Quero moito a David
Otero.
Uniunos a posta en marcha da colección Árbore da editorial Galaxia, hai xa ben anos. Tempos felices, aqueles.
Tempos cheos de ilusión compartidos con Pilar
Sampil, Mª Victoria Moreno, con Manuel Janeiro e o gran Carlos Casares. Unha experiencia
inesquecible.
David Otero |
David Otero escribe moi ben. Ten unha gran
capacidade fabuladora, ademais dunha vea poética lúdica e enxeñosa.
David Otero é para min un prestidixitador
das palabras. Con elas xoga. Nelas busca
os dobres sentidos. Delas tira o seu espírito para poñer o enxeño e que os lectores se enriquezan coa
súa proposta literaria.
E David Otero é (aínda que estea xa
xubilado) un docente exemplar, querido polos seus alumnos e alumnas debido a
ese agarimo co que rodea a todos os que están próximos a el.
David Otero tiña que estar neste espazo, A
luz das palabras, por méritos propios. Admíroo e quéroo, xa o dixen.
E David agasallou a Versos e aloumiños, un
texto precioso sobre algo que lle vén preocupando dende sempre: a biblioteca.
Así que, por fin, e con gran ledicia xa
temos a David Otero nunha sección moi querida polos que facemos este blog-revista.
Gozádeo.
A BIBLIOTECA, LUGAR DE SABER E FACER
Lugar
de saber porque alí nese espacio, controlando sempre por onde está a saída, coa mesma claridade de como entramos, imos
todas e todos polos camiños que nos explican
os nosos desexos. Imos cos amores fáciles e tamén cos difíciles. Atopámonos.
E
alí explicámonos podendo sufrir alegremente moitas metamorfoses. Alí podemos
viaxar ás orixes e coñecer segredos de todos os tamaños e de todas as formas.Alí
sentimos o amor doce da lectura. Da lectura que nos busca por todos os lugares da man dos
soportes que alí hai ( sobre todos os libros).
Nese
taller de soños, díghoche, que a lectura nola poñen doada. E nola poñen , no
ler primeiro e no reler, as bibliotecarias, os bibliotecarios, as
bibliocolaboradoras, os bibliocolaboradores, Todo a unha oferta xenerosa,
curiosa, preciosa…amorosa. In situ e on line.E é así porque alí na lectura como
bomba de reparación intensa , anunciando e denunciando, escribindo e
reescribindo nos nosos pensamentos, recreando e creando, na forza e sinxeleza de todo o que vivimos,
debuxamos imaxes multiplicadas, portentosas ou espantosas. Sempre marabillosas.
Lugar
de facer porque alí xogarás seriamente sen pretensións de lle gañar a ninguén.Sen
romper con ninguén.Farás dos desexos unha necesidade interior.Buscarás sempre e
moitas veces atoparás algo porque alí están os libros eses soportes inmedibles
para vivir as vidas que queiramos porque cos libros teremos e notaremos
presenzas, recordos e ausenzas.
Cantos modos de ver… !. E sempre costa arriba ou
abaixo, sen ou con freos.Como amantes. Pois cada quen é quen é… para ser mellor,
para non falsear nada, pois afondamos nas nosas emocións a toda pastilla coas
autoras e cos autores para vivirmos intensamente nos libros os acordes das
palabras activadas polas forzas das nosas lecturas.Abrázanse os corazóns. E
cantas mentiras marabillosas confesamos… !
Na
Biblioteca o noso mundo non se acaba.Sempre haberá unha lectura útil.Mesmo
cando peches o libro na segunda páxina porque non che gusta.Pero…hai que ver
como quedarán os libros logo de lelos…!
david otero
, escritor
Un pracer estar ao seu lado... |