ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL (A Costa da Morte, 1988)
CANDO A CULPA É DE TODOS
Cando a
culpa é de todos,
a enerxía
conxunta
cambia de
bando.
A
inercia do seu xiro
érguenos,
víranos o sentido do corpo
e deixa
por ronsel
unha
coreografía.
Todas as
persoas
depositamos
o
significante da pedraRosalía Fernández Rial
na mesma
matriz.
Aprende
nos
nosos gateos,
balbucen
música
e
escultura
no
milladoiro
erixido
por nós.
Parimos
entón.
Só os
símbolos
da arte
outorgan
significado
á
especie que somos.
Nace a
evolución.
Eu, sen
embargo, son libre,
libre coma
os paxaros,
que me
aniñan nos pés,
aves
migratorias
fundandoen
cada pegada,
un pequeño
país.
Sobre o
teclado acuático
da superficie
compoñemos
sinfonías
de auga
e vendaval:
deixamos por estela
o
arquipélago
da nosa
partitura,
para que
o seu voo
escriba
sobre o baleio
o son da
palabra Mar.
NINGÚN
DESTINO…
NINGÚN destino
xa trazado
conduce a
un outro lugar;
non hai
Mecas
alternativas,
espontáneas, diferentes:
Ningures
é o único lugar onde nacer muller. Mais…
Ningún
mapa deixou de existir
cando a
travesía concluíu.
Ningunha
partitura desapareceu
ao rematar
a canción.
Ningún
silencio borrou
inxurias
antes pronunciadas.
Ningún
lector coñece, sequera, a metáfora final.
Ningunha
poeta sobrevive
a que
cale o derradeiro verso.
(Do libro Árbores no deserto, editado pola Ed. Galaxia, 2020)