Páginas

miércoles, 8 de mayo de 2013

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (VI)




GIANNI RODARI   (1920 – 1980)



 NA LÚA



Non  mandedes, por favor,
á Lúa un xeneral,
montaría alí un cuartel
con trompeta e oficial.
Gianni Rodari

Non mandedes un banqueiro
ó satélite prateado,
meteríao en caixa forte
como diñeiro aforrado.

Non mandedes un ministro
de séquito empiriquitado,
enchería con pancartas
os cráteres do astro arxentado.

Ha ser un poeta
o que á Lúa se achegue
pois adoita alí pousar a testa
para que deste mundo sosegue…

A soñar fermosos soños
está ben acostumado,
sabe esperar o imposible
mesmo estando desesperado.

Pois que os soños e a esperanza
se volven reais como as flores,
tanto na Lúa como na Terra
¡deixade paso ós soñadores!




CANCIÓN CURTA E RETORTA



Canción curta e retorta,
o porto quere casar coa porta,
a viola toca o violín,
o merlo di:  “O meu pai foi Merlín”;
a bota di: "O meu avó é o botón”;
a mosca renega do seu fillo o mosquetón,
e o máis tolo da terra
¿sabedes que quere? ¡Quere facer a guerrra!

      


(Do libro ¡Arre Papaíño!. Cancións para xogar de Gianni Rodari. Ed. Galaxia. 1994)