EVA VEIGA
(Ombre-Pontedeume, A Coruña, 1961)
2
non saber nunca como foi
que
escuras
Eva Veiga |
relacións
traman
a
nosa lingua
inventamos
un xogo
co
propósito máis ou menos firme
de
comprender a súa infinda
complexidade
ou
se cadra é o propio xogo
o
que deseña as formas
que
somos ti e máis eu
a
imprevisión de cada instante
a
sorprendida apertura desa pálpebra
a
gran Necesidade
así
todo queda sempre por dicir
mentres
se di
lemos
simplemente
lemos
as
liñas da nos aman
no
empeño suicida
de
acertar
(infancia,
ese lugar)
Estás
aí.
Acaso
aínda,
para
sempre,
en
min?
Sol
irradiándose.
Por
que persistes
así,
luz
como
se a dor
non
te presenciara?
34
por riba das nosas cabezas
un
corazón libre avanza
entre
disparos
55
Presentación do poemario, gañador do XXXI Premio de Poesía Cidade de Ourense. |
NALGÚN
lugar agochado
dos
teus ósos
os
vales láianse dunha lingua
esquecida.
Un horizonte
de
aves lilas esváese
sen
contemplación. A terra parece
voltar
á súa antiga soidade
como
un animal repregado sobre si.
Da
súa propia dureza aliméntanse
eses
pasos que non se oen,
a
alancada que nos deixa
caendo
con todo o corpo cara atrás
e
a esperanza cega e cara adiante
como
sempre.
(Do
libro Silencio percutido, publicado
por Espiral
Maior, 2016. XXXI Premio de
Poesía Cidade de Ourense)