É Tempo de Nadal. Luces, moitas luces talvez para que sintamos a ledicia que se nos nega ao longo do ano.
Ou talvez non.
Nadal, días de felicidade, impostada?
Ou de felicidade real?
Tempo de panxoliñas.
Tempo de agasallos.
Hai quen o revive con
ilusión cada ano.
E hai quen o odia anos tras
ano.
Non hai unanimidade sobre o
sentimento destas datas tan sinaladas.
Versos e aloumiños
agasállavos cunhas panxoliñas -realmente poemas- co Nadal de protagonista.
Lédeos, se vos apetece, e
sede felices.
Todo o felices, iso si, que
nos permitan as circunstancias.
E nunca deixedes de reflexionar para que o Nadal só sexa un negocio.
NADAL PARA TODOS?
Canta unha nena.
Chora unha flor.
Chora un arume.
Canto de nena.
Pranto de flor.
Pranto de arume.
Canto e dolor.
Un Neno nace
na escuridade.
Un neno vaga
pola cidade.
¿Por que o meniño
vive na rúa?
¿Por que mendiga?
¡Ninguén o axuda!
Cálidos soños.
Fríos tellados.
Nenos que tremen.
Corpos xeados.
Cálidos fríos.
Rin os pequechos.
Bailan os ríos.
Luz irreal.
Non para todos
chega o Nadal.
O NENO DORME
O Neno ten unha estrela
no medio e medio dos ollos;
esa estrela é a que nos di
O Neno debuxa risas.
A estrela pinta colores.
O Neno desfai as sombras.
A estrela recolle os soles.
O Neno ten caraveis.
Xa vén o sono chamalo.
A estrela recorta lúas.
A estrela ten que arrolalo.
O Neno ten unha estrela
que caeu sobre o portal;
unha estrela que nos di
que o Neno xa dorme en paz.
O NENO NACE
Neva nos ollos.
O Neno nace.
Luz de cartón.
Os anxos cantan.
E un reiseñor
preto do Neno
borda unha voz.
Río na noite.
Ecos ó lonxe.
Si – la – re – do.
Ondas de nubes.
Calma e farol.
O Neno inventa
soños de amor.
MAR DE XENTE / MAR DE AMORES
                 mar de amores       
                 mar que arrola    
mar con flores
                 mar afago
                 mar tremente
                 mar murmurio
                 mar de xente
                 mar sen rochas
                 mar sen verbas
                 mar de sombras
                 mar de apertas
                 mar – estrela
                 mar – canción
                 mar – azucre
                 mar – turrón
                 mar sen ondas
                 mar besbello
                 mar sen barcos
                 mar inquedo
                 mar que danza
                 mar sen lodo
                 mar que bica
                 mar de todos
                 mar de cores
                 mar lanzal
                 mar persoas
                 mar… Nadal!
     NA LÚA
Chove na lúa.
Roda de estrelas,
de homes, mulleres,
nenos e nenas.
Pingas de prata
que alivian penas.
Fume, agarimo,
cores, miseria.
Vén o Nadal.
Ai, como chega!
Sente na pel
ventos de guerra.
Bicos na lama.
Risas de seda.
Man sobre man.
Calan as tebras.
Neve na lúa.
Roda de estrelas.
Chega o Nadal.
Ai, como chega!
Luz e esperanza
planta na Terra.