É desas persoas que eu
admiro pola súa actitude diante da vida. Unha actitude de loita e de agarimo
polo día a día. Capaz de embarcarse en proxectos diferentes coa cultura polo
medio.
Escribe e moi ben. Leva a poesía dentro e
a música e a natureza e todo aquilo que sirva para sentir que o mundo que o rodea tamén ten
cousas positivas.
Toño
Núñez é unha desas persoas coas que dá gusto conversar. Ás que dá gusto
ler. Ás que un querería ter preto para enriquecer moitos días da súa vida. Da
vida de un, aclaro.
Porque me gusta a súa poesía, Toño Núñez
ten que estar nesta sección, tan querida e coidada de Versos e aloumiños.
Debemos escoitar as súas voces, a persoal e a poética, e deixarnos levar pola
súa sensibilidade e a súa forma de dicir.
Para Dardo poético é unha enorme satisfacción escoitalo a el. Non sei se en
voz baixa ou en alto, pero de calquera xeito é quen de emocionarnos. Un Toño
Núñez plenamente consciente do papel que xoga nesta sociedade nosa, demasiado
cruel ás veces. Gocemos da súa palabra. Ben o merece.
|
Un home |
Un home
Cobro
nómina de mestre, escribo algo (dixo de min unha vez un señor sabio que tiña
ínfulas literarias), canto un pouco... Así, de vagariño, por amor, coma regos, vou
sementando versos... Pero non sei tocar a guitarra. Nin o acordeón... E gústame
moito, de cando en vez, escribir artigos de opinión. Tamén devezo polas cereixas… Xa que logo:
home de moitos oficios e… non tantos
beneficios. Mais, vivo ben. Moi ben… Por
veces… ata son feliz... Si, son un home… Un home outonizo, ás portas
da invernía. Hai moitos anos fun un neno-rapaz-mozo de aldea moi tímido e
acomplexado. Pero a vida foise volvendo xenerosa comigo e fun perdendo o medo…
Agora son un destemido, un arroutado… Mais… outras veces, aínda, un covarde… E vou así,
engordiño (non hai présa) pola beira da vida. Camiño da morte… Amén!
|
Toño Núñez |
Pedras
Na
codia da terra falan as pedras.
que
enchen o baleiro de saudades
E
resoan no túnel das idades
baixo
o lene aloumiño das hedras
Pedra
ferreal, granito ou lousa.
Agochan
nas engurras a memoria.
E
o río do tempo da historia
no
almanaque do seixo repousa.
Seguiremos
o rastro dos ausentes
que
labraron o futuro do pasado
na
epiderme de laxes elocuentes
E
andaremos o camiño trazado
con
efémeros pasos, prepotentes.
Sobre
as pedras dun chan ensanguentado.
Toño Núñez (texto). Christian Villamide
(imaxe)
|
Ponte de Navia |
Ponte
de Navia
Quixera o río, de pedra
un anel
para colmar o seu leito
de seda
E a deusa Navia,
namorada e leda,
a quen amaba quixo
serlle fiel.
E, pedra a pedra,
ergueu para el
un arco de amor con man
inqueda
Como ergue o labrego a
súa meda
Como bica a brisa o
caravel
De beira a beira
xunguiu o val
E medrou airosa a ponte
romana,
alicerce da que hoxe é
medieval
Unha ponte que enleva e
engalana
o río e a vila por
igual
Alí… Onde eu soño o meu
nirvana
(Foto de Christian Villamide)
Muralla
Muro ancestral de sangue e pedra,
cerco protector, abrazo amigo;
valado acolledor que dás abrigo
á cidade que no teu solar medra.
Da estirpe dos fillos de Lugh, fogar,
bimilenaria nai que nos defende;
baluarte secular que non se rende
diante dos ventos da serra e do mar.
Por sempre matria e musa serás
da xente que habitamos esta fraga.
E á que chegue tamén acollerás.
Celebro ser póla da túa saga
e tango por ti as miñas campás:
música
que se alonga e non se apaga.
Toño Núñez (texto). Christian
Villamide (imaxe)
|
Outro home |