Páginas

lunes, 23 de enero de 2017

ESCAPARATE POÉTICO (XCIII) Antía Otero






                                         ANTÍA  OTERO  (A Estrada, 1982)






Foi aquel cuarto de teito alto

con papel na parede
ulindo a décadas
o lugar escollido
para pousar os corpos

Antía Otero
Cabezal de madeira escura
cama de matrimonio
retrato de comuñón
sobre a mesiña
ao carón da nai
en negro e branco

O formol acompaña
tamén nos intres fugaces
da noite
cando as bocas inician
a primeira conversa
e interrompen

saltando quenda ou palabra





Meu avó

tiña unha máquina de bombas

un garda que poñía no campo de millo
entre o verde e o camiño para asustar
o xabaril

de noite
podía sentir o ruído
dende a cama de encartar

aquel
pum

foi o máis preto que estiven da guerra






Na cela
o fume sempre persegue
a luz

e a larva
ao colo da abella

Hoxe durmirei
no teu lado do catre

Non quero
que che rouben

o sitio

mentres non estás






-Ver como te vas-

como perdes no medio
do escuro
do que aínda é noite
como se nunca estiveses
aquí

só corpo
camiñando granito
percorrendo a franxa na que taxis e enfermeiras
cambian de quenda
no intre onde remexer café será comezo dun día
tremendamentelongonasuatraxectoriadecama(a)cama

a importancia desa imaxe
Fragmento texto contracuberta de Fran P. Lorenzo

-Ver como te vas-

co tacto fóra do abrigo
cunhas mans en círculo
que recorden
ou non
a hora antes
o flashback movendo o aire
nese aplauso interno de pianista manca
que non tocará
máis valses

nin minuetos
nin mazurcas

nesa república
onde o Rei xa non existe
mais míranos
entre reixas

ódianos
e mastúrbase




                                                                                   (Do libro  O cuarto das abellas, editado por Edicións Xerais, 2016)