XOSÉ NEIRA
VILAS (Gres- Vila de Cruces, 1928
– 2015)
O
SOL
Baixou
o sol raioleiro,
foise
pousando nas tellas,
chega
a luz e o caloriño
ás
plantas que coida a nena,
porque
do traballo sae
toda
esta linda beleza.
Coa
luz renacen as flores
e
hai vida e amor na terra,
o
sol enche de alegría
montes,
camiños e leiras.
PRAIA
Cando
Irene está na praia
e
camiña pola area
pensa
no xardín sen auga,
cavila
na terra seca
e
dille a mamá baixiño:
E
outro tanto lle pasa
na
cidade barullenta,
prefire
escoitar paxaros
e
ir e vir entre as macetas.
O
PAXARIÑO
O
paxariño foi vindo
e
pousouse na camelia,
estivo
canta que canta
moi
alegre, a tarde enteira
mentres
o cricrí do grilo
podía
oírse entre as herbas.
Armouse
unha cantaruxa
moi
alegre e musiqueira
e
todos, todos pensaron
que
había festa na aldea.
Ilustración de Leandro Lamas |
SOÑO
Soñou
Irene unha noite
que
o seu xardín xa non era,
as
flores secaran todas,
xa
non viñan as abellas.
e
fórase Brancaneves
cos
sete ananos tras dela.
Ergueuse
na mañanciña,
¡ai!,
o xardín non morrera.
Reuse,
bicou un anano
e
abrazou forte á camelia.
(Do libro O xardín de Irene, editado por Edicións
Embora, 2015). Ilustracións de Leandro Lamas.
Leandro Lamas e Xosé Neira Vilas na presentación do libro. |