ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA (Lugo, 1942)
LUÍS
PIMENTEL NA PRAZA MAIOR DE LUGO
Arcadio López-Casanova |
Toda
a vida fun deste velar
o
Tempo na miña vila.
Día
a día, ano
tras
ano,
dende
este balcón
que
dá á Praza,
vin
pasar de vagariño as horas
coma
se badaladas fosen de sombra
caendo,
e mancando
no
meu sempre, ai!, sempre
canso
corazón.
Todo,
a cada intre, tiña
a
súa melodía de acendidos silencios.
Os
pasos quedos
sobre
a pedra luída das rúas,
o
espello de luces baixo os soportais,
o
murmurio mollado
das
fontes,
verde
da paisaxe,
a
ponte de negros ollos
e
o río de ondas grisallas
co
seu devalo eterno…
No
marmañar da fría mañá
do
inverno,
na
luz tépeda que viste
de
primavera floral á Alameda,
no
veludo de ouro e cinza
do
outono sobre o Parque,
na
cúpula do verán
acendida
de azul e altas
coroas
de paxaros,
así,
case que nun abalo lene,
foise
debullando o meu vivir
e
naceron – tremecentes –
os
meus pobres versos
(oh,
este acougo, o tan doce acougo
do
pequeño lugar de provincias!).
Luís Pimentel |
Pasiño
a paso, pasiño
a
paso,
esvaecíanse
calmos os días
nas
visitas de mañá ó Hospital,
nas
delongadas charlas do café,
nos
paseos á tardiña cos amigos
arredor
da Muralla (un ir
que
á vez é retornar)
e
logo,
xa
coas portas pechadas do meu refuxio,
a
iluminada presenza da Amada,
as
miñas pequenas cousas
-
a lámpada, o retrato,
o
reloxe -,
e
velar, sempre un velar
no
altar da Noite…
E
agora, Señor, que queda xa, que queda
Praza Maior de Lugo |
xa?
Canso,
moi canso
sinto
o meu corazón,
e
rendidas están as miñas armas.
Dende
este balcón que dá á Praza
oio
o escuro silencio
da
pedra nas rúas,
o
apagado murmurio das fontes,
e
pola Ponte, aló embaixo,
o
quedo devalo do río que me vai
levando,
mentres
nos arcos dos soportais
abre
os seus ollos dee medo a Noite
e
durme calada a miña vila
baixo
un pano de loito.
(Do
libro As voces da máscara. Centro
PEN-Galicia. Col. Currupa Literaria.2014).