos una.
E velaí tamén será…
unha bandeira.
                                                     DAVID OTERO ( 27 novembro de MMXV)





