MANEL MONTEAGUDO (Outes-Noia, A Coruña, 1957)
A NEPTUNO
Cultivo unhas ondas verdes
no profundo do mar
Manel Monteagudo |
dos amores falar
que teño ganas de ouvir
cando comeza a narrar
historias de sereas
que lograron namorar
os bravos mariñeiros
que as quixeron bicar
QUIXO SER…
Quixo ser paxaro,
pero faltoulle o ceo.
Quixo ser árbore,
Quixo ser mar,
pero faltoulle o sal.
Quixo ser poema,
pero faltoulle o xograr.
E facendo contas,
todo o que puido ser
foi un proxecto sen acabar.
LÚA
Lúa es quen garda os soños
O autor nunha lectura de poemas |
onde a espertar as súas pisadas
os días quedan pequenos.
Es doncela sen donos,
mais raíña es á súa vez,
e antes de contar até dez
a noite chama á túa porta,
pois coa túa ausencia
está morta. Sen a túa maxia
non hai poder.