Con Manoele de Felisa na Estrada
No acto
fermoso vivido na Estrada, "Parladoiro das Letras", un dos momentos
máis emocionantes xurdiu cando o meu admirado Manoele de Felisa sentou
na butaca e, guitarra en man, cantou cun
gusto excepcional a canción Pomba sobre un meu poema incluído no
libro Paseniño, paseniño.
Este poema fora
musicado polo gran Paco Ibáñez. Concretamente, a primeira canción que
compuxo da miña obra poética.
Paco fixo un
marabilloso tema quer convida a bailar e a moverte. Unha sorte de muiñeira.
Manoele deu outra visión, igualmente fermosa, do poema máis lenta e dotada
dunha intensidade e dunha beleza espléndidas.
Velaquí
recollemos o momento da interpretación.
Un deses momentos
que non se esquecen porque van directos ao corazón.
Grazas e
parabéns, admirado Manoele.