Leuno en internet. É un deses poemas que, milagrosamente, aparecen nas redes sen saber por que.
Diego Massimini, un prestixioso cantautor arxentino, conmoveuse diante deses versos e decidiu poñerlle música.
Un día dirixiuse a min e envioume
unha gravación do poema. Encantoume.
Pero este home é un
perfeccionista e gravouna varias veces ata que ficou convencido da versión.
Diego Massimini |
Outro día envioume un precioso vídeo no
que cantaba Tango para Guada en estos días. Que marabilla!
Máis ou menos hai dous anos e pico
envioume a gravación dun fermosísimo álbum que leva por título Lo Que Trae
el Río: dezasete cancións espectaculares que me engaiolaron.
E o día 18 de novembro recibín a versión
definitiva de En un trozo de papel. Definitiva? Con este enorme músico nunca
se sabe. É tan autocrítico…
Ben, pois aquí, en Versos
e aloumiños, esta canción, o poema musicado dun libro Volando por las palabras, que ya no existe como tal, pero está ya transformado.
Que o desfrutedes.
Grazas, Diego, pola túa
arte.
Ilustración de Arcadio Lobato para o libro Volando por las palabras |