CESARE PAVESE
(Santo
Stefano Balbo, 1908 – Turín, 1950)
Virá
a morte e terá os teus ollos,
Cesare Pavese |
esta
morte que nos acompaña
desde
a mañá á noite, insomne,
xorda,
como un vello remorso
ou
un vicio absurdo. Os teus ollos
serán
unha palabra inútil,
un
berro calado, un silencio.
Así
os ves cada mañá
cando
te inclinas soa
sobre
o espello. Oh, doce esperanza,
aquel
día saberemos tamén nós
que
es a vida e a nada.
Para
todos ten a morte unha mirada.
Virá
a morte e terá os teus ollos.
Será
como deixar un vicio,
como
ver no espello
emerxer
un rostro morto,
como
escoitar un beizo pechado.
Descenderemos
mudos ata o abismo.
A CASA
coa
mirada entornada, coma se unha respiración
lle
alentase no rostro, unha respiración amiga
que
se remonta, incrible, ó tempo ido.
O
home só escoita a voz antiga
que
os seus pais, noutrora, oíron, clara
e
recollida, unha voz que como o verde
dos
estanques e os outeiros escurece á noitiña.
O
home só coñece unha voz de sombra,
acariciante,
que abrolla nos tons calmos
dun
manancial secreto: bébea absorto,
pecha
os ollos, e non parece que a teña ó lado.
É
a voz que un día detivo o pai
do
seu pai, e a todos os do seu sangue morto.
Unha
voz de muller que soa secreta
no
limiar da casa, ó caer a noite.
(Do libro Poesías
do desamor, editado por Rinoceronte
Editora. 2009). Tradución do italiano de Moisés Barcia.