A publicación de Mar adiante (Ediciós do Castro, 1973), de María Victoria Moreno, foi un fito importante na literatura galega para nenos e nenas. Un dos libros pioneiros en Galicia xunto a orixinais de Bernardino Graña, Carlos Casares, Neira Vilas , Manuel María ou Xohana Torres.
Nuns momentos nos que nas escolas non
había libros na nosa lingua e calquera iniciativa neste sentido estaba chea de
atrancos, estes escritores/as abriron camiños que tentaban eliminar tanta eiva
no ensino, se de literatura galega falamos.
María Victoria, que tanto quería os nenos e
nenas, escribiu un libro poético, ateigado de soños, unha escola no mar (O Arroás, que así se chamaba o barco).
Nel, Xosé Luís, o capitán, explicaba á rapazada o valor das cousas cativas e
insistíalles que esas cousas cativas son propiedade das persoas, e que as
persoas, aínda que teñan moitos cartos, moitos leiros ou moitos barcos, non
deixan de ser pobres no seu corazón.
E,como din Fina Casalderrey e Marilar
Aleixandre no libro María Victoria Moreno, a muller que durmía
pouco e soñaba moito, (Ed. Xerais), lendo
esta historia decatarédesvos de que a autora foi quen de se meter na pel da
mestra que pon na escola no mar; de Miguel, o vello mariñeiro de Portosouril
que non sabe facer barcos de guerra pero si barcos escola; de Lola a cociñeira
e inventora de palabras; do capitán Xosé Luís que “tocaba a guitarra coma os
anxos”, dos nenos, das estrelas, das gaivotas, dos ventos… Vese que está de
parte deses mestres e mestras que
seducen, de aulas onde cada día é especial, e non a favor dos que ameazan con
atar os libros ao pescozo dos nenos e nenas e guindalos ao mar por, un supoñer,
non saberen a táboa do sete.
Toda unha declaración de intencións sobre
a concepción que María Victoria Moreno tiña do ensino.
Pero, como non podería ser doutro xeito, Mar adiante está cheo de poesía. Tal como foi pensado, todo el é poesía.
Ademais, ao longo das súas páxinas, imos atopar algúns poemas de distinta
extensión que me permito tirar do libro para que poidan ser saboreados por
todos aqueles e aquelas que aman a poesía.
O libro comeza con este
poema:
Eu
escribín este libro
e
vas ser por un tempiño
marineiro
do Arroás.
Cóntoche
o pouco que sei
do
campo, do ceo e do mar
para
que non lle deas creto
a
quen che queira falar
de
lobos que comen nenos
na
sombra do carballal.
Págome
moito pensando
que
te podo eu axudar
a
descubrir os segredos
que
conta o vento ao zoar.
Mais,
para facer xustiza,
cumpríame
confesar
Ilustración de Fino Lorenzo |
que
unha meniña xeitosa,
voz
de prata, doce ollar,
medosiña
polas noites
e
risoña nas mañás,
foi
quen me dixo que ti
tamén
querías escoitar
os
contos que eu lle contaba
cada
tardiña no lar.
Chámase
María Begoña
e
queríalle eu dedicar,
co
teu permiso, amiguiño,
as
historias do Arroás.
Unha
dedicatoria en verso para a súa filla Begoña.
E os mariñeiros de Portosouril contan que todos os navegantes
de Galicia, ao veren a luzada desta vila, cantaban:
Ollando
Portosouril
o
vento da miña terra
coido
que chama por min.
Máis
adiante, Lola espertou cediño, viu o sol, fixo o chocolate e foi ao camarote
dos nenos cantando:
Raparigos
do Arroás,
fóronse
as nubes do ceo
e
érguese o sol dende o mar…
Non
sexades preguiceiros
¡Vinde
todos almorzar!
Xosé Luís , o capitán, tocaba a guitarra
na proa e os mariñeiros, cantaban:
Veciños
de Carballeira,
que
voaron mar adiante
tristeiros
e alporizados.
Cando
o vento vén do monte,
do
monte da Carballeira,
párcenos
sempre que chora
cunha
queixa moi tristeira.
As
árbores da Carballeira,
os
carballos silandeiros,
aínda
soñan cos paxaros
que
antes nela estiveron.
No
Arroás contábanse historias. Unha
delas, a de Clarisca, que era moi amiga do vento. E había poemas na historia.
Vou
procurando mociña
Debuxo de María Victoria Moreno |
entre
as herbas dos camiños.
Son
mozo e rico, Clarisca,
¿vasme
querer por marido?
Ai,
vaite, vaite, mociño,
porque
eu teño o corazón
moi
lonxe destes camiños.
Araceli,
unha meniña soñaba e mentres soñaba, choraba. Lola acochouna coas sabas e
cantoulle unha nana que inventaran os rapaces:
Ruliña
sen niño,
paxariño
pobre,
pechas
os olliños,
non
choras e dormes.
Como
se pode observar, hai moita poesía en Mar adiante, tanto na idea das
historias coma en perlas coma estas.
María Victoria Moreno amaba fondamente a
poesía e esta formou parte da súa esencia coma persoa e coma escritora.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO