Ao longo do tempo un foi escribindo en moitas
publicacións.
Sempre coa honestidade como algo innegociable, fun deitando reflexións,
sentimentos, opinións máis ou menos cualificadas, expresións de ledicia ou de
carraxe, poemas, retos etc.
Foron
aparecendo en xornais, semanarios, revistas especializadas en pedagoxía ou
literatura, libros conxuntos, cartas ás escolas,blogs,catálogos e noutros
espazos públicos.
Pasou o tempo. Moitos destes textos perderon vixencia, loxicamente. Voaron ceibes e
cumpriron o seu papel. Outros levan un certo tempo petando nas miñas portas
porque consideran que teñen algo que aportar. Chegaron voando ata min.
Tras pensalo un tempo, decidín abrirlles a porta. Decidín escoitalos con
calma. E algo de razón tiñan. Poden aportar algo. Así que os recuperei e van
ser os protagonistas destes Papeis recobrados.
Agardo que vos gusten, que vos interesen. Son anacos dunha vida. Da vida
de alguén que a vive intensamente.
F U X I D A S
Dúas evocacións de poemas
de Miguel Hernández.
1
Miguel Hernández |
Cando
o neno se decatou
de
que as palabras perderan as sílabas
e a
terra, o seu olor.
Cando
foi consciente
de
que a choiva non mollaba
e a
noite xa non arrolaba os soños;
de
que o silencio estaba a rachar a alba
e as
andoriñas voaban boca abaixo,
o
neno abriu un libro de poemas
e
comezou a ler uns versos de Miguel Hernández
que
dicían:
Me tendí en la arena
para que el mar me enterrara…
Non
tardou en sentir
as apertas das ondas
e a
voz ben baixiña das sereas
no
seu oído.
Sen
máis, a súa silueta fundiuse no mar para sempre.
2
e ao mozo
roubáronlle as promesas.
Aniñaban
as notas
dunha canción
descoñecida.
O
espazo estaba ateigado
de voces
e de soidades durmidas.
O
mozo soñaba con pintar
Risas
Soños
e
Caricias
no lenzo dos días.
Pensou
nun tren de ida
sen ter claro
a que hora sería o
regreso.
O
mozo sentiu a necesidade
de ser rescatado
dese abismo presente a carón del.
O
mozo volveu lembrar
aqueles versos de
Miguel Hernández
que
tanto lle gustaban:
Escribí en el arenal
los tres
nombres de la vida:
vida, muerte,
amor…
E,
case coma no poema, un refacho de vento empurrouno
e deixouno sen forzas para andar.
Daquela, moi canso, chorou.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO