TOÑO NÚÑEZ
( Vilameixide. Navia de Suarna. Lugo, 1959)
MAN
Toño Núñez |
Man
de tempos escravos
feita
moza antes de tempo
no
berce dos prados.
Man
de artesa e de fragua,
de
aixada e gadaña…
De
sol e de auga!
Man
de terra e de arado,
de
fouzo e de espiga…
De
berro clado!
Man
de emigración clandestina,
de
azoute e de orelladas…
De
abeiro e de caricias!
Man
quente e desexada.
Man
de pai.
Man
amiga.
TEIMAS
Fun
pasando páxinas
do
libro dos días.
De
contido cumprido xa.
E
final incerto.
Engordiño.
Non hai présa.
E
aínda me sorprendo.
Como
facía de neno.
Porque
ti segues aí.
Quentando
os meus invernos.
A
pesares das miñas teimas.
DESEXO
E
vestiraste de cerdeira outra primavera.
Doce
veleno para os meus ollos.
Armando Requeixo, autor do limiar |
O
chafariz do sol fornecerá os teus froitos.
Quen
gozará das túas cerixas’
PERDEDOR
Ela
díxome que se apagara
o
seu lume.
Un
lóstrego fendeu a noite.
Eu
cheiraba a borralla.
ILUSIÓN
Debuxo de Miguel Anxo Macía |
No
amarguexo da tarde outoniza,
cando
amenza o solpor,
entre
os refugallos da derrota
e
as follas murchas da dor,
acubillarei
o relustro da túa mirada.
Despois
virá a lúa, na invernía,
e
cubrirá de luz-cinza
as
miñas feridas ensanguentadas.
E
durmirei un longo sono de pedra.
Logo,
en decembro, serei folerpa.
E
choverán abriles de chumbo
pola
miña pel de sangue e lama…
Agardarei
a que escampe…
E
retoñarei, vitorioso, en primavera.
(Do
libro Poemas de Amor en Outono,
editado por Fachinelo, 2016.)