GONZALO
HERMO (Taragoña. Rianxo, 1987)
O
PÁRAMO ábrese entre a uz
vai
deixando paso á forma da planicie.
Nós
contamos con calma as criaturas do bosque
Gonzalo Hermo (abc.es) |
facemos
catálogos extensos de cifras e ausencias.
Dalgunha
maneira, interpretamos.
Pero
o espectro da paisaxe é un camino de pedra,
un
rebumbio de insectos que vai coa calor
cara
ao lado do bordo que dá en dternos.
Arde
un corazón pola banda do nordés:
a
sombra do desastre axítanos a boca.
NON
SABEMOS AÍNDA que recendo, que forma, que textura
se
o areal ou pedra na marcha que nos leva co río ao mar,
ao
final deste camiño que vai ardendo.
Apenas
sentimos a calma dunha convicción:
que
onde achemos silencio haberá ruído
esperando
encontrar
o
oído que o escoite.
ESTE
É O ROSTRO que elixín,
o
nome que manexo cando
avanzo.
Que
direi desta paisaxe que non cheira.
Aquí
non se pode amar. Non hai movemento. Hai hábitos e ruína]
e
un remanso de brións a rentes da peneda
que
agardan do verán
que
veña bravo
para
secaren por fin
como
se non houbese nunca unha pedra ou un río.
Quen
adormece neste punto sabe do traxecto. Consiste en espertar
de
cada volta en terra estraña
cando
veñan de caer as últimas certezas
e
reste soamente a vertixe da aventura.
A
un paso do bordo,
tempo
de invernada e luz de túnel,
albor,
na
única evidencia que nos queda:
para
volver nacer xustamente
é
necesario algún xeito preciso de morte.
Algunha
forma rotunda de extinción.
Como
se maio aterrando de repente para incendialo todo.
Como
se aquí,
nun
golpe de remos desde o outro lado,
puidésemos
saudar finalmente
a
primavera
TES
A IDADE da túa pel,
pero
a memoria é vella de máis para entendelo.
Repetirei
o teu nome cando sexas outro
para
evocar
aquilo
que perdín e amei fondamente.
A
linguaxe dura.
Presentación de "Celebración" |
Os
corpos son
NON
TEMEMOS a morte.
Levámola
dentro.
Celebrámolo.
(Do libro Celebración, editado por Apiario,
2014).