Manuel Veiga na Libraría Librouro. (Foto de Ricardo Grobas) |
Sempre
adoita escribir textos punxentes.
Enche
de ironía cada parágrafo que escribe.
O
seu humor fai cóxegas aos lectores.
Aprovéitalle
todo o que le (que é moito).
A
súa cabeza rara vez está quieta.
A
orixinalidade dos seus artigos resulta algo evidente.
Distingue
perfectamente entre escribir literatura e facer xornalismo.
De
quen estamos a falar?
Como
bos lectores e amigos de Versos e
aloumiños sabedes de quen falamos.
Si,
si. Exactamente.
De
Manuel Veiga, xaora.
Estación de Monforte de Lemos |
O
meu avó non era moi amigo de lavar a cabeza
Manuel
Veiga Taboada
O meu avó, Xesús, non era moi amigo de
lavar a cabeza. Dicía que lavala era a principal causa da caída do cabelo e de
feito conservou unha boa mata, con non moitas cañas, até morrer, aos 75 anos. Como
traballaba no ferrocarril, sempre acumulaba algo de carbonilla. A miña avoa
Ramona, que era moito máis limpa, lavaba as almofadas sobre as que o meu avó
deixaba cada noite marcado un círculo. Ás mañás, despois de mollar a cara,
pasaba a man pola fronte e as tempas. Iso era suficiente. A pesar de todo, o
seu pelo nunca parecía sucio.
Museo do Ferrocarril. Monforte de Lemos. |
O meu avó dispuña dunha caseta no
Depósito. Alí gardaba a leña para quentarse durante o inverno. Tamén tiña auga,
mais ao parecer non a usaba para o seu aseo, posto que a familia sempre o vía
chegar a casa coas mans negras. Tampouco na casa as lavaba para comer nin o
facía despois. Nada máis engulir o último bocado, saía a tomar café ao Círculo
Victoria. Durmía coa mesma camisa que vestira durante toda a xornada. Segundo a
miña avoa, estaría disposto a levar a mesma roupa durante todo o ano. Era ela,
por suposto, a que puña as mudas ao seu alcance. Os domingos vestía de traxe.
Foto antiga da rúa Cardeal en Monforte onde estaba o Círculo Victoria. |
Tampouco se bañaba no río. Iso levaba a
toda a familia a pensar que non lle gustaba a auga. Cando ía á praia á Coruña,
só se desprendía dos zapatos e dos calcetíns e non se achegaba nunca á beira,
salvo que tivese que levarlle unha toalla a algunha das súas dúas fillas ou a
calquera dos seus netos. A única excepción a isto era a dos pes que se lle puñan
moitas veces encarnados e só por iso os lavaba con frecuencia.
Praia de Orzán (A Coruña) |