Páginas

lunes, 25 de junio de 2018

REMUÍÑO DE LIBROS (48) "O que sei do silencio", de Andrea Maceiras







TÍTULO:  O que sei do silencio


AUTORA:  Andrea Maceiras




EDITORIAL:  Edicións Xerais.  COLECCIÓN: Fóra de Xogo




Estiven ata  ben entrada a madrugada para rematar unha historia que me seduciu moito. Non fun quen de abandonala ata que acabei a derradeira liña, a derradeira páxina.

     Andrea Maceiras escribiu unha novela máis que interesante: O que sei do silencio, finalista do Premio Raíña Lupa, 2017. Un relato estremecedor sobre o  acoso escolar. Non é doado aportar matices novos ás historias sobre este tema que están a proliferar na LIX actual, pero Andrea Maceiras conseguiuno. E fíxoo a través da estrutura e da figura de Delia, unha acosadora pasiva con Silke coma vítima, unha rapaza sueca recén chegada ao instituto para cursar 3º de ESO.

    
Andrea Maceiras (Foto E.Xerais)

     Unha historia de silencios cómplices que rachan posteriormente cando Delia, pasado un tempo, decide crear un blog para contar o sucedido. Para contar como se lles foi das mans algo que non debía suceder. Ela mesma afirma que "son unha covarde". E afirma, tamén, o inútil que se sentiu  (era bastante asociable e precisaba de amigas que a visibilizasen) e como se deixou levar por compañeiras acosadoras como Xulia, Lara e Daniela por medo á soidade.

     Por iso, Delia abre un blog no que vai contando o sucedido. Un acerto da autora esta estrutura, porque, ademais das diversas narracións da rapaza, aparecen testemuños de Marcos, indiferente el ao longo dos acontecementos, e de persoas alleas que dan as súas opinións arredor do que len no blog.

     Salientar, tamén, os contos dunha tal Leaena Hiems, recollidos nun suposto volume co nome de "De cando fun serea". Contos de países remotos, de princesas e príncipes que teñen unha carga emocional grande e que están en sintonía co espíritu do relato.

     Hai moita crueldade na novela. Unha crueldade que fere, Pero hai tamén unha visión da vida que posúe graos diversos de sentimentos, pasos adiante e pasos atrás, reflexións e remorsos. Hai covardía pero tamén desexos afogados de asumir actitudes positivas.

     Os personaxes están moi ben perfilados -Silke é unha rapaza admirable- e a acción non só é crible senón que te convida a pensar fondamente no que alí se conta.

     
Asinando

     Encántame a escrita de Andrea Maceiras. Sígoa dende hai tempo e afirmo que é unha das mellores escritoras desta nova xeración de autoras que non só escriben de marabilla, senón que poñen o dedo na chaga da realidade que se está a vivir hoxe en día. E fano con vocación literaria. Un gran mérito pola súa parte. Denunciar, sen esa vocación literaria, sería todo menos literatura e iso ben o sabe a autora, que desenvolve a acción con moita medida e con moita intelixencia.

     Novela, sen dúbida, moi necesaria O que sei do silencio. Unha novela na que a palabra acada unha nova dimensión para explicar, literariamente, silencios que queren deixar de ser crueis para facer máis auténtico o ser humano.

     Altamente recomendable, esta novela é un paso máis na traxectoria magnífica de Andrea Maceiras que xa demostrou a súa calidade con libros como Volverás, golfiño ou Europa Express, tamén editados por Edicións Xerais, entre outros, e que tanto me gustaran.

     
     Mil parabéns.

                                                                                                    ANTONIO  GARCÍA TEIJEIRO

lunes, 18 de junio de 2018

FIESTRA ABERTA (4): Nace a Biblioteca "Os soños do Pirata" no CEIP "Fonte Escura", de Vigo




Hai  actos, cando te dedicas a escribir, que compensan nesta tarefa literaria tan solitaria e tan cega ás veces. Actos que están cheos de humanidade, de ilusión, de ganas de realizar as cousas todo o mellor posible.
     Actos, en fin, enfocados a facer máis felices aos que nos rodean e , se son nenas e nenos, moito mellor.
    

     
     Un deses momentos emotivos vivino no CEIP “Fonte Escura” en Cabral-Vigo. Chamáronme no seu momento para que inaugurase a biblioteca escolar do Centro. Non puiden negarme. Como ía facelo se considero que as bibliotecas nas escolas son absolutamente imprescindibles! E gocei, como non!, do nacemento dunha biblioteca que o propio alumnado bautizou como "O soños do Pirata".


     
     Dei no colexio cun grupo de mestras verdadeiramente marabillosas. Mulleres dispostas a cambiar a cara dun centro que está a loitar con demasiadas incomprensións. Facer visible o extraordinario labor que desenvolven. Mulleres orgullosas do seu, que miran ao lonxe para abrir novas canles.

     


     E a biblioteca inaugurouse para comezar a funcionar deseguido. A felicidade de docentes e alumnado fíxose moi evidente.  Foi un acto tan sinxelo como ateigado de sentimento e de esperanza. Eu non podía sentirme mellor.
     


     E nun momento da xornada que pasei alí con elas, contáronme o seguinte:
      Os nenos e nenas estaban ilusionadísimos coa inauguración da biblioteca do centro. Un deles, David, acompañou a súa nai e o seu irmán máis pequeño a mercar algún dos teus libros. Cando chegou á casa díxolle á nai que el tamén ía inaugurar a súa biblioteca persoal e que lle poñería o nome de Antonio García Teijeiro. (Aí está na foto). Ademais, escribiu un fermoso poema despois de ler o teu poemario Recendos de aire sonoro.

David Villar inaugura a súa biblioteca
     
     Despois de escoitar isto, como queda un?  Pois orgulloso de escribir, orgulloso de estar preto dos nenos e das nenas, apoiar o profesorado que loita por un ensino público de calidade, orgulloso de facer da poesía algo máxico… Estar moi próximo das persoas que precisan de ti é algo que se fai absolutamente necesario.



     
     Parabéns aos docentes e ás mestras coas que compartín ese día, porque son un exemplo que se debe coñecer, así como a axuda da ANPA, que resulta fundamental. Téñovos que agradecer moi fondamente o convite.



jueves, 14 de junio de 2018

FIESTRA ABERTA (3): Un pracer visitar o CEIP "Isaac Peral", do Ferrol



Escribir para nenos e nenas (aínda que non só) ten unha serie de satisfaccións que proveñen do lectorado.
     Ás nenas e nenos gústalles ler. Á rapazada gústalle a poesía. Pero precisan de mediadores/as que lles acheguen con ilusión e convencemento a paixón lectora.
     
     Que os contaxien.
     Que os seduzan.
     Que crean na necesidade da literatura.

     Isto ocorre, sen ninguna dúbida, no CEIP “Isaac Peral”, do Ferrol. Hai aí moita ilusión. Todo recende a vida nesas aulas. Dá gusto achegarse a este centro e sentir o agarimo que agasallan aos artistas en xeral, ben sexan ceramistas, músicos, pintores ou escritores.
    
     Boa parte de culpa tena Maribel Cajide que leva ben anos facendo da súa docencia un mundo de ilusións que contaxia o seu alumnado.

     Fun varias veces ao colexio e sempre volvín co convencemento de que a literatura vive nos pequenos e pequenas , que son quen de escribir e contar os seus sentimentos diante das mostras que autoras e autores imos deixando neles.
    
Con Antonio Reigosa nunha das visitas ao CEIP "Isaac Peral".
     
      Por iso, Versos e aloumiños pediu a Maribel unhas mostras destes textos, escritos cunha ilusión exemplar.
    
     Así que aí tedes unha mostra ampla do que son quen de facer alumnas e alumnos positivamente motivados.
    

     Parabéns a todo o equipo dun centro, ao que paga a pena ir sempre.








           E outros moitos escribiron textos moi coidados que reproducimos con todo o noso cariño:















































Estes textos cos debuxos pertencen a:  Alicia, Antón Pereira (1 e 2), Beatriz (1e2), Cinthia, Julia, Lidia, Marta, Rocío, Sofía (1 e 2) e Violeta.

     Moitas grazas e parabéns!!!

lunes, 11 de junio de 2018

DARDO POÉTICO (LV) "HOWL (Ouveo), de Allen Ginsberg, a voz que sacudiu unha xeración".





Hai uns días vin, por fin, unha película que levaba bastante tempo nos andeis da miña videoteca.
     
     Trátase dun biopic máis que interesante sobre a figura de Allen Ginsberg e, máis concretamente, arredor do xuízo por obscenidade que tivo que sufrir o poeta por mor da publicación do controvertido poema Howl (Ouveo) dentro do poemario Ouveo e outros poemas.
     
                               James Franco recita a Ginsberg na película.

     Era o seu primeiro poemario e cambiou  a maneira de sentir a poesía nos Estados Unidos. Era unha poesía con aires de renovación, que rachaba moldes e que se afastaba do academicismo imperante, tan frío coma reiterativo.
     
     
     Ginsberg presentaba os seus versos nunha sorte de performance e envolvía os seus versos en cánticos, berros, laios, xestos… dispostos a crear un certo clima apocalíptico para denunciar ese xeito de vida acomodado, conservador, inmobilista. Eran versos auténticos, demoledores e sinceros. Versos que callaron fondamente nunha boa parte da sociedade e fixeron de Allen Ginsberg a cabeza visible e poética dunha xeración revolucionaria: “A Xeración Beat”, que tanto influiría en poetas, artistas e músicos daquela época.
     
Manuscrito dos primeiros versos
     
     Ouveo é un poema dunha forza impresionante. Posúe versos que sentes coma puñazos  na túa mente e que che cortan a respiración. Estrofas que é preciso ler (non tanto analizar) e deixarse levar polos seus efectos devastadores e penetrar na paisaxe que eses versos longos van construíndo arredor de nós.

E volvín sobre el.

Mentres o lía, ía convertendo os versos ao galego. Sentíaos moi vivos e dicíanme moitas cousas. Talvez a situación social e política na que vivimos estaba ben presente e revolvíanme por dentro os significados directos das palabras.
     
Allen Ginsberg
     De aí que me permitín escribir os primeiros versos de Howl (Ouveo) en galego a partir da tradución ao castelán por Josep Costa Prieto. É algo de traizón pero quería “tocalos e vivilos” no noso idioma. Podedes botarlle un ollo.

   
Vin as mellores mentes da miña xeración destruídas pola loucura,              esfameadas histéricas espidas,
arrastrándose de madrugada polas rúas dos negros na procura do pico rabioso,
anxos rebeldes queimando pola vella conexión celestial cara a dínamo esnaquizada na maquinaria da noite,
que pobres e esfarrapados e con olleiras e colocados pasaron a noite a fumar na sobrenatural escuridade de buratos flotando sobre as azoteas das cidades contemplando o jazz (…)

    



      Gustoume a película dirixida por Rob Epstein e Jeffrey Friedman. Contén tres historias entrelazadas: o xuízo por obscenidade en 1957, as revelacións dun artista rebelde que busca o amor e a redención e a imaxinativa viaxe a través dunha profética obra mestraque sacudiu a toda unha xeración, como ben podemos ler en Filmaffinity. Algo co que concordo ao cen por cen e que a min, o filme, a diferenza dalgúns críticos, non me resultou nin pesado nin canso. As interpretacións, sobre todo a de James Franco como Ginsberg, magníficas. Ademais, hai moita poesía nel que se agradece. Unha oportunidade, xunto coa parte de animación, de escoitar fragmentos deste extraordinario poema.

     Un filme que me  levou ao libro. Desfrutei coa relectura do mesmo e convidoume a reflexionar sobre o visto e o lido. E sentino diferente dentro de min. E lembrei a Solomon, a Kerouac, a Ferlinghetti, a Cassady, a Corso, a Burroughs, todos eles escritores dispostos a darlle a volta á creación literaria e facela máis en carne viva. Sentinme moi ben. Rabuñei sentimentos.

     
     É o que ten a boa literatura.


Con Bob Dylan diante da tumba de Jack Kerouac

                                                                                                       ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

miércoles, 6 de junio de 2018

DE CORAZÓN Y ALMA: EL EPISTOLARIO DE CARMEN LAFORET Y ELENA FORTÚN

Carmen Laforet
En 1947 hacía apenas tres años que Carmen Laforet había ganado el Premio Nadal con su ya clásica novela Nada. También fue ése el año en el que inició una larga e intensa relación epistolar con la escritora madrileña Elena Fortún, famosa por ser la creadora de los inolvidables y exitosos libros de la saga de Celia (y otros ilustres personajes como Cuchifritín, Matonkikí o Mila), que han trascendido el ámbito de la llamada literatura infantil para convertirse en clásicos de la literatura española del siglo XX, así, con mayúsculas. Laforet, que era notablemente más joven que Encarna Aragoneses—pues éste era el verdadero nombre de Elena Fortún—, conocía a la perfección la serie de Celia, ya que se contaban entre sus primeras lecturas de infancia. En esto, todo hay que decirlo, me parezco yo mismo a la gran escritora canaria, pues, como muchos otros niños, yo leí muchas de las obras de Celia siendo muy pequeño. Mi padre las tenía en sus pobladas estanterías, en algunos casos en primeras ediciones de los años 20 y 30 que habían pertenecido a su madre, mi bisabuela que falleció en la década de los 60 sin haber podido yo conocerla en persona.


Elena Fortún
Volviendo al epistolario, a Laforet le parecía casi increíble poder entrar en contacto con Fortún, una autora que había idolatrado desde niña y con la cual solía mantener conversaciones imaginarias en sus años mozos. Por su parte, Fortún admiraba el estilo literario de Laforet, llegando a considerarla en una de las primeras cartas que se intercambiaron, como "la primera escritora española" y describiendo Nada como la mejor novela publicada en España en la primera mitad del siglo XX. Durante los cinco años que duró la correspondencia entre ambas, Fortún vivió a caballo entre su exilio argentino (su esposo, Eusebio Gorbea, que se suicidó en Buenos Aires en 1948, había sido un militar republicano de los que perdieron la Guerra Civil), su regreso a España y una visita truncada a los Estados Unidos, donde vivía su hijo. A lo largo de las misivas que ambas se enviaron se evidencia la admiración mutua de las dos escritoras, el enorme cariño que sentían la una por la otra y la inmediata conexión que se produjo entre ellas pese a las escasas ocasiones en las que pudieron verse en persona.


Portada de uno de los populares libros de Celia
Emerge, además, la profunda inseguridad de Laforet en lo referente a la valía de sus obras literarias: en varios momentos de las cartas critica con dureza la novela que está escribiendo, La isla y los demonios (1952) y confiesa que solamente escribe artículos periodísticos por necesidad económica. Vemos también, carta a carta, la conversión religiosa que experimentó en estos años Laforet, animada en ello por su amiga la famosa deportista Lilí Álvarez y por la propia Fortún, y que se vería posteriormente reflejada en su novela La mujer nueva (1955). Asimismo, asistimos a la larga fase terminal de la enfermedad que acabaría con la vida de Fortún, un cáncer de pulmón que llenaría de sufrimiento sus últimos años y que le impediría cumplir su deseo de morir en paz y sin sufrimiento.


Por fortuna, el año pasado se recogió toda la correspondencia intercambiada por Carmen Laforet y Elena Fortún en un volumen titulado De corazón y alma, 1947-1952 (Fundación Banco Santander, 2017), gracias al celo investigador de Nuria Capdevila-Argüelles, profesora de la universidad inglesa de Exeter, y de dos de las hijas de Laforet, Cristina y Silvia Cerezales Laforet. El libro presenta todas las cartas que han sobrevivido y supone un documento de enorme valor para comprender las carreras literarias de dos escritoras españolas hoy un tanto olvidadas (en especial Fortún) pero que la crítica y las reediciones (sobre todo las llevadas a cabo por la Biblioteca Elena Fortún, en la que acaba de aparecer una novela inédita de la autora, Oculto sendero) están recuperando en los últimos años para el deleite de lectores de todas las edades. Se trata de un tomo, este epistolario, absolutamente recomendable y sobre el que recientemente he grabado en vídeo una reseña más extensa que dejo aquí abajo para quien esté interesado en verlo.




                                                   ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ