Páginas

sábado, 20 de mayo de 2017

DARDO POÉTICO (XLV) Algúns aforismos, versos e frases de persoas relevantes no mundo da música popular




Co libro Aforismos, dichos y refranes del rock, seleccionados e traducidos por Alberto Manzano  e editado por Hiperión, dispóñome a dar na diana con este Dardo poético.
     Selecciono algunhas afirmacións, versos das cancións, pensamentos ou frases máis o menos acertadas de grandes músicos actuais e, co permiso de Manzano, decido traducilos ao galego.
     Espero que vos interesen.
     Tamén podemos pensar.
     Podemos estar ou non de acordo, pero poñendo por diante os nosos argumentos.
     Ah! E sería moi recomendable que escoitedes todos estes músicos, homes e mulleres, que deixaron pegada ao longo do tempo.





ELLIOTT SMITH:   “Queimarei todas as pontes para perderme”.



TOM WAITS:  “O tempo está feito de amor doce e lento, pero só os bobos saben o que iso significa”.



PHIL OCHS:  “Somos monicreques nos fíos de prata dos cambios”.



EDDIE VEDDER:  “O futuro está no alto, pero é lento e afúndese no pasado”.



JOHN LENNON:  “A vida é o que che pasa mentres estás ocupado facendo plans”.



JONI MITCHELL:  “Algo perdemos e algo gañamos, se vemos a vida dende ambos os dous lados”.



TRACY CHAPMAN: “Vendes a alma e quedas coa casca”.



PJ HARVEY: “Lambe as miñas pernas, quéimome”.



MARIANNE  FAITHFULL:  “Correndo para salvar a vida, non chegarás lonxe endexamais”.



DAVID  BOWIE:  “Podemos vencelos para sempre se somos heroes un día”.



PATTI SMITH:  “A un só lle dan o que o seu corazón pode aguantar”.




PAUL WELLER:  “Amar é como camiñar entre bolboretas”.