XOÁN NEIRA
(Meilán - Lugo, 1953)
Caen
as frías folerpas
detrás
dos cristais da escola,
un
manto branco cobre o chan.
Lembranzas
de xogos de infancia!
Entre
farrapos de nube,
un
brillante resplandor
pinta
o riso dun boneco.
Gozosos
xogos da infancia!
Regreso
aterecido
á
caloriña da casa
polos
carreiros ocultos.
Pegadas
de xogos da infancia!
Pola
mañá, cando escampe,
as
mornas raiolas do día
borrarán
camiños de azucre.
Perdidos
xogos da infancia!
Un
soño branquísimo
derreteuse
entre as mans.
O
CERVO
O
cervo pace na herba
do
amencer da primavera.
Bebe,
a mañá, na fonte
Corre
áxil polo monte,
silueta
esbelta ao lonxe.
Sobe
enriba dos penedos,
para
vixiar o terreo.
Os
machos teñen por cornos
núas
árbores de outono.
A
súa tenra figura
dorme
no cubil da lúa.
Cervo
gravado na pedra
pegada
e memoria eterna.
Cervo de luz.
Cervo na alba.
Cervo de pedra.
Cervo na auga.
O
MAR
O
mar é un misterio,
un
abismo azul,
un
manto de luz.
Desde
o amencer ao solpor
espéllase
nel de día
o
ceo, o seu cobertor.
Nas
noites limpas e claras
tamén
a lúa se espella
deitando
sombras de prata.
O
mar é un misterio,
un
abismo azul,
unha
chaira inmensa,
un
manto de luz.
OS
RELOXOS
O
latexo do reloxo
o
dono e señor do tempo
é
frío e calculador.
Non
sabe de taquicardias
nin
baixadas de tensión
e
se se lle acaba a corda
cala
o seu pesado son.
Cando
adianta ou atrasa
non
precisa de doutor,
non
sofre estrés nin cansazo
nin
unha triste emoción.
Se
parasen os reloxos,
sen
horarios nin obrigas,
fariamos
un gran recreo
desde
a mañá á tardiña.
(Do libro Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil, 1997-2017, editado por Baía Edicións)