Tamén
o mar, hoxe,
Álvaro Cunqueiro |
ten
a ialma chea de madureza.
-Óuveselle
a adolescencia
no
vidro do ar
chea
de anacos de vísperas
e
de intactas navegacións escuras-.
Así.
Máis alá. Agora dá sombra:
¿Non
che doi o canto
-redondez
morna de beixo preciso-
do
sol na sombra?
¿Non
coñeces o mar?
-Non.
¿Nin
o vento do mar?
-Non.
¿Quen
eres, pois?
-Unha
sombra noviña
recén nascida e núa,
namorar
eu namoreina,
meu
amigo!
Con
unha herba lixeira
namorar
eu namoreina,
meu
amigo!
Namorar
eu namoreina
con
unha cantiga leda,
meu
amigo!
Namorar
eu namoreina
con
áer da primaveira,
meu
amigo!
¡No
mencer da herba mol
caieu
unha estrela viva,
ai
amor!
Rompeu
os ollos albeiros
coma
o son da miña amiga,
ai
amor!
Rompeu
os cabelos verdes,
neve
de sal namorada,
ai
amor!
Debuxo de Luís Seoane para "Poemas do Si e Non" |
Rompeu
seu ver de ladeira,
color
de donda laranxa,
ai
amor!
Rompeu
a súa voz de escumas,
segredo
de eclipse morna,
ai
amor!
Rompeu
seu andar lixeiro
e
a mar longa da súa cola,
ai
amor!
Rompeu
a súa vida nova
e
os sus relembros perdidos,
ai
amor!
Rompeu
a súa morte fría
e
a luz crara dos seus picos,
ai
amor!
POEMA
6
Ela
vestía os traxes curtos da primavera.
Andaba
con paso de ribeira ou torso xacente
deixando
caír os brazos todo ao longo das súas mans máis
imprevistas.
Alumna
desprendida do ar
a
mañán levaba a súa cor igoal que os vidros a levan a ela.
Ela
seguía andando a namorar.
ELA
I EL
Nas
fiestras das fervenzas mudáranse os ollos
distantes
dos menceres.
Ela
comenzaba a pórse por máis acó das mazás
conservadas
en neve fría.
Ollábase
o tornar do movimento nas naturezas mortas
e
a casa estaba toda chea de anacos de espello
para
disimular a cegueira da carne indecisa.
El
tiña xa unha sorrisa meditativa
e
a luz era coma un gran arbre pendurado do seu maxín.
Esto
era cando ela andaba a decir verbas occipitais
e
despois morreu.
(Do libro Mar ao norde / Cantiga nova que se chama
riveira / Poemas do si e do non. Poesía 1932-1933, editado por Ed.
Galaxia, 2004).
Vídeo no que podemos escoitar a canción "Quen poidera namorala", cantada por Luis Emilio Batallán, autor da música, sobre un poema de Álvaro Cunqueiro.