Esta semana cúmprense 117 anos do nacemento de Rafael
Alberti, e por iso esta entrada non podería vir mellor. Non hai moito, Antonio
García Teijeiro principiou unha nova colaboración mensual no CÍES Podcast de Rafa
Valero e Guada Guerra que, baixo o título xenérico de Na compaña de… vai
lembrar a relación persoal que Antonio mantivo con persoeiros do mundo da
cultura que significaron moito para el. E a primeira entrega está adicada,
precisamente, a Rafael Alberti.
Ao longo da súa conversa con Rafa e con Guada, Antonio
rememora as circunstancias que o levaron a coñecer a Alberti aló pola década
dos anos oitenta e relata algunhas anécdotas moi interesantes que conta por vez
primeira nos micrófonos deste podcast vigués. Ademais, escolle e recita algúns
poemas de Alberti, un poeta necesario que, por desgraza, ten hoxe moita menos
presenza da que debería ter no ámbito escolar e nos medios de comunicación.
Podedes escoitar esta primeira entrega de Na compaña de…
nesta ligazón a partir do minuto 39 e prestade atención a vindeiros capítulos
do CÍES Podcast, nos que mes tras mes Antonio dará continuidade a esta sección.