Co gallo do décimo aniversario da BIBLIOTECA DE GALICIA, os seus responsables decidiron, con moi bo tino, realizar unha serie de ciclos sobre literatura e artes plásticas.
O primeiro deles ten á poesía como protagonista e co nome de Na Biblioteca de Galicia lese poesía hai cinco actos programados nos que a poesía é tratada dende diversos puntos de vista.
Comezaron Yolanda Castaño xunto ao músico Isaac Garabatos o venres día 12 de marzo.
Ao día seguinte, sábado día 13, Chus Fernández e mais eu compartimos escenario nunha lectura da miña poesía que introduciu a crítica de LIX e tradutora ao castelán da miña obra poética.
Seguirán en semanas sucesivas as poetas Alba Cid, Lucía Aldao/María Lado e Rosalía Fernández Rial.
Unha actividade moi necesaria á que seguirán outras con narradores e narradoras e a ilustración tamén será o eixe doutraaposterior.
Parabéns a todas as persoas que traballan nesta institución imprescindible e fermosísima e que siga medrando durante moitísimos.
Deseguido, pódese ver o vídeo completo da nosa conversa arredor da miña poesía.