Introduciu o acto o director da editorial
Elvira, Xabier Romero, e deseguido o artista Alberto Cunha
dixo unhas palabras referentes ao espírito desta xuntanza literario-musical.
Intervención de Xabier Romero
Antes de que eu contase a miña impresión
do libro, Alberto e Andrés Cunha interpretaron a canción Se falases
de min, que no libro aparece na voz do gran Paco Ibáñez. Foi, sen
dúbida, unha fermosa versión, como neles é costume.
Alberto Cunha fala do acto e do libro
Tamén eles dous, tras a miña intervención,
deixaron no aire (e nos nosos sentimentos) dúas cancións baseadas en poemas do
libro. Foron intres de emoción nada disimulada.
Os irmáns Cunha deleitando aos asistentes
Resultou, sen ningunha dúbida, un acto
entrañable nun recuncho precioso da librería que nos acolleu cun enorme
agarimo.
O acto foi gravado en
audio e aquí está para os que vos animedes a escoitalo.
AGT falando do libro
Versos e aloumiños
segue a ser un espazo para xente sensible ás artes. Se falases de min,
que reúne arredor da poesía, as pinturas de Xulio García Rivas, as
palabras de Jordi Sierra i Fabra, a composición de Paco Ibáñez (case
nada!), seis temas de Alberto Cunha e a miña voz lendo poemas do libro; Versos
e aloumiños, digo, séntese un blog-revista moi honrado de recoller
estas pezas, algunha delas, histórica.