Páginas

martes, 4 de junio de 2019

UNHA EMOTIVA CARTA DE FINA CASALDERREY PARA A HOMENAXE DO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Con Fina, na Illa de San Simón durante uns Premios Xerais.



Quero a Fina dende hai ben tempo. A súa tenrura sempre me chegou con moitísima  claridade. Fina era unha mestra entregada ao seu alumnado e a miúdo amosaba un agarimo especial pola miña poesía.
     
     Non tivo dúbidas, alá polo final dos anos noventa do século pasado, de que eu gañaría o Premio Merlín. E o seu vaticinio cumpriuse en 1996, o ano no que se lle concedeu o Premio Nacional de LIX a ela.
     
     Sempre quixen a Fina Casalderrey e acotío sentín o seu cariño. A humanidade desta muller é inmensa.  E a súa literatura é o fiel reflexo da súa personalidade.
     
     Fina Casalderrey, por motivos particulares, non puido estar no acto de homenaxe que me agasallou o Salón do Libro de Pontevedra este ano. Ben o sentín. E ela, tamén.
     
     Pero Fina estivo presente cunha carta fermosa que escribiu para ese momento extraordinario que me tocou vivir.
     
     En Versos e aloumiños queremos que esas palabras permanezan para sempre. Son un tesouro que non se debe perder. De aí que podedes lelas e comprender a enorme calidade humana dunha muller excepcional.


Con Fina, nunha das camiñadas de escritores