Páginas

sábado, 31 de agosto de 2013

SENTADO CON PESSOA (II) Fernando Pessoa



 Pois si, sentado con Pessoa a sensación móvese entre a satisfacción e a responsabilidade.

Por iso, hoxe quero achegarme máis a el e leo o libro Aforismos do poeta portugués, editado por Renacimiento, con selección, tradución e prólogo de José Luis García Martín.

García Martín, no prólogo, afirma que " Fernando Pessoa, que para tantos pareceu un perfecto exemplo de incomprensión e fracaso, foi en realidade o que quixo ser: poeta e filósofo, pero tamén economista, inventor, editor, activista social e político, teósofo, ocultista, tradutor e redactor de cartas comerciais (actividade coa que gañaba a vida)". E comeza o limiar deste libro dicindo que "Todo na vida de Pessoa, tan amante dos paradoxos, foi un paradoxo. O home que escribiu que minha pátria é a língua portuguesa tivo como primeira lingua literaria o inglés, en inglés escribiu moitas das súas anotacións íntimas e en inglés dixo as súas derradeiras palabras. O home escuro, o poeta sen biografía, o autor póstumo foi en realidade recoñecido en vida coma mestre polos seus coetáneos e polos nomes máis brillantes da nova xeración, gustou do escándalo e da notoriedade xornalística, preocupouse de dar a coñecer - en revistas, en libro- o que consideraba fundamental da súa obra".

Ben, ata aquí unhas liñas interesantes sobre Pessoa do editor destes aforismos.

Síntome algo presionado polo que se escribiu del, pero gozo con estes pensamentos e reflexións, moitos deles inéditos en español.

A ver que vos parecen.

                                     



1. La belleza es el nombre de algo que no existe y que yo le doy a las cosas a cambio del agrado que me dan.



2. Todas las frases del libro de la vida, si se leen hasta el final, terminan en una interrogación.


3. La literatura, como todo el arte, es una confesión de que la vida no basta.



4. Para escribir buena prosa hay que ser poeta porque esa es la condición para escribir bien.


5. Vivir es ser otro. Ni sentir es posible si hoy se siente como ayer se sintió: sentir hoy lo mismo que ayer no es sentir, es acordarse hoy de lo que se sintió ayer, ser hoy el cadáver vivo de lo que ayer fue la vida perdida.


6. Solo un realista puede encontrar la realidad; solo un romántico la puede crear.