MARÍA
VICTORIA MORENO (Valencia de Alcántara. Cáceres, 1941- 2005)
Namorada
de outonos e solpores,
peregrina
nas gándaras da vida,
buscaches
no tremor da atardecida
Sorriron para ti tódalas flores,
fíxose
a luz roibén na túa ferida
e,
por nidios ronseis, a alma durmida
foi
desde o abismo ós altos miradores.
Inefables paisaxes de harmonía
abríronse
ante ti coma agasallo
en
volutas de lúa opalescente.
Desposaron en lene melodía
os
pétalos da luz, a paz do orballo
e
o teu corpo, xa lirio evanescente.
Eu quero darche as grazas, meu amado,
mais
grazas é palabra torpe e fría
para
cantar en luz esta elexía
Canto chorei por ti… O noso fado
foi
unha crúa e pérfida ironía:
matou
o xeo negro ó sol do día
e
o chumbo ardente ó aire sosegado.
Por seres auga e luz na cega sede
eu
quero darche as grazas… Mais lamento
non
ser verba de amor, música pura,
nin pomba morna que a friaxe alede,
nin
faísca de orballo, luz de vento.
…
Só silencio que treme en noite escura.
Eu quixera esculpir en luz e aire
non
o corpo do amado,
mais
a traza do paso
luminoso
que enchera a miña alma
de
flores, soño e pranto.
Eu quixera tecer en fíos de auga
non
as verbas do amado,
non
as conversas que o solpor arrola,
mais
este doce laio
que
habita nas distancias asequibles
resolto
en vento maino.
CANTIGA
Neste amencer de pombas indecisas
conversarei
coas fontes
onde
beben pesares cristalinos
as
sombras que se axitan pola noite.
Esa lúa de prata
atopou o tesouro
que
eu perdera na auga.
No laio dos farois agonizantes
que
acenderon lucernas balbucintes
nas
fragas mestas onde os medos dormen.
Esa lúa de prata
atopou o tesouro
que eu perdera na auga.
Neste tremor de chumbo e de diamante
serei
luz que se esconde
no
ardor aceso que xerou os días
ou
na xerfa esfiañada en surtidores.
Esa lúa de prata
atopou o tesouro
que eu pedera na auga.
No rubor das estrelas acaladas
achegareime
á morte,
sentirei
o feitizo dos seus ollos,
e
o seu bico na fronte.
(Do libro Elexías de luz, editado por Edicións
Xerais. 2006.)