Páginas

lunes, 25 de enero de 2021

A BUTACA DO LECTOR (13) "Wolfram", de Alberto Varela Ferreiro.

 



O Lector non está moi afeito a ler cómic. Valora enormemente este xénero e sempre está atento a certos títulos que lle poden interesar. Ultimamente leu varios que lle gustaron moito: Watchmen, de Alan Moore, A chaira, de Antonio Seijas, Memoria de una guitarra, de Román López-Cabrera, un par deles sobre Lorca e Machado e este Wolfram, de Alberto Varela Ferreiro, editado por Edicións Xerais. Esta novela gráfica gañou a súa atención pola calidade dos seus debuxos e dos feitos moi ben contados. O asunto do volframio en Galicia é algo polo que decote tivo moita curiosidade.

     Cando remata a Guerra Civil española a Segunda Guerra mundial está a piques de estoupar en Europa e, xa que logo, no mundo. As novas armas de guerra cambiaron a face do armamento bélico e o volframio, escaso no planeta, vai ser moi necesario na industria armamentística. Con esos presupostos, Varela Ferreiro crea dous personaxes que van manter o protagonismo da súa historia: W C Morgan e Molly Morrison. O primeiro é un axente da intelixencia británica e vai ser quen debe controlar os movementos nazis na zona. Para iso, chegará á sucursal que o The Anglo South American Bank Ltd. ten en Galicia. El contactará coa guerrilla co propósito de obstaculizar, no posible, que o mineral chegue ao exército alemán do III Reich.

    


Molly é unha afouta axente norteamericana e xuntos vivirán unha aventura fascinante. A través de 74 páxinas aparecen ambos en situacións comprometidas nun repaso á historia que cativará o lector. O Lector goza coas imaxes vivas e expresivas ao longo de lugares que lle son coñecidos pero que revive cun inusitado interese.

É unha novela gráfica de aventuras arriscadas, claro, pero tamén ateigada de historia galega e europea. Dividido en varias partes, a forza das imaxes fan deste cómic un exercicio de interese e de constatación dos movementos que o volframio produciu na contenda.

     Este é o terceiro título de banda deseñada do autor tras 1809 A rebelión Neria e Uf de Jacobsland. Alberto Varela Ferreiro, así o considera o Lector, converte estas páxinas nun reto complexo pero de gran importancia para achegarnos á historia da nosa cultura.

Di con moita claridade o autor -e o Lector aplaude a información, algo triste, iso si, que nos hábitos de lectura españois a banda deseñada ocupa, coa poesía, un dos últimos lugares nos gustos do lectorado. Unha mágoa, xaora, pero coida o Lector -ou quere pensar- que os/as que len estes dous xéneros son moi fieis e o número de entusiastas via medrando pouco a pouco e non decrecen endexamais.

     Gústalle ao Lector ese glosario final, por orde de aparición, de lugares, persoas, conflictos bélicos, cidades, nomes de minerais etc., nos que se explica as características de todos eles.

     O Lector sentiuse feliz cando rematou o libro e abriuse para el un novo mundo gráfico-literario dun enorme interese.

     Altamente recomendable.

     Parabéns

 


martes, 19 de enero de 2021

A LUZ DAS PALABRAS (79) Nieves García García

 



Aínda non nos coñecemos persoalmente, pero chegará o momento. Agora ben, cando leo o que me escribe, vexo que compartimos tantas cousas, que me fai sentila próxima, moi próxima.

     A Nieves García, brillante gañadora do Premio de Poesía para Nenos e Nenas “Ciudad de Orihuela”, e a min, únenos o noso amor pola docencia -hoxe xa xubilados-, o noso amor pola palabra poética, o noso amor polos grandes poetas españois, o noso amor polos lectores e lectoras.

     Lin a Nieves por vez primeira no seu fermoso ¡A la luna, a las dos y a las tres…! e fiquei engaiolado. Había nel un frescor evidente e un gusto polos versos con certo sabor tradicional, pero pasados pola súa man de maga, que resoaban no aire. Axiña me decatei de que estabamos nun poemario de referencia e perante unha autora con moito que dicir na poesía española.

     Queríaa en Versos e aloumiños e aquí está para poder gozar da súa palabra, sempre honesta. Un fermoso texto que di moito da súa sensibilidade, tanto humana coma literaria.

     Grazas, Nieves, por acompañarnos.



Nieves García 



Comencé en esto de escribir poesía de una manera muy curiosa. Había recopilado a lo largo de los años una nutrida información sobre canciones, romances, coplas, cuplés…y todo aquello que me contaron y cantaron las personas más mayores de mi pueblo. Elaboré con todo ello un trabajo que publicó el Instituto Juan Gil-Albert de Alicante, con el nombre de “Venimos de bureo”. Y como por arte de birlibirloque, todas esas canciones que bullían en mi interior, cobraron distintas formas y comenzaron a salir con otras palabras creando un mundo poético que hasta entonces desconocía que fuera mío. Bueno, así comenzó todo, más o menos

 Ahora que me he convertido en una de esas personas mayores, me dedico a indagar en mi infancia, recordando imágenes de mi niñez, que aparecen cada vez más nítidas en mi retina, acompañadas a su vez de sonidos, como el de los bolillos de mi abuela Doloricas, en la puerta de su casa, volando por sus dedos, el martilleo del mortero o el molinillo de madera en el lebrillo en casa de mi abuela Nieves o el bullir de los tomates escaldados en la olla para la conserva. También el  de la charamita, junto con  el estruendo de los cohetes en los días de fiesta y yo, la nieta mayor de mi familia paterna y materna, siempre de su mano.  He condensado estas imágenes en pequeños poemas donde recreo aquellos sonidos que me acercaron a ellas. Este que os presento a continuación, habla de un tema que a veces se nos olvida tratar con las nuevas generaciones, como si se hubiera convertido en un tema tabú. ¡Y es que eso de la guerra nos queda tan lejos! Últimamente, con las nuevas investigaciones que se están llevando a cabo sobre  la fosa común del Campo de Concentración de Albatera, en la que interviene   mi paisano y amigo, el arqueólogo Felipe Mejías, tengo más presente que nunca una parte de esta historia jamás resuelta. Mi y mi madre apenas  me hablaron de la Guerra Civil,  aunque algunos de sus tíos y tías desaparecieran de sus vidas para huir a otros países. Los tíos de Francia siempre fueron en mi casa como gente un poco snob, que le gustaba vivir en el extranjero y traernos en sus visitas algún que otro paquete de café. Pero mi abuela materna, de vez en cuando, me hablaba del horror que fue bregar con la familia propia y ajena para sacar adelante con mucho esfuerzo y pocos medios a propios y allegados. Y de ahí surgió este poema que trata una ínfima parte de todo este relato.

 

 

                                                Pertinaz silencio


La cambra* de mi abuela

tiene una luz antigua,

como de cine mudo.

Ha entrado un gorrión

y revolotea por encima de las viejas arcas.

―“¡Yo lo quiero, yo lo quiero!”

―“Los gorriones no saben

lo que es vivir cautivos.

Hay que dejarlo ir”.

Mi abuela abre el ventanuco

de par en par y el gorrión

se va en busca de la mañana

y nos deja los sonidos

 de su suave aleteo…

―“Abuela… ¿Esa eres tú”

le digo, contemplando una foto

donde están presentes sus ojos.

―“Esa foto tiene más años que la tos”

―”Y esta carta… ¿Es del abuelo?”

―”Me la escribió desde el frente,

 aún nos quedaban palabras.

Después, la guerra nos dejó mudos”.

―Pero ahora hablas, abuela.

Y te escucho”.

―“Porque ya se fue”.

Y el silencio se escapa, también,

por el ventanuco de la cambra.

                                                                        Ssss…


                                                                                               Nieves García

 

 *Cambra- Se utiliza en la zona del medio Vinalopó para designar el lugar de la casa que se encuentra justo bajo del tejado, donde se secaban las henchiduras de la matanza y que además se usaba de desván. Proviene del término valenciano cambra, que significa habitación.


Foto tomada de "Biblioabrazo"



                          Por se queres saber máis de Nieves

Nieves García García nació en Aspe (Alicante) en 1957. En la actualidad es maestra jubilada y se dedica a escribir poesías y cuentos para niños. Su estrecha relación con el mundo de la infancia le ha ayudado a acercarse a la Literatura Infantil desde la mirada de sus alumnos. En el 2012 se publicó su primera obra titulada: “Venimos de bureo”, un recopilatorio de todo aquello que le contaron y cantaron sus mayores, editada por el Instituto Juan Gil- Albert de la Diputación de Alicante. Fue galardonada en el 2011 con el XI Premio de Investigación Manuel Cremades. ¡A la luna, a las dos y a las tres!  es el título de su primer libro de poesía infantil, hasta el momento. Recibió en 2018 el XI Premio de Poesía para Niños y Niñas Ciudad de Orihuela y en el  2019 fue publicado por la editorial Kalandraka. Ha sido  galardonado con el Premio Club Kiriko 2019 y  el premio Cuatrogatos 2020. También ha sido seleccionado por la OEPLI como uno de los mejores libros del pasado año.




viernes, 15 de enero de 2021

A LUZ DAS PALABRAS (78) Manrique Fernández


 

A esta persoa inquieta e dinámica coñecina persoalmente en Ponteareas co gallo da celebración dos Xogos Florais da vila.

     Manrique Fernández causoume unha fonda impresión pola súa vitalidade cultural, polas súas ideas para facer da literatura algo ben presente na sociedade e pola súa sensibilidade artística, que é grande e variada.

     Non hai moito tempo que Manrique deu ao prelo na editorial Galaxia un libro de relatos que me emocionou, Os anxos indecisos. Antes xa lera a novela publicada por Belagua Edicións, Tres feridas.

     A súa literatura converteuse para min en “literatura amiga” e vexo o espírito deste autor nas dúas obras citadas. Enorme autenticidade.

     Como non ía estar en Versos e aloumiños se a súa palabra posúe unha luz que nos fai mellores?

     Aquí está, cun capítulo dunha das súas novelas.

     Desfrutádeo.



Manrique Fernández



A luz da lúa chea

Manrique Fernández

 

 

 

A noite. A noite é poderosa. É un soño profundo, un misterio insondable, unha paréntese de negrura. A noite é o berce das almas inquedas, o acubillo dos espíritos senlleiros; é cómplice dos amores furtivos, acougo dos desenganados, agocho dos meditabundos.

A noite é un río de esperanza, a promesa dun mencer, o devalo dos contratempos.

Na noite poden acontecer calquera tipo de sucedidos, agardados ou sorprendentes, rutineiros ou inexplicables. E na noite, eu son a raíña indiscutible. Dende o principio dos tempos, sentada no meu trono de estrelas, nada do que facedes na noite escapa á miña observación. ¡Nada! Eu son quen vos trae os soños ou os pesadelos, quen vos impide durmir ou espertar, quen vos guía na escuridade, quen tece as historias de medo e arrepíos. Podedes chamarme Selene, se vos presta. Gústame ese nome.

O tempo non ten segredos para min. Reino para vós dende que todo comezou. Dou voltas ao voso redor, espío os vosos pensamentos, as vosas argalladas, as vosas promesas e as vosas traizóns. Cada noite e en cada punto do planeta que teño aos meus pés. Agora mesmo, por exemplo, vexo a Simón e Aurita na traseira da rectoral, onde tantas e tantas veces se xuntan para falar das súas cousas, para mirar as estrelas e contar historias. Para mirárense e contárense o un ao outro. Gústanme estes dous rapaces.

¡Afastade, nubes ruíns, que non me deixades albiscar aos mozos! ¡Liscade dunha vez! Así, veña. E agora, unha raioliña de luz para eles por cortesía da súa vella amiga.

—Mira, Simón, por fin apareceu a lúa. ¡Que redonda está e que luz máis fermosa ten!

Grazas, Aurita. Xa sabía eu que che había de gustar, moza melosiña.

—É certo. E está chea de todo, ¿viches? Redondiña coma un queixo daqueles tan saborosos que facía a túa nai. E tal semella que lle metesen dentro un quinqué xigante do moito que aluma.

—¡Ha, ha, ha! Mellor. Así podo verche a cara.

—¡Cala, lingoreteira! ¡Coma se non ma tiveses visto ben veces!

Iso é certo. Estades toliños un polo outro, non hai máis que vervos xuntos. Ti bebes dos seus ollos verdemar e ela adoece polas túas historias. ¿Por que non lle contas unha? A noite gardará as túas palabras e protexerá o voso segredo.

A min tamén me presta atender a esas lendas tan fermosas. Escoiteinas todas centos de veces ao longo dos anos. E moitísimas máis que os homes fostes esquecendo polo camiño. Pero tedes a teima de trocar o que vos dixeron a vós cada vez que a relatades, por iso sempre son novas para min. ¡Veña, contalle unha!

—Aurita, ¿sabes o conto do druída que habitaba no castro? ¿Conteicho algunha vez?

—Coido que non. Estou desexando escoitalo. ¡Cóntamo, anda!

—Ben, pero é unha historia arrepiante.

—¡Son as que máis me gustan! Non te fagas de rogar, veña.

—Vale. Pois aconteceu fai moito, no castro que hai no alto do monte, o que chaman Castro de Valmaior.

—Ben o coñezo, non está lonxe da miña casa.

—Disque no tempo no que os animais falaban, estaba habitado por unha tribo das que chaman celtas, e que alí había un vello druída, que seica eran unha especie xuíces e conselleiros do clan, pero tamén sacerdotes, medio meigos ou algo así.

—Xa sei o que son os druídas. Falaban cos seus deuses, creaban apócemas misturando herbas e eran capaces de facer cousas que a nós nos parecen imposibles.

—Exacto. Pois segundo se conta, este druída era un dos máis poderosos de toda a bisbarra e as súas proezas chegaban a cada curruncho do país sementando admiración en todos os que as escoitaban. Había quen dicía que tiña tratos con espíritos malignos, diaños, trasnos e seres desa ralea. Tiña un nome moi raro que nunca consigo recordar.

—¿Que máis ten como se chamase? Ti segue co relato.

Lémbroo ben. Chamábanlle Olónico. Era un home nobre e baril, alto coma un carballo e forte coma un penedo. Tiña unha longa melena avermellada e cando o sol lle daba de cheo mesmo semellaba ter lume na testa. Eu isto non o puiden verificar por razóns que a ninguén se lle escapan, pero tal fama chegou a min. Foi o druída máis importante do seu tempo e de todos os que viñeron despois; ninguén acadou nunca tanta sabedoría coma el.

—Ao parecer, vivía cunha muller misteriosa: nunca se soubo de onde viñera. Un día apareceu no poboado preguntando polo druída e dende ese intre ficou a vivir con el. Era a súa concubina. Na aldea dicían que descendía dunha saga de raíñas feiticeiras que dominaban a maxia, os encantamentos e os feitizos; unha meiga pouco menos poderosa ca o noso druída. Desta si que lembro o nome: chamábase Morgana.

¡Morgana! ¡Triste Morgana, filla dos mares e das mareas! Tamén de ti me lembro... ¡Como esquecer aquel sorriso garatuxeiro, aquela ollada esquiva e fuxidía, aquel carácter impetuoso e afoutado! ¡Ah, a vella Morgana!

—Entre os dous acadaban todo tipo de proezas, protexían coa súa sabedoría ás xentes do poboado e favorecían as colleitas e as batallas.

Certo: nunca houbo castro máis protexido ca aquel nin máis envexado polos clans da bisbarra.

—Pois ben, contan que unha tribo veciña quixo someter aos seus habitantes. Ao amparo da escuridade da noite e coa sorpresa como estandarte, aquela tribo atacou o castro de Valmaior e derrubaron parte do valado para poder penetrar na praza.

Lembro perfectamente o suceso, amigo Simón. Foi un ataque brutal e houbo mortos a esgalla. O sangue vertido enchoupou a terra... Pero non quero interromper máis o teu relato. Continúa.

—Pois parece ser que durante a loita, querendo ou sen querer, as tropas atacantes tronzáronlle a vida a Morgana. Ela sabía pelexar coma un home e enfrontouse a eles coa espada na man ao pé do valado, pero fíxoo con tan mala fortuna que recibeu unha ferida no peito que lle provocou a morte. O druída tíñaa nos brazos cando se lle foi a alma e din que chorou e chorou ata anegar toda a estancia, pero supoño que iso será unha esaxeración.

—¡Home! ¡Digo eu! Pero se así foi como cho contaron por algo será.

—Así xustamente. Mesmo hai quen pensa que o regato de Vintel naceu naquel intre pola acumulación das bágoas do druída e que por iso as súas augas saben a tristura.

—¿A tristura? ¡Pois a min sábenme ben! Ao baixar do monte pasa ao pé da casa; teño bebido moito del e nunca lle notei nada raro. É unha auga algo recia, pero baixa fresquiña e é saborosa. Pero iso é igual. ¿Que pasou despois?

—O druída toleou coa carraxe de ver o corpo morto da súa amada e xurou vinganza. Saíu ao pé do muro con Morgana nos brazos e a súa figura sobranceira abondou para deter o combate. Os loitadores sentiron a necesidade de deixar de pelexar para admirar a impoñente silueta daquel home que tiña lapas de ira nos ollos. Un berro atronou o aire e todos sentiron como a terra se remexía baixo os pés e o vento comezaba a asubiar unha cantiga taciturna, morriñenta. As nubes arremuiñáronse sobre o poboado e tamén choraron a pena do home, choraron como nunca choraran na memoria dos máis vellos.

—¡Xa é chover!

—Entón, o druída falou. E dirixíndose aos atacantes, cuspiu maldicións que fixeron estarrecer aos máis arroutados: «¡Malnacidos! ¡Fillos de todas as serpes! Arratrarédesvos polo chan coma os réptiles que sodes e viviredes eternamente nesa condición lamentando o voso acto, sen paz para as vosas almas mentras o mundo sexa mundo.»

—¡Dá arrepío!

—Cala, non interrompas, que chegamos á parte máis importante. Porque xusto nese intre, segundo contan, unha néboa mesta comezou a espallarse sobre o poboado e todos e cada un dos guerreiros atacantes caeron ao chan, coas mans pegadas ao corpo e as pernas estricadas, e comezaron a reptar sen se poder erguer e sen ser capaces de dicir unha soa palabra; dos seus beizos só saía un asubío agudo coma o das serpes.

¡Ha, ha, ha! Canta imaxinación tedes aí abaixo, e que fermosas historias facedes con ela.

—Seica ese é o motivo polo que a xente da aldea lle ten tanto medo ás cóbregas que aparecen nos bosques e nas leiras: cren que aínda poden ser algunha daquelas almas en pena.

—Tiñas razón, é arrepiante. Pobres guerreiros.

—¿Gustouche?

—Moito, Simón. Pero danme un pouco de pena eses homes, arrastrándose polo chan eternamente.

—Téñeno ben merecido, ¿non si?

—É moito castigo. ¡Eternamente!

—¡Boh! Só son historias, non lles fagas moito caso.

—O druída estaba moi enrabexado, nótase que amaba con forza a Morgana. ¿Ti cres que pode existir un amor tan forte como para facer algo así, Simón?

—¡Por suposto! ¿Quen o dubida? Cando un ama de verdade é capaz de calquera cousa. Mesmo de dar a vida pola persoa amada, por disfrutar un só intre do seu amor. O amor é a arma máis poderosa do universo todo.

Moi ben, Simón, así se fala. Se algo aprendín observándovos dende que comezástedes a descolgarvos dás árbores é que o que acabas de dicir é a maior de todas as verdades. E coido que Aurita, polos ollos que che está a poñer, pensa igual ca min. Esta moza é moita moza.

—Simón..., dame un bico.

—¡Aurita!

—¡Simón!

Vaia, parece que eu aquí xa non pinto nada. Deixemos que a natureza siga o seu curso. ¡Nubeiros, volvede aquí! Tapade o que vai acontecer aí abaixo. E pechade os ollos, non sexades curiosos. ¡Veña! ¡Apurade!

—Mira, Aurita, a lúa escondeuse tras das nubes.

—Non importa. Xa que non che podo mirar aos ollos, apalpareite...



Por se queredes coñecelo mellor



Manrique Fernández

 

(Sistallo – Cospeito – Lugo. 1965)

Son licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballei en Galicia en distintos medios de comunicación, tanto en prensa escrita como en radio, televisión e medios dixitais, en distintos cargos e con diferentes responsabilidades. Entre 2002 e 2017 exercín de director-xerente da Fundación Rogelio Groba. Na actualidade colaboro co Concello de Ponteareas na organización de actividades culturais, como o ciclo “Venres D_letras”, do que son coordinador dende o seu nacemento.

Froito da colaboración co compositor Rogelio Groba naceron diversos traballos, como a súa biografía autorizada,“Meditacións en branco e negro” (Xerais, 2000); o libro de conversas “Diabolus in musica” (Galaxia, 2011). Tamén xurdiron outras colaboracións como letrista de algunhas das súas composicións: as óperas “Floralba” e “Pedro Madruga. O noso Rei”, unha ópera infantil (adaptación do conto de Charles Perrault “O gato con botas”, en galego e en castelán), a cantata “Corpus en Ponteareas”,  o réquiem “Samaín. Réquiem galego”,  e varias cancións.

O libreto da ópera “Floralba” e máis un poema longo que a inspirou, foron recollidos nun volume co mesmo título (Egasur, 1999); pouco máis tarde publiquei tamén o libro “Ponteareas máxica. Mitos, ritos e lendas” (Asociación de Comerciantes de Ponteareas, 2002), no que se recolle o devandito poema e máis outras sete lendas populares desta vila narradas en verso.

Ademais publiquei a colección de relatos “Crónicas de Embora” (Toxosoutos, 2014), a novela “Tres feridas” (Belagua, 2015), a obra de teatro infantil “Hermes, aprendiz de mago” (Galaxia, 2017), e o libro de relatos “Os anxos indecisos” (Galaxia, 2019).


Presentando en Ponteareas "Venres D Letras", unha das moitas actividades de Manrique.


martes, 12 de enero de 2021

FAÍSCAS (6) "O mar indefinible, sarcástico e tenro"

 




“El mar, / la mar. / Sólo la mar…” que dicía o poeta gaditano. O mesmo que quería que levasen ao nivel do mar a súa voz se morrese na terra. Rafael Alberti cantou o amor si, pero tamén os nosos Bernardino Graña, Manoel Antonio, Martín Codax ou a prezada Xohana Torres entre outros. É que o mar está para ser cantado na súa inmensidade. Cantan as ondas mentres rin fachendosas as súas brincadeiras. Cantan coa voz de escuma entre algas e areas. E nós cantamos tamén (Ondas do mar de Vigo…), porque ese mar presenta mil rostros para seren cantados. En voz baixa ou ben alto, os poetas cantan as flutuacións dun mar que acariña pero que afoga; que ri ás gargalladas pero tamén chora; que bica pero que ameaza. Mais… é tan grande a fascinación que produce!

     É tan mentiroso o seu xeito de mirar… Son tan incisivos os seus laios… Son tan escuras as súas mentiras…, tan románticas as súas apertas…, tan doces os seus beixos…, tan de vidro os seus labios…

     O mar cativador que couta ilusións. O mar, que lea cos seus movementos as profecías dos navegantes. Ese mar próximo, case infinito, portador de conversas sen palabras pero molladas de salitre e de vento. O mar e o aire non deixan de moverse endexamais e transmiten unha enerxía á que nos entregamos docilmente. Di o escritor arxentino Pedro Mairal -que descuberta!- que “o mar limpa, serena, cansa e nos sincroniza con todo o que se move á velocidade exacta da Terra”.

     Así me sinto eu. Só que a min o mar non me cansa. Todo o contrario, infúndeme unhas sensacións que me permiten recuperar esas partes perdidas de min mesmo que foron desprendéndose ao longo dos períodos de sequedade emocional. O mar indefinible, sarcástico e tenrro. O mar incorruptible e creador de múltiples ladaíñas. Ese é o mar que me seduce. Que nunca me afoga. Que sempre, moi fachendoso, me bisba ao oído uns versos para que eu lle escriba un poema, cousa que fago sen facerme de rogar porque, no fondo, eu tamén o preciso.

   




                                                                                                                                    ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

sábado, 2 de enero de 2021

A LUZ DAS PALABRAS (77) Carles Cano

 



 Falar de Carles Cano é falar duns monstro…”das paellas”. É falar dun amigo.

Pero por iso non estaría no noso blog-revista. Carles é un grande escritor cunha liña moi definida en todos os xéneros que toca. Carles é un enorme contador/encantador de historias, tanto oralmente coma por escrito.

Carles escribe unha poesía xogantina e cotiá na que o lector/a se ve desfrutando coas súas verbas. Carles escribe, tamén, unhas historias disparatadas que nos fan rir a cachón pola intelixencia e polo humor que conteñen. 


     Non esquecerei nunca, malia os anos transcorridos, a lectura que lles facía en voz alta aos meus alumnos de 6º de Primaria do seu marabilloso libro Cuentos para todo el año, unha obra ateigada, ademais, de tenrura.




Porque Carles Cano é tenro, sabe dotar de graza a súa obra e é un contacontos excepcional. En definitiva, un amigo entrañable.

     Que non estivese en Versos e aloumiños, sería unha eiva imperdoable. Pois xa esyá aquí, para que poidades desfrutar da súa imaxinación posta ao servizo da literatura. E chega con toda a súa forza e co seu agarimo pola palabra literaria, sempre a prol do lectorado.

     Moitas grazas, Carles, colega!



Carles Cano





                               LA PRIMERA VEZ

 

         La primera  vez que un elefante vió el mar pensó:

         --¡Ostras! ¡Que bestias son los cocodrilos de este río, se han comido la otra orilla!

 


                                                                   UNA LEYENDA

 

         Cuenta la leyenda que a un elefante que paseaba por un acantilado un dia de tormenta, se lo llevó un golpe de mar. Fue una ola tan fuerte que le arrancó las orejas y la trompa y le puso los colmillos del revés. A pesar de todo, el elefante sobrevivió e incluso aprendió a nadar,  tan bien que las patas se le transformaron en aletas. Ahora que su familia y amigos no podían verlo pudo hacer realidad uno de sus sueños: ¡Dejarse bigote! Así nació la primera morsa.

 

Nun encontro con lectoras e lectores



                                                    CEGUERA DE AMOR

 

         Una boa miope se enamoró de la trompa de un elefante. Todos los días a media tarde, iba a festejarla y se abrazaba a ella. El elefante la dejaba hacer porque le sabía mal desilusionarla y únicamente se la sacudía de encima cuando se ponía excesivamente fogosa. La boa tomaba aquellos batacazos como prueba de amor y todas las tardes volvía.

         Un día sus congéneres quisieron sacarla de su error y le dijeron la verdad. Ella les contestó, casi sin inmutarse:

­–¿Y qué? ¿No dicen que el amor es ciego?

(del libro 40 Elefants mariners. Ajuntament de Mislata 2006)

 






Ida y vuelta

Tuvo que ir a ROMA y volver

Para saber que aquello que sentía

Y que lo ponía del revés era AMOR.

 

Ortega?

Yo soy yo y mis circunferencias

(Michelín)

 

Poesía amorosa

Versaba tan bien,

Que te dejaba con la miel en los labios.

 

Confusión

Tenía un problema con la endivia

Pensaba que era un pecado

Y por eso nunca la había probado.

 

Rebelión

–¡Esto si que es la rebelión de las masas!

Dijo, agarrándose las lorzas de la panza.         

                                           Micropoemas (inédito)

 

 


 

                     LEGO

Un xiquet

jugant amb un lego

és un poeta

buscant un poema.

A voltes sobren paraules,

o peces de a dos.

Altres no hi ha manera

De trobar una rajola esdrúixola.

Les paraules grogues

són millor que les verdes

per a contar deserts

o construir camells,

però amb les verdes

es pot dir un bosc,

muntar una serp

o alçar una palmera.

Res de tot això es pot fer

amb les paraules blaves

que, tanmateix, són necessàries

per als poemes tristos

i per a fer el mar.

Un poeta

 jugant amb les paraules

És un xiquet

Buscant un poema.

 

 

En plena faena



EJERCICIO

 

Hay quien hace listas

con las palabras más hermosas:

amor, libertad, azahar, jacarandá…

Para mi la primera seria:

Azul.

 

Suena tan bien que te llena

toda la boca y se queda aleteando

como una libélula, un colibrí,

en el cielo húmedo del paladar:

Azul-l-l-l-l.

 

Me transporta a otro cielo limpio.

Me sumerge en un mar profundo.

Me trae la caricia salvaje del sol

y el murmullo del crepúsculo.

Azul.

 

Tiene un sonido luminoso,

quizá por la luz que se enciende

al leerla del revés: luz-A

¿Qué clase de luz será esa?

Azul.

 

Esta es mi primera palabra.

Las otras, las siguientes,

ya se me irán ocurriendo.


Con Antonio en Galicia